VEN COÑECER AS COOPERATIVAS!
UNHA OPORTUNIDADE PARA CAMBIALO TODO

O cooperativismo e a economía social continúan crecendo en Galicia. Cada vez somos máis as empresas con valores que escollemos o cooperativismo como unha alternativa real para empezar a cambiar o mundo.

Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas celebramos un evento no que escoitaremos as experiencias de persoas comprometidas, botaremos unhas risas cun espectáculo de humor sobre as cooperativas, e compartiremos unha degustación de produtos cooperativos. Gustaríanos contar contigo neste día.

Venres 2 de xuño de 2017 de 18 a 20 h.
Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago

PROGRAMA

17.30 h.  Recepción

18.00 h.  Celso Gándara, presidente da Unión de Cooperativas Espazocoop e Covadonga Toca, Secretaría xeral de Emprego, inauguran e presentan o evento

18.30 h.  O escritor Suso de Toro reflexiona arredor do cooperativismo como factor de cambio social

19.00 h.  A compañía de teatro A Panadaría presenta unha peza arredor das cooperativas creada especialmente para esta xornada

19.15 h.  Clausura a responsable de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde do Concello de Santiago, Concepción Fernández

19.30 h.  Degustación de produtos cooperativos

Prégase confirmar asistencia no seguinte enlace antes das 15:00 horas do xoves 1 de xuño: CONFIRMAR ASISTENCIA