Dirección: R/ Betanzos 37 2ºF
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A coruña
CP: 15703
Sitio web: http://www.feitoriaverde.com/index.html
Tel: 698 161 760
Fax:
Email: feitoriaverde@feitoriaverde.com


Feitoría Verde é unha cooperativa que entende a educación ambiental como unha ferramenta imprescindible para a sensibilización e participación activa da cidadanía.

Queren ser axentes promotores da dinamización social e de potenciación da capacidade de participación das persoas e dos colectivos para mellorar a  relación co medio ambiente.

Conciben a educación ambiental como ferramenta para a participación, a aprendizaxe mutua, o intercambio de experiencias e a valorización de recursos e prácticas, endóxenas e innovadoras.

Feitoría Verde é unha empresa de servizos educativos que aposta por unha economía social propiciatoria de mellorías ambientais, que busca sinerxías e complementariedades entre proxectos e empresas. Baseánse na melloría da calidade de vida da cidadanía, especialmente das mulleres, do medio ambiente e da realidade da educación ambiental en Galicia.

Teñen como obxectivo propiciar cambios sociais que melloren a percepción e actitude sobre o medio ambiente, integrando criterios éticos e de profesionalidade.


Actividades: educación e participación socioambiental, produción de plántula hortícola ecolóxica
Sector(es): Educación, formación, Medio ambiente