Dirección: Vía Galileo, nave 11. Pg. Tambre
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15890
Sitio web:
Tel: 981 561 562
Fax:
Email: cograf@cograf2.com


Impresión gráfica

Cograf é unha cooperativa de traballo asociado , constituída no ano 1994 en Santiago de Compostela, coas súas instalacións no Polígono do Tambre. Na actualidade conta con seis persoas socias, que se dedican a impresión e a todas as actividades anexas a industria gráfica.

 

A súa filosofía de traballo consiste en saber adaptarse ás necesidades do cliente, axudándolle a resolver todos os aspectos relacionados co servizo que solicita, co fin de obter a súa fidelidade futura, xerando un clima de mutua confianza e comprometéndose en ofrecer a mellor calidade nos seus traballos, cumprimento de prazos de entrega e prezos máis competitivos. Tarefa que non resulta difícil despois de vinte anos prestando os seus servizos, goza dunha profesionalidade que a fai merecedora dunha clientela importante e variada desde a pequena a gran empresa, gabinetes de comunicación e diferentes institucións oficiais: Universidades, Concellos e Xunta de Galicia.

 

Ten como actividade principal todo o relativo á impresión en offset: sobres, papel de cartas, catálogos, tarxetas, revistas, folletos, trípticos, carpetas, talonarios, carteis, libros, almanaques, etiquetas autoadhesivas, etc.


Actividades: Actividades de artes gráficas e impresión dixital, artes, gráficas
Sector(es): Artes gráficas