Dirección: Rúa Castiñeiras. Nave 112 A-2. Pol. Ind. do Milladoiro.
Localidade: Ames
Provincia: A Coruña
CP: 15895
Sitio web: http://www.seragro.es
Tel: 981 941 784
Fax: 981 941 794
Email: zoiloformoso@seragro.es


Servizos agropecuarios

A cooperativa nace no ano 2001, constituída por profesionais do mundo agrogandeiro, co fin de prestar servizos técnicos a gandeiros e explotacións gandeiras de vacún de leite, servizo de reprodución, alimentación, calidade do leite e podoloxía así coma a xestión de finanzamento para os seus clientes.

Actualmente atende a 1.200 explotacións gandeiras de leite en Galicia e conta con 18 veterinarios, 3 enxeñeiros agrónomos e 12 técnicos en podoloxía. A cooperativa realiza actividades de formación e divulgación, para o que conta con instalacións propias e organiza desde hai anos as xornadas de Vacún de Leite, que se levan a cabo na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta xornada é unha cita imprescindible para numerosos gandeiros que teñen a oportunidade de coñecer e debater sobre aspectos que afectan tanto á mellora da xestión da súa explotación, como a dos procesos de produción e tratamento dos residuos.

 

IX XORNADAS TÉCNICAS DE VACÚN DE LEITE DE SERAGRO. Presentación from Transmedia on Vimeo.


Actividades: Actividades de servizos técnico veterinarios agropecuarios, agropecuarios, servicios, técnicos
Sector(es): Agricultura, gandería e pesca, Consultoria, asesoramento, Sanidade