Lanzamos 3 ofertas de contratación de servizos para EspazoCoop
A Unión de Cooperativas EspazoCoop lanza 3 ofertas de contratación para realizar varios servizos, agardamos que sexa de interese para as cooperativas socias, que poderán candidatarse e presentar propostas para cada un dos servizos ata o 15 de setembro de 2022 ás 14 horas.
[Oferta de contratación]
Servizo de execución da XORNADA `Dinamizando o local dende o Cooperativismo´para a Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Obxeto do contrato: O obxeto é a contratación dunha serie de servizos vinculados á xornada “Dinamizando o local desde o Cooperativismo: Fomento e Intercooperación Cooperativa”, a realizar na cidade da Coruña o 15 de Decembro de 2022, no marco do Convenio de Colaboración entre a Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello da Coruña.
Destinatarias da oferta: Cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Procedemento: Procedemento aberto de adxudicación ás cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Entidade contratante: Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Prazo de execución do servizo: Até o 30 de Decembro de 2022.
Presentación de ofertas: A través do correo ramon@espazo.coop, con aviso de recibo.
Orzamento: 5.426,37 euros (sen ive incluído)
Data límite de presentación de ofertas: Até o 15 de Setembro de 2022 ás 14 horas.
Descarga as condicións da oferta de contratación: neste enlace
[Oferta de contratación]
Servizo de organización e xestión de ACTOS INSTITUCIONAIS para a Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Obxeto do contrato: Contratación dun servizo de organización e xestión de Actos Institucionais, os días 7 e 8 de novembro de 2022, nas cidades de Santiago de Compostela e A Coruña, e no Pazo de Mariñán en Betanzos. Esta iniciativa desenvolvese no marco do Convenio de Colaboración que EspazoCoop ten coa Deputación de A Coruña. Ademais farán parte das actividades da Capitalidade da Economía Social 2022, concedida á cidade de Santiago de Compostela.
Destinatarias da oferta: Cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Procedemento: Procedemento aberto de adxudicación ás cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Entidade contratante: Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Prazo de execución do servizo: Até o 30 de Novembro de 2022.
Presentación de ofertas: A través do correo info@espazo.coop, con aviso de recibo.
Orzamento: 9.840 euros (sen ive incluído)
Data límite de presentación de ofertas: Até o 15 de Setembro de 2022 ás 14 horas.
Descarga as condicións da oferta de contratación: neste enlace
[Oferta de contratación]
Servizo de execución dunha CAMPAÑA DE COMUNICACIÓN de promoción do cooperativismo para a Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Obxeto do contrato: O obxeto é a contratación dun Servizo de execución dunha Campaña de Comunicación de Promoción do Cooperativismo para Unión de Cooperativas EspazoCoop, que se enmarca dentro do convenio de colaboración 2022 entre a Deputación Provincial da Coruña e EspazoCoop, e polo tanto o seu ámbito de destino será a provincia da Coruña.
Destinatarias da oferta: Cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Procedemento: Procedemento aberto de adxudicación ás cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Entidade contratante: Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Prazo de execución do servizo: Até o 31 de Decembro de 2022.
Presentación de ofertas: A través do correo nuria@espazo.coop, con aviso de recibo.
Orzamento: 13.140 euros (sen ive incluído)
Data límite de presentación de ofertas: Até o 15 de Setembro de 2022 ás 14 horas.
Descarga as condicións da oferta de contratación: neste enlace