Dirección: Rúa Fonte de Santo Antonio, 17 -1º D
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15702
Sitio web: https://www.facebook.com/artigocatorce/
Tel: 881 16 84 19
Fax: 811 16 84 19
Email: info@artigo14.es


Artigo 14 s. coop. galega, é un despacho multidisciplinar formado por un equipo de avogadas e avogados con sede física en Santiago de Compostela e na cidade da Coruña.

Configurado para prestar asesoramento xurídico profesional, a formulación ética das relacións xurídicas configúrase como a principal característica do despacho, sendo esta tanto a base deontolóxica do exercicio da avogacía como o marco do compromiso persoal con cada cliente.

Artigo 14 é a primeira cooperativa de avogados que se constituíu en Galicia. Apostamos polo cooperativismo e a economía social, defendemos a autoxestión e a organización asemblearia como unha alternativa socialmente máis responsable, solidaria e xusta ao modelo económico actual.

Procuramos que a defensa dos dereitos e o exercicio das liberdades das persoas constrúanse colectivamente, polo que traballamos para aproximar o ordenamento xurídico ás persoas, tratando de explicar de forma comprensible as posibilidades e coberturas legais que lles asisten.

O dereito é un soporte para o amparo lexítimo de tódolos cidadáns, un medio para desvirtuar o medo e a desinformación e é, en definitiva, a principal garantía dunha sociedade avanzada, digna e democrática.

Oficina en A Coruña: Rúa Juan Florez, n.8, 5º. 15004. A Coruña.

Oficina en Santiago de Compostela: Rúa Fonte de Santo Antonio, 17, 1º D. 15702. Santiago de Compostela.


Actividades:
Sector(es): Consultoria, asesoramento