Directorio /  Colexio San José S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Colexio San José S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Ensino
Enderezo: Princesa, 1
Localidade: Pontevedra
Provincia: Pontevedra
CP: 36002
Teléfono: 986 861 990
Email de contacto: colexiosanjose@hotmail.com

O Colexio San José ten como obxectivos, en primeiro lugar, a atención á formación integral do alumnado, tanto no aspecto intelectual como no de conduta e comportamento, procurando que ambos se complementen en cada caso particular segundo as necesidades do alumnado, cunha atención personalizada e permanente. Así mesmo, búscase integrar os nenos e as nenas no ambiente e medio físico e social que os rodea, participando en todas cantas actividades de índole deportivo, social ou doutros ámbitos da vida cidadá.

O centro cooperativo está formado por 8 persoas socias, e o edificio do colexio sitúase na Zona Monumental de Pontevedra, ten tres alturas, é de pedra e totalmente acorde coa zona histórica na que está situado; mantense a liña de construción tradicional galega, cunha galería na terceira planta e soportais no baixo.

Niveis educativos

  • 3 Unidades de Educación Infantil.
  • 6 Unidades de Educación Primaria.
Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma