Accións formativas de EspazoCoop

[ Abril ]

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta a súa Programación Formativa -no marco da REDE EUSUMO- para Abril de 2021 ofrecendo 4 actividades.  Os cursos previstos desenvolveranse en modalidade Teleformación, a través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop.

Son gratuítos, sendo preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de alumnado en cada curso.

  • Ferramentas tecnolóxicas para a economía social | 40 h. | Inicio 7 de abril  Inscrición pechada
  • Ideas cooperativas en acción | 20 h. | Inicio 13 de abril Inscrición pechada
  • Lánzate a emprender en cooperativa (Avanzado) | 40 h. | Inicio 20 de abril Inscrición pechada
  • Ideas cooperativas en acción (Avanzado) | 40 h. | Inicio 27 de abril

Como é a nosa modalidade de teleformación?:

O tempo de estudo de cada curso está conformado con diferentes modalidades e obxectivos:

  • Hai unhas horas que son as sesións virtuais de aprendizaxe: con data e hora determinada, que teñen unha duración de 90 minutos, para propiciar o traballo conxunto e colaborativo entre as participantes e para presentar determinados temas.
  • Outras horas que serán as que utilices libremente como alumna/o para ler os contidos que estarán ao teu dispor na plataforma, na Aula virtual de EspazoCoop, para estudar materiais, revisar webgrafía, visionar os vídeos, realizar e enviar as tarefas que se piden no curso á persoa Titora, e revisar a súa retroalimentación.
  • Un tempo que usarás e  organizarás libremente para a participación nos Foros, Titoría coa docente e, finalmente, un tempo para a Avaliación.

Os cursos hai que completalos no marco do tempo das datas de inicio e fin indicadas para cada acción formativa.



Ideas cooperativas en acción – nivel Avanzado

| Do 27 de abril ao 26 de maio | 40 horas | 3 sesións virtuais de aprendizaxe.

Fai clic:  Programa | Cartel | Inscrición

 



Ferramentas tecnolóxicas para a economía social

| Do 7 ao 28 de abril | 40 horas | 2 sesións virtuais de aprendizaxe.

Fai clic:  Programa | Cartel | Inscrición >  Inscrición Pechada!



Ideas cooperativas en acción

| Do 13 ao 30 de abril | 20 horas | 2 sesións virtuais de aprendizaxe. Inscrición Pechada!

Fai clic:  Programa | Cartel | Inscrición



Lánzate a emprender en cooperativa – nivel Avanzado

| Do 20 de abril ao 19 de maio | 40 horas | 3 sesións virtuais de aprendizaxe. Inscrición Pechada!

Fai clic:  Programa | Cartel | Inscrición



[ Estas actividades están no marco da programación 2021 da Rede Eusumo, rede de promoción e fomento do cooperativismo en Galicia, liderada pola Xunta de Galicia ]