Dirección: Rúa San Xosé Chao Rego 6, baixo
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15705
Sitio web: http://www.sconsumo.com
Tel: 881 249638 - 640 752 004
Fax:
Email: info@sconsumo.com


SALGUEIRIÑOS DE CONSUMO S. Coop. Galega, é unha cooperativa de consumidoras e usuarias que ten por obxecto a procura de bens e servizos para o consumo das súas socias-os e das persoas das unidades familiares coas que convivan.

As actividades que desenvolve, dirixidas a satisfacer necesidades de consumo, abarcan dende a procura de bens e servizos didácticos, culturais, de ocio e tempo libre, ata a de artigos de consumo, uso, vestido,  mobiliario e demais elementos propios da economía doméstica nas mellores condicións de calidade, información e prezo.

Tamén conta, entre os seus obxectivos, a defensa e promoción dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, o fomento do consumo responsable e sostible e a promoción do cooperativismo e outras fórmulas de economía social.


Actividades:
Sector(es): Outros servizos, Servizos ás persoas e a comunidade