A Xunta de Galicia este ano quere abrirlle novamente as portas ao cooperativismo. Para iso vos propoñen a todas as cooperativas galegas que o venres 30 de xuño, durante a xornada anterior ao Día Internacional do Cooperativismo, abrades as portas dos vosos locais a quen queira visitarvos. Con esta iniciativa quérese visibilizar o voso traballo e tamén dar a coñecer este modelo empresarial co que día a día axúdase a promover valores cooperativos en Galicia.

Por iso convídanvos a participar nesta xornada e así, entre todas, reforzar e amosar o forte tecido do cooperativismo galego.

Dende a Secretaría Xeral de Emprego traballan na difusión desta campaña para dar a coñecer a importancia do labor que desenvolve o sector cooperativista en Galicia. Mais, como sempre, cantas máis sexamos máis visibilidade conseguiremos!​

Como participar?

É moi sinxelo. Simplemente debedes escribir un correo a diadocooperativismo@xunta.gal indicándonos o nome da vosa cooperativa.
Unha vez feito isto só tedes que comunicar ao público que o día 30 estades de portas abertas a través dos medios que consideredes oportunos.

Dúbidas
Se precisades máis información podedes facer as vosas preguntas no correo ou ben chamar ao teléfono 690 701 377.

Como podedes ver no vídeo, xa teñen as primeiras adhesións.
Apuntádevos tamén a participar nesta xornada de celebración!