{"id":49517,"date":"2026-05-04T10:17:52","date_gmt":"2026-05-04T08:17:52","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=49517"},"modified":"2026-05-04T10:23:11","modified_gmt":"2026-05-04T08:23:11","slug":"entrevista-a-mecanigal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/espazocoop\/entrevista-a-mecanigal\/","title":{"rendered":"Entrevista a Mecanigal S. Coop. Galega"},"content":{"rendered":"<h1 class=\"fusion-responsive-typography-calculated\" data-fontsize=\"34\" data-lineheight=\"47.6px\"><strong>Entrevista a Mecanigal S. Coop. Galega<\/strong><\/h1>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Como xorde MecaniGal e que necesidades detectastes no sector do mecanizado de precisi\u00f3n para decidirvos a crear a vosa propia cooperativa?<\/strong><\/p>\n<p>Somos tres socios fundadores os que formamos parte de MecaniGal; os tres coincidimos na \u00faltima etapa profesional como empregados, sempre nos dedicamos ao sector anteriormente pero en diferentes empresas. Despois de moitas conversas e de darlle voltas chegamos \u00e1 conclusi\u00f3n de que entre os tres aportar\u00edamos unha peza clave e necesaria para a creaci\u00f3n e desenvolvemento dunha empresa de mecanizado industrial; os tres contabamos coa experiencia previa necesaria e cada un de n\u00f3s cubrir\u00eda unha parte esencial para o correcto funcionamento da mesma.<\/p>\n<p>En canto \u00e1s necesidades do sector, o mecanizado, en xeral, \u00e9 bastante imprevisible e destaca por uns prazos de entrega moi esixentes. A nosa filosof\u00eda e pensamento desde o principio sempre foi que, se cumpriamos prazos e, sobre todo, calidade co traballo entregado, poderiamos acadar os nosos obxectivos de competitividade, ao que sumamos toda a experiencia adquirida na nosa vida laboral como vantaxe competitiva.<\/p>\n<p>Valorando todo o conxunto, reuniamos todas as cualidades e ti\u00f1amos claro cara a onde queriamos ir e de que forma.<\/p>\n<p><strong>MecaniGal traballa para sectores tan esixentes como a aeron\u00e1utica, a automoci\u00f3n ou o naval. Que valor diferencial achega o modelo cooperativo \u00e1 hora de garantir a calidade e a precisi\u00f3n que requiren estes clientes?<\/strong><\/p>\n<p>Lamentablemente, o tecido industrial galego non destaca pola presenza de cooperativas como modelo de empresa, a diferenza do que pode ser no Pa\u00eds Vasco.<\/p>\n<p>Desde a nosa experiencia cremos que a propiedade conxunta, a participaci\u00f3n activa dos membros e o enfoque a longo prazo, por riba da maximizaci\u00f3n de beneficios a curto prazo, achegan un valor diferencial que repercute directamente na calidade e no cliente final.<\/p>\n<p><strong>Que factores foron determinantes para elixir a f\u00f3rmula da cooperativa fronte a outras formas empresariais tradicionais?<\/strong><\/p>\n<p>Nun principio valoramos todas as formas de empresa, pero finalmente atopamos na cooperativa a forma que m\u00e1is se asemellaba ao noso modelo de negocio e ao que queriamos conseguir.<\/p>\n<p>A nosa decisi\u00f3n est\u00e1 centrada sobre todo no factor humano por riba do capital; consideramos o traballo como o eixe central e a\u00ed reside o noso compromiso e motivaci\u00f3n. Baseamos o noso proxecto na colaboraci\u00f3n, no traballo en equipo e na igualdade na toma de decisi\u00f3ns.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n valoramos moi positivamente as vantaxes fiscais e o apoio institucional que proporciona esta f\u00f3rmula.<\/p>\n<p><strong>Que significou para v\u00f3s contar co apoio de EspazoCoop nesta etapa de \u00abFase Semente\u00bb e como vos est\u00e1 axudando o seu asesoramento a po\u00f1er orde e fortalecer a xesti\u00f3n interna da cooperativa?<\/strong><\/p>\n<p>Para n\u00f3s todo o que ti\u00f1a que ver coa f\u00f3rmula cooperativa era bastante desco\u00f1ecido, e cremos que lle pasa un pouco a todo o mundo; f\u00f3ra das formas de empresa tradicionais existe un gran desco\u00f1ecemento.<\/p>\n<p>N\u00f3s ti\u00f1amos a idea pero non ti\u00f1amos moi claro como desenvolvela; buscamos informaci\u00f3n e descubrimos a Uni\u00f3n e decidimos po\u00f1ernos en contacto buscando esa gu\u00eda que nos orientase. En EspazoCoop puidemos atopar desde o principio ese apoio e asesoramento, con especial menci\u00f3n a Teresa, que se implicou co noso proxecto, as\u00ed como ao resto do equipo, sempre disposto a prestar asesoramento.<\/p>\n<p>Cremos firmemente que sen o apoio de EspazoCoop non ter\u00eda sido posible chegar ata este punto tan facilmente, ou quizais estariamos baixo outra forma empresarial.<\/p>\n<p>Desde EspazoCoop est\u00e1n continuamente desenvolvendo e informando de actividades e obradoiros que fomentan a econom\u00eda social; ademais, tam\u00e9n organizan cursos orientados \u00e1s necesidades espec\u00edficas que poidan xurdir, entre outros.<\/p>\n<p>Neste sentido sent\u00edmonos totalmente apoiados e calquera problema ou d\u00fabida relacionada co asesoramento ou coa xesti\u00f3n interna est\u00e1 cuberta.<\/p>\n<p><strong>Cal foi o maior desaf\u00edo que atopastes desde a vosa posta en marcha e como vos axudou o acompa\u00f1amento de EspazoCoop a superar obst\u00e1culos nesta etapa de lanzamento?<\/strong><\/p>\n<p>Quizais os maiores problemas d\u00e9ronse precisamente na posta en marcha. Solicitar, reunir e presentar toda a documentaci\u00f3n para os distintos \u00f3rganos competentes foi a tarefa m\u00e1is tediosa; non deixan de ser tr\u00e1mites burocr\u00e1ticos, pero sen unha gu\u00eda faise complicado de xestionar.<\/p>\n<p>Desde EspazoCoop d\u00e9ronnos todas as ferramentas e asesoramento para, paso a paso, ir d\u00e1ndolle forma ao noso proxecto e transformar a idea nunha empresa.<\/p>\n<p><strong>Como se conxuga a innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica constante coa xesti\u00f3n democr\u00e1tica dunha cooperativa?<\/strong><\/p>\n<p>Por unha banda hai que prestar atenci\u00f3n ao mercado, xa que est\u00e1 en continua evoluci\u00f3n e transformaci\u00f3n; c\u00f3mpre ter a suficiente capacidade de adaptaci\u00f3n para poder ser competitivo. A xesti\u00f3n democr\u00e1tica entre todos os socios debe ir da man coa evoluci\u00f3n do mercado.<\/p>\n<p><strong>Que aprendizaxes destacar\u00edades desta primeira etapa como cooperativistas no sector industrial galego?<\/strong><\/p>\n<p>O noso percorrido de momento \u00e9 moi curto, pero o que si podemos destacar \u00e9 que a colaboraci\u00f3n xera m\u00e1is valor que a competencia interna. Traballar baixo un modelo cooperativo permitiunos ali\u00f1ar obxectivos, compartir co\u00f1ecemento e tomar decisi\u00f3ns pensando no longo prazo.<\/p>\n<p><strong>Para rematar, que consello lle dar\u00edades a outros profesionais do \u00e1mbito t\u00e9cnico ou industrial que estean pensando en emprender a trav\u00e9s da econom\u00eda social?<\/strong><\/p>\n<p>A d\u00eda de hoxe non \u00e9 doado tomar a decisi\u00f3n de emprender; entendemos que hai que sopesar moitas cuesti\u00f3ns e ter claro o obxectivo a seguir. Moita xente a d\u00eda de hoxe segue dic\u00edndonos que somos \u201cuns valentes\u201d.<\/p>\n<p>N\u00f3s cremos que paga a pena arriscarse e, sobre todo, paga a pena apostar pola econom\u00eda social; sa\u00edr do modelo convencional ten outras vantaxes que moita xente desco\u00f1ece.<\/p>\n<p>Animamos a todo aquel que estea valorando desenvolver un proxecto empresarial a que perda o medo e que loite polos seus obxectivos, porque con traballo e esforzo todo se pode acadar.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entrevista a Mecanigal S. Coop. Galega &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; Como xorde MecaniGal e que necesidades detectastes no sector do mecanizado de precisi\u00f3n para decidirvos a crear a vosa propia cooperativa? Somos tres socios fundadores os que formamos parte de MecaniGal; os tres <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/espazocoop\/entrevista-a-mecanigal\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":49506,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[1,19],"tags":[826,827],"class_list":["post-49517","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-espazocoop","category-noticias-del-cooperativismo","tag-emprendemento-es","tag-emprendemento-cooperativo-es"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/mecanigal.jpg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-cSF","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/49517","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=49517"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/49517\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":49523,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/49517\/revisions\/49523"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/49506"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=49517"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=49517"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=49517"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}