{"id":49218,"date":"2026-03-23T12:33:35","date_gmt":"2026-03-23T11:33:35","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=49218"},"modified":"2026-03-23T12:33:35","modified_gmt":"2026-03-23T11:33:35","slug":"como-es-el-proceso-real-de-acompanamiento-en-espazocoop-emprende","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/como-es-el-proceso-real-de-acompanamiento-en-espazocoop-emprende\/","title":{"rendered":"Como es el proceso real de acompa\u00f1amiento en EspazoCoop Emprende?"},"content":{"rendered":"<h2>Que \u00e9 exactamente o acompa\u00f1amento en EspazoCoop Emprende?<\/h2>\n<p>O acompa\u00f1amento en EspazoCoop Emprende, programa de apoio ao emprendemento cooperativo impulsado por EspazoCoop, \u00e9 un proceso integral no que axudamos \u00e1s persoas emprendedoras a converter unha idea nun proxecto cooperativo viable e sostible. Non \u00e9 s\u00f3 asesoramento puntual: \u00e9 estar ao lado do proxecto durante todo o proceso, ofrecendo orientaci\u00f3n t\u00e9cnica, formaci\u00f3n e ferramentas pr\u00e1cticas adaptadas a cada iniciativa.<\/p>\n<p>O itinerario de acompa\u00f1amento estrut\u00farase en catro fases: a definici\u00f3n da idea de negocio, a trav\u00e9s de formaci\u00f3n e acompa\u00f1amento espec\u00edfico; a an\u00e1lise da viabilidade t\u00e9cnica, econ\u00f3mica e organizativa do proxecto mediante a elaboraci\u00f3n dun plan de empresa; o apoio no proceso de constituci\u00f3n e posta en marcha; e, finalmente, a consolidaci\u00f3n do proxecto durante a fase semente, que abarca desde a constituci\u00f3n da cooperativa ata o primeiro ano e medio de vida. Ao longo de todo este percorrido, o compo\u00f1ente formativo \u00e9 un elemento clave que acompa\u00f1a cada etapa do proceso.<\/p>\n<h2>Cal \u00e9 o primeiro paso cando chega un proxecto?<\/h2>\n<p>O primeiro \u00e9 escoitar. Facemos unha reuni\u00f3n inicial para co\u00f1ecer a idea, o equipo promotor e as motivaci\u00f3ns. Analizamos en que punto est\u00e1n e dese\u00f1amos un itinerario de acompa\u00f1amento adaptado \u00e1s s\u00faas necesidades.<\/p>\n<h2>En que punto adoitan estar as ideas cando contactan convosco?<\/h2>\n<p>Hai moita variedade. O m\u00e1is habitual \u00e9 que te\u00f1an unha idea clara do que queren facer, pero d\u00fabidas sobre como estruturala ou como facer viable economicamente a proposta. \u00c1s veces est\u00e1n nunha fase moi inicial e outras xa te\u00f1en bastante avanzado o plan.<\/p>\n<h2>Como axudades a transformar unha idea nun proxecto cooperativo real?<\/h2>\n<p>Traballamos o modelo de negocio, a an\u00e1lise de mercado, a planificaci\u00f3n econ\u00f3mica e a organizaci\u00f3n interna. Pero nun proxecto cooperativo \u00e9 clave tam\u00e9n definir ben a gobernanza, os roles e os mecanismos de toma de decisi\u00f3ns. Acompa\u00f1amos tanto na parte estrat\u00e9xica como nos tr\u00e1mites de constituci\u00f3n.<\/p>\n<h2>Que erros ou medos son m\u00e1is habituais nas persoas emprendedoras?<\/h2>\n<p>Un medo habitual \u00e9 non sentirse suficientemente preparadas ou pensar que a s\u00faa idea non \u00e9 \u201ctan boa\u201d. Tam\u00e9n \u00e9 frecuente evitar conversaci\u00f3ns inc\u00f3modas dentro do grupo sobre expectativas ou responsabilidades. Por iso insistimos moito na planificaci\u00f3n e na comunicaci\u00f3n desde o inicio.<\/p>\n<h2>Que aspectos se traballan m\u00e1is al\u00e1 dos tr\u00e1mites e da parte legal?<\/h2>\n<p>Trab\u00e1llase moito a cohesi\u00f3n do grupo, a definici\u00f3n da misi\u00f3n e dos valores compartidos, a sustentabilidade a medio prazo e a conexi\u00f3n co territorio. Desde EspazoCoop entendemos que unha cooperativa non \u00e9 s\u00f3 unha f\u00f3rmula xur\u00eddica, sen\u00f3n unha maneira diferente de facer empresa.<\/p>\n<h2>En que momento notades que a idea xa se converte nun proxecto s\u00f3lido?<\/h2>\n<p>Cando o equipo ten claro que problema resolve, para quen e como vai sosterse economicamente. Pero sobre todo, cando hai compromiso real entre as persoas socias e unha visi\u00f3n compartida do proxecto.<\/p>\n<h2>Que papel xoga o grupo humano no \u00e9xito dunha cooperativa?<\/h2>\n<p>\u00c9 fundamental. Nunha cooperativa o grupo \u00e9 o motor do proxecto. A confianza, a corresponsabilidade e a capacidade de tomar decisi\u00f3ns de maneira democr\u00e1tica son claves para que o proxecto medre e se consolide.<\/p>\n<h2>Que ten de especial acompa\u00f1ar proxectos cooperativos fronte a outros modelos empresariais?<\/h2>\n<p>A diferenza principal \u00e9 que aqu\u00ed o centro \u00e9 o colectivo. Non se trata s\u00f3 de rendibilidade econ\u00f3mica, sen\u00f3n tam\u00e9n de participaci\u00f3n, impacto social e distribuci\u00f3n xusta das responsabilidades e dos resultados. Iso fai que o acompa\u00f1amento te\u00f1a unha dimensi\u00f3n m\u00e1is humana e m\u00e1is estrat\u00e9xica ao mesmo tempo.<\/p>\n<h2>Que lle dir\u00edas a algu\u00e9n que ten unha idea e non sabe por onde empezar?<\/h2>\n<p>Que non espere a telo todo pechado para dar o paso. Compartir a idea, contrastala e deixarse acompa\u00f1ar \u00e9 a mellor maneira de comezar con m\u00e1is seguridade e m\u00e1is posibilidades de \u00e9xito.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Que \u00e9 exactamente o acompa\u00f1amento en EspazoCoop Emprende? O acompa\u00f1amento en EspazoCoop Emprende, programa de apoio ao emprendemento cooperativo impulsado por EspazoCoop, \u00e9 un proceso integral no que axudamos \u00e1s persoas emprendedoras a converter unha idea nun proxecto cooperativo viable e sostible. Non \u00e9 s\u00f3 <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/como-es-el-proceso-real-de-acompanamiento-en-espazocoop-emprende\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":49117,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[619,19],"tags":[],"class_list":["post-49218","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-emprendimiento","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/ramon.jpg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-cNQ","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/49218","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=49218"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/49218\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":49220,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/49218\/revisions\/49220"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/49117"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=49218"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=49218"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=49218"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}