Itinerario de Intercooperación
Hai motivos para Intercooperar
As cooperativas poden alcanzar un maior potencial mediante a colaboración práctica dunhas con outras, tanto no ámbito local como no internacional, no sectorial ou no intersectorial.
A «intercooperación» pódese implementar dende diversas perspectivas, e dende distintas fórmulas de organización.
Son moitas as experiencias de intercooperación que se teñen dado no mundo do cooperativismo e a economía social e solidaria (ESS), como un modo de funcionar natural, para alcanzar obxetivos comúns, solucionar necesidades compartidas, crear actividade económica en conxunto e xerar mercados sociais.
“Exerce-la Intercooperación”(*)
EspazoCoop promove un programa para impulsar procesos de intercooperación, e promocionar e estimular a práctica deste Principio cooperativo fundamental que distingue especialmente a economía cooperativa e a cultura empresarial que poden exercer as cooperativas, sumando valor, diferenciándose doutras formas de economía competitivas e excluíntes para as persoas e a sostibilidade da vida.
Obxetivos do Programa-Itinerario
Os obxetivos que se propón a Unión de Cooperativas coas actuación deste programa son:
- Facilitar o coñecemento mutuo das empresas participantes no programa de intercooperación.
- Descubrir temas de interese e solucións para desenvolver estratexias de cooperación.
- Tratar asuntos susceptibles de inter-cooperativizar, para favorecer tanto a xestión empresarial e societaria (financiamento, compras conxuntas, comercialización, promoción, etc.), como a innovación cooperativa (plataformas dixitais cooperativas), ou a consolidación da actividade e do emprego.
- Mostrar e divulgar boas prácticas de intercooperación.
- Estimular, dinamizar e acompañar ás cooperativas e outras entidades de ESS en procesos de intercooperación.
- Crear material de referencia sobre o exercicio da intercooperación.
A quen vai dirixido?
As actividades do programa están destinadas a cooperativas e empresas de economía social, ás persoas dos órganos de goberno e persoal técnico con responsabilidades de xestión empresarial e societaria.
Actividades do Itinerario de Intercooperación
Para fomentar a intercooperación, tanto a nivel sectorial como intersectorial e con outras entidades da Economía Social e Solidaria (ESS) a Unión de Cooperativas EspazoCoop implementa un itinerario de intervención e actuacións, mediante a realización de:
- Encontros de coñecemento mutuo de cooperativas e outras empresas e entidades de ESS en 5 sectores: CULTURA, ENSINO, ASESORÍAS, CONSUMO e TIC, e Encontros de xeración de proxectos de colaboración.
- Acompañamento de proxectos de intercooperación.
- Elaboración de materiais divulgativos de intercooperación, videos de boas prácticas e unha guía.
Encontros sectoriais: Lugares e datas
Encontro sector Ensino | En Portonovo, en Adigna S. Coop. Galega (Colexio Abrente) | Sábado 7 de Maio 2022 | Programa – Inscrición
Encontro sector Asesorías-Consultorías | En liña | Xoves 12 de Maio 2022, de 9.30 a 11.30 h. |Programa – Inscrición
Encontro sector Cultura | En liña | Maio 2022
Encontro sector Consumo | En liña | 25 de Maio 2022
Encontro sector Tic | En liña | 16 de Xuño 2022
Encontros de Proxectos de Intercooperación | 15 de Xullo e 22 de Xullo de 2022.
Proxectos de Intercooperación: Acompañamento
EspazoCoop prestará apoio e acompañamento aos proxectos de colaboración que xurdan durante o desenvolvemento do programa, de forma virtual ou presencial, no período de maio a setembro de 2022.
Estes procesos de titorización para impulsar os proxectos contarán cun mínimo de adicación de dez horas.
Folleto
Itinerario de Intercooperación 2022, fai clic : neste enlace
——–
[ Actividade no marco dos programas da Rede Eusumo – Xunta de Galicia; e do Fondo Social Europeo, Poises – Cepes ]
(*) «Exerce-la Intercooperación» foi o título dunha liña formativa dentro do Programa de Formación de Cadros de Xestión da Economía Social, impulsado pola Asociación para a Economía Social, Uvigo, a finais dos anos noventa.