Dirección: Pol. Ind. Pocomaco G-12/2
Localidade: A Coruña
Provincia: A Coruña
CP: 15190
Sitio web: http://www.3ccoop.es
Tel: 981 908 518
Fax: 881 925 459
Email: administracion@3ccoop.es


Despois dunha longa traxectoria profesional, no ano 2013 os tres socios fundadores de 3C Calidad y Control, víronse abocados ao desemprego, polo peche da empresa na que viñan prestando os seus servizos.

Coñecedores do sector no que viñan traballando, e conscientes da súa experiencia e posibilidades, decidiron dar o paso e promover, a través da fórmula cooperativa, o seu proxecto empresarial. Tras meses de intenso traballo para definir o seu plan de empresa, remataron o ano, xa constituídos como cooperativa e cun bo ritmo de traballo.

A actividade principal é a de laboratorio de control de calidade e ensaios e máis polo miúdo:

1.- A execución de análises físicas, mecánicas e químicas de todo tipo de material.
2.- Control de calidade de calquera material ou produto industrial, de obras públicas ou privadas, agricultura, minas, sanidade, farmacia ou calquera outro, en todas as súas fases de fabricación ou terminado.
3.- Formación en análises físicas, mecánicas e químicas de materiais, metroloxía e calibracións.
4.- Organización de ensaios interlaboratorios de análises físicas, mecánicas e químicas de materiais.
5.- Dirección, control, vixilancia e asistencia técnica na execución de obras públicas e privadas, agrícolas, mineiras e industriais en xeral.

6.- Execución de proxectos de obras públicas e privadas, minería, agricultura e en xeral de calqueira proxecto industrial.

7.- Fabricación e venda de todo tipo de produtos e aparellos de laboratorio, maquinaria para industria, obras públicas e privadas, agricultura, sanidade e calquera outra.


Actividades: ensaios de estruturas de aceiro, ensaios de formigón estrutural, ensaios de obras de fábrica de albanelería, ensaios de viales, ensaios xeotécnicos de laboratorio, probas de servizo
Sector(es): Construción, Consultoria, asesoramento, Outros servizos