Encontros entre cooperativas

#SaímosCooperando

No marco das actividades do Programa #SaímosCooperando (mentoring para cooperativas) plantéxanse os Encontros entre Cooperativas. As sesións, pensadas en formato telemático de curta duración, celébranse dende o mes de abril ata setembro de 2021.

O último encontro será o xoves 16 de setembro de 2021, online, de 9.30 a 11.30, baixo o título: “Saímos cooperando”.

[Programa e inscrición]

Queremos animarvos ás cooperativas e empresas de economía social a asistir á última sesión dos Encontros na que avaliaremos o programa e compartiremos contigo temas e recursos que vos poden axudar na xestión empresarial do día a día no futuro inmediato.

Fai clic | Programa | Inscrición  | Cartel

—-

[Obxetivos xerais dos encontros]

Teñen un dobre propósito:

  • Buscan favorecer o coñecemento mutuo entre cooperativas que participen no programa #SaímosCooperando, potenciar a posta en común de necesidades, a transferencia de experiencias, metodoloxías e boas prácticas, co fin de compartir recursos, readaptar actividades, establecer alianzas, crear redes, xerar actividade, ou intercooperar.
  • Tamén serán espazos que invitan a outras cooperativas galegas -aquelas que non pertencen á base social da Unión de Cooperativas EspazoCoop- a participar nos “Encontros entre Cooperativas”, para ter a oportunidade de coñecer de primeira man EspazoCoop e ás súas cooperativas asociadas que poderán contar e testemuñar por que é interesante asociarse. Ao mesmo tempo poden experimentar a través da asistencia á actividade como son os servizos da Unión, de cara a valoralos e tecer redes.

[Destinatarias]

Os Encontros están dirixidos a:

  • Cooperativas socias (beneficiarias e participantes nas accións de #SaimosCooperando).
  • Cooperativas galegas non asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop (participantes nas accións do programa)
  • Outras persoas e entidades interesadas do sector da economía social (participantes nas accións do programa)

[Acceso]

Gratuíto previa inscrición.

[Calendario de Encontros]

Pódese participar nun só encontro, en varios ou en todos.

  • 14 de abril 2021 | Encontro nº 1 |  Presentación de SaímosCooperando – Ferramentas Tecnolóxicas | Cartel | Programa
  • 14 de maio 2021 | Encontro nº 2 | Practica a planificación estratéxica | Cartel | Programa
  • 30 de xuño 2021 | Encontro nº 3 | Comparte necesidades de financiamento. Opcións nas finanzas? |  CartelPrograma
  • 22 de xullo 2021 | Encontro nº 4 | Practica a mellora comercial (Pich elevator – Coopera nas túas vendas) | Programa | Inscrición | Cartel
  • 16 de setembro 2021 | Encontro nº 5 | Saímos cooperando. Intercambia opinións (peche de programa) | Programa | Inscrición  | Cartel

Nova relacionada:

Programa Saímos Cooperando


Esta actividade enmárcase:
– na Programación 2021 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
– no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) 2014-2020. OT 8: conseguir formación e emprego de calidade, convocado por Cepes e financiado polo FSE.