Dirección: Rúa Concepción Arenal, 9,
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15702
Sitio web: http://www.numax.org
Tel: 686 138 443
Fax:
Email: info@numax.org


Un cinema, unha libraría e un laboratorio de deseño, comunicación e produción audiovisual. Somos unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro formada por persoas procedentes de diversos ámbitos da creación e difusión cultural que decidimos colaborar para facermos xuntos o que estamos afeitos a facer por separado.

Nace como proxecto de autoemprego dos seus socios fundadores a través da creación dun espazo que favorecerá a confrontación de ideas, o encontro e o debate mediante a prestación e xestión de servizos e produtos culturais, artísticos e educativos.

Collemos o noso nome da fábrica de electrodomésticos que Joaquín Jordà filmou en ‘Numax presenta…’ no ano 1979.

O proxecto baséase na redistribución e compensación do traballo dos socios entre as súas áreas de actividade. Isto permitirá a viabilidade da única sala de cinema independente en versión orixinal de Galicia, con programación diaria, nun momento no que desapareceron todos os espazos de exhibición cinematográfica do centro da cidade.

NUMAX é unha cooperativa sen ánimo de lucro. Isto significa que se estabelece un tope salarial dun 50% sobre convenio, os cargos directivos non son remunerados e non existe o reparto de beneficios entre os socios (no caso de habelos reinvístense integramente na propia cooperativa)


Actividades: Cinema, laboratorio de deseño, libraría, produción audiovisual
Sector(es): Audiovisual