Co fin de dotar ás persoas socias cooperativistas, grupos promotores e asesorías técnicas de instrumentos de apoio específicos, elaborouse este Manual de formación para socias e socios de cooperativas de traballo asociado.

Este manual quere ser un material de referencia de uso diario que permita resolver cuestións prácticas e de doada lectura por parte das persoas asociadas. A súa estrutura como exposición de preguntas organizadas por temas quere dotalo da axilidade necesaria para que se poida ler de forma parcial e utilizar como guía de cabeceira.

O noso desexo é que as persoas que pensan constituír ou xa constitúen unha cooperativa de traballo asociado, en especial aquelas que teñan responsabilidades de goberno pero tamén o resto de persoas socias cooperativistas, posúan un coñecemento amplo e o máis exhaustivo posible do que é e do que implica formar parte dunha cooperativa.

PREMA PARA CONSULTAR OU DESCARGAR O MANUAL