Aberto o prazo para solicitar as axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social del Concello de Santiago
O Boletín Oficial da Provincia publicou as bases da convocatoria das axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social de Santiago, entre elas as cooperativas do concello, polo que o prazo para a súa solicitude comeza o martes 2 de setembro. Estará aberto ata o 1 de outubro de 2025.
A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e desenvolvemento do tecido empresarial no Concello apoiando a empresas de economía social mediante axudas ao gasto corrente no que incorren para desenvolver a súa actividade empresarial.
O Concello destina 115.000 euros a apoiar ás empresas de Economía Social de Santiago a través desta convocatoria de axudas. O obxectivo destas subvencións é contribuir á consolidación do tecido empresarial de Compostela, poñendo o foco no importante ecosistema da economía social co que conta a capital galega.
As axudas ás empresas de Economía Social fan parte da aposta decidida do Concello de Santiago por un modelo económico que promove valores de cooperación, solidariedade e inclusión social, tal e como se recolle en documentos estratéxicos como a Axenda Urbana 2030 ou o Plan de Acción para a Economía Social nos barrios de Compostela. Esta convocatoria, coa que o departamento de Promoción Económica subvenciona o gasto corrente das empresas, pretende afianzar ese modelo que xera empregos e riqueza ao tempo que contribúe a mellorar a calidade da vida da veciñanza. En 2024, da convocatoria resultaron beneficiarias 27 entidades, que recibiron axudas de entre 3.600 e 5.000 euros.
Documentos e enlaces relacionados
Publicación no BOP neste enlace
Enlaces: Máis información
Fonte: web do Concello de Santiago de Compostela
Deja tu comentario