A Unión de Cooperativas Espazocoop abre a convocatoria de «Bolsas xerenciais en cooperativas» dirixida a persoas desempregadas menores de 35 anos con estudios finalizados na área empresarial.

As bolsas darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa durante 6 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial.

Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa. Faise co apoio dunha persoa titora de Espazocoop, e en cordinación coa cooperativa, apoiando as necesidades e demandas de esta.

As bolsas están asociadas a un programa formativo.

Prazo para solicitar unha bolsa xerencial: 23 de maio de 2017.

Convocatoria de Bolsas Aquí

Localidades das bolsas: Narón, Santiago de Compostela, A Coruña, Verín, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

 

Convoca: Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas.

Colabora: Coceta – Fondo Social Europeo.