No día de hoxe despedimos a Antonia Rodríguez López (Toñi) asesora xurídica de Ugacota que tras unha longa loita contra o cancro, non puido superar a enfermidade.
As persoas e cooperativas que conforman Ugacota queren trasladar o pésame á súa familia e as súas compañeiras de despacho, neste momento de profunda tristeza.
Non queremos deixar de lembrar a súa paixón e o seu permanente sentido do humor, por iso despedímola cun sorriso de tristeza. Descanse en paz.
As persoas que queiran despedirse dela poden facelo no Tanatorio de Boisaca, sala 1. Santiago de Compostela, onde se celebrará unha misa ás 20h. hoxe martes 22 de decembro.