Dirección: R/ Conde de Torrecedeira, 68 - 5º B
Localidade: Vigo
Provincia: Pontevedra
CP: 36202
Sitio web: http://www.ocableingles.com
Tel: 986071891
Fax:
Email: info@ocableingles.com


O Cable Inglés nace coa idea de dar resposta ás demandas culturais dun xeito integral. Co obxectivo de propoñer solucións á medida, capaces de integrar cantos servizos sexan precisos para levar a bo termo cada experiencia cultural.

Rescatamos o seu nome dun dos episodios máis descoñecidos da Historia de Galicia, porén tamén un dos máis frutíferos dende o punto de vista cultural, social, deportivo e económico. O tal suceso comezou en 1873, cando a ETC Eastern Telegraph Company se instalou na cidade de Vigo para tender o primeiro cable telegráfico submarino que unía o continente europeo co resto do mundo. Durante máis dun século Vigo foi a porta de entrada a Europa de todos os grandes acontecementos internacionais. Nas faldas do monte do Castro instalouse unha comunidade británica que durante máis de cen anos transformou as dinámicas da cidade e fixo grandes achegas ao noso patrimonio inmaterial. Daquela dicíase que en Vigo ata as criadas falaban inglés, un dicir popular que viña a confirmar a grande importancia que esta comunidade tiña na cidade naquel momento. O Cable Inglés tamén trouxo o fútbol, o tenis, a cervexa e o viño do Porto, pero sobre todo trouxo cultura. Por debaixo do mar, Galicia comunicábase co mundo.

En 2012 O Cable Inglés Cooperativa Cultural recupera esta parte da nosa memoria como metáfora para crear e comunicar cultura. Xuntando as experiencias de catro profesionais especializadas en xestión, produción, deseño e comunicación, O Cable Inglés ofrece servizos de xestión integral de proxectos culturais sostibles e implicados co territorio e cos seus habitantes.

A cooperativa O Cable Inglés foi galardoada co Premio aos Valores Cooperativos na edición do ano 2013 dos Premios á Cooperación do Consello Galego de Cooperativas. máis información aquí.

O Cable Inglés estivo presente co seu stand no Culturgal.

O pase de diapositivas require JavaScript.


Actividades: xestión produción deseño e comunicación de proxectos culturais
Sector(es): Actividades culturais, de ocio e deportivas, Comunicación