No seminario de economía social e emprego, visibilizamos oportunidades do sector

/, Novas do cooperativismo/No seminario de economía social e emprego, visibilizamos oportunidades do sector

O venres 16 de decembro Ugacota celebrou o seminario “Oportunidades de Emprego, a través da Economía Social e das Novas Economías”, en colaboración co Concello da Coruña, no Centro Cívico Os Mallos.

Foi unha xornada de divulgación e intercambio, de dar visibilidade a este ámbito, e tamén de relacións e coñecemento mutuo, na que contamos con persoas, organizacións e experiencias destacadas deste sector, amais dun numeroso grupo de persoas asistentes, casi 70 persoas, interesadas nas oportunidades que a economía social, a solidaria, a do ben común, ou a colaborativa brindan para o emprego e a xeración de actividade económica dende unha óptica de principios e valores éticos e de compromiso coas persoas.

Contamos con representación da Confederación Empresarial Española da Economía Social Cepes; o Comité Económico e Social Europeo (EESC – European Economic and Social Committee); Consumo Colaborativo en Español; a Rede de Economía Alternativa e Solidaria Reas_Red; o Instituto de Estudos Cooperativos LANKI de Mondragon Unibertsitatea; Coop57 SCC; Nosa Enerxía S. Coop. Galega; Zocamiñoca S. Coop. Galega, e Monte Veciñal Comunal De Santiago de Covelo.

Esta é unha mostra gráfica do que aconteceu no Seminario:

O pase de diapositivas require JavaScript.

Ademais, se a túa cooperativa está interesada nos contidos, contacto connosco para facilitarte a contrasinal que te dará acceso á descarga dos relatorios e vídeos que xa están a disposición na web da Unión.

Enlaces relacionados, prensa:

2017-01-27T13:50:26+00:0023/12/2016|Espazo Coop, Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies