Dirección: Praza de Azcárraga, 6 baixo
Localidade: A Coruña
Provincia: A Coruña
CP: 15001
Sitio web: http://www.habitatsocial.coop
Tel: 881 888 259
Fax: 881 888 259
Email: info@habitatsocial.coop


Hábitat Social é unha cooperativa galega integrada por un grupo heteroxéneo de profesionais, esencialmente dos eidos da arquitectura, o urbanismo e as ciencias sociais, coa intención de investigar e intervir na complexa realidade que habitamos.

 

En Habitat Social, apostan por conxugar o compromiso persoal co profesional para procurar, dende a autoxestión e a autonomía laboral, unha sociedade máis xusta baseada no desenvolvemento comunitario equilibrado.

 

Deste xeito, centránse na construción social do hábitat, co obxecto de mellorar as relacións entre as persoas e destas co medio, natural ou construído. Consígueno traballando coa materia física e coas dinámicas humanas, participando activamente nos procesos, coordinando as axentes implicadas e potenciando o protagonismo das persoas.

 


Actividades: Actividades de elaboración de estudos plans informes procesos de xestión social e aplicación de tecnoloxías construtivas
Sector(es): Construción, Consultoria, asesoramento