Dirección: Principal, 50 baixo
Localidade: Boiro
Provincia: A Coruña
CP: 15930
Sitio web: https://triwus.com/sites/trw-envolve/inicio.php?
Tel: 881 863 495
Fax:
Email: info@triwus.com


TRIWUS adícanse ao deseño de páxinas web, deseño de software, e ao deseño gráfico, tamén realizan consultoría estratéxica.

Desenvolven páxinas web que contribúan a mellorar as actividades económicas das empresas, facendo fincapé na súa funcionalidade, ofrecen sitios web cunha arquitectura funcional e un contido axeitado, enfocados a transmitir á clientela unha mensaxe directa sobre os produtos e servizos.

En canto ao deseño de software, crean aplicacións á medida dos proxectos. Co software a medida buscan solucións adaptadas e pensadas para cada cliente.

A través do deseño gráfico buscan optimar a proxección das marcas. Fan dende unha tarxeta de visita a unha identidade corporativa, dende un deseño publicitario para prensa ata unha campaña integral de publicidade.

 


Actividades:
Sector(es): Comunicación, TIC