Contexto do proxecto
O proxecto de inserción socio-laboral Mulleres Colleiteiras baseado na recollida de aceite vexetal usado para a súa reciclaxe, consta de dúas partes diferenciadas e complementarias: o proxecto social e cooperativa.
Existirán dous perfiles básicos que traballarán sobre as indicacións do Grupo de traballo de cooperación local:
1. Perfil social (terapeuta ocupacional) que se encargará da xestión e organización do Proxecto social.
2. Perfil de xestión de empresas sociais, que realizará tarefas de xerencia da cooperativa.
Perfil solicitado
Persoa con formación específica e experiencia en organización e xestión de proxectos empresariais.
Valorarase a experiencia en organización e xestión de proxectos empresariais de tipo social; coñecementos e experiencia en xestión de grupos, procesos participactivos, traballo con colectivos vulnerables, experiencia en proxectos de inclusión, interculturalidade, xénero, etc.; a capacidade de traballo en grupo e planificación, de análise e iniciativa, de adaptación, resolución de conflictos e mediación, empatía; e o manexo de programas de ofimática.
Obxectivos e tarefas
Os obxectivos principais son dous: fortalecer a cooperativa Mulleres Colleiteiras e mellorar a produtividade e operatividade do servizo de recollida de aceite.
Esta persoa se unirá ao grupo de traballo de cooperación local, traballando de maneira coordinada con él.
Duración
8,5 meses a media xornada
Aproximadamente Febreiro 2016 – Outubro 2016
Condicións laborais
Remuneración segundo tabla salarial de ASF
Localización: Nave de Mulleres Colleiteiras no Polígono de Iñás, Oleiros e Oficina de ASF na Escola Técnica Superior de Arquitectura, Campus da Zapateira, A Coruña,
Horario a decidir no momento de contratación.
Proceso de selección
Aquelas persoas interesadas nesta convocatoria deben enviar o seu curriculum vitae ata o venres 30 de xaneiro incluído, sinalando especialmente aqueles aspectos relacionados cos criterios de selección e unha carta de motivación.
A dirección de correo é: gtlocal.gal@asfes.org. Indicar no asunto “Persoal Mulleres Colleiteiras”
Máis información:
TÉRMINOS DE REFERENCIA COMPLETOS DA CONVOCATORIA – XERENCIA MULLERES COLLEITEIRAS
Proxecto promovido por: ARQUITECTURA SEN FRONTEIRAS