Celébrase AgroBiotech, un encontro multisectorial en Galicia dos sectores Biotecnolóxico, Agroalimentario e Biomasa, os días 26 e 27 de Novembro en Ourense, no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas.
Todas as empresas teñen a súa disposición stands gratuítos para participar neste evento, polo que tamén pode ser interesante para as cooperativas.
O enlace coa información pertinente do encontro é o seguinte: http://encontro.agrobiotechinnovacion.es/ e premendo aquí podes consultar as condicións para o stand.
Esta actividade é unha acción do Programa Agrobiotech Innovación, posto en marcha pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Parque Tecnolóxico de Galicia, no que se darán citas as empresas demandantes ou oferentes de produtos, servizos ou tecnoloxías, a administración autonómica, os clústers, as asociacións e os centros tecnolóxicos máis relevantes nos sectores de BIOTECNOLOXÍA, AGROALIMENTACIÓN E BIOMASA, co obxetivo principal de xerar un contacto inicial entre empresas compradoras e vendedoras, de modo que se xeneren sinerxias positivas de negocio para ambas partes.