{"id":48779,"date":"2026-02-12T11:10:55","date_gmt":"2026-02-12T10:10:55","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=48779"},"modified":"2026-02-12T11:10:55","modified_gmt":"2026-02-12T10:10:55","slug":"reas-galicia-presenta-los-resultados-de-la-auditoria-social-y-lanza-una-web-para-visibilizar-la-ess-en-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/reas-galicia-presenta-los-resultados-de-la-auditoria-social-y-lanza-una-web-para-visibilizar-la-ess-en-galicia\/","title":{"rendered":"REAS Galicia presenta los resultados de la Auditor\u00eda Social y lanza una web para visibilizar la ESS en Galicia"},"content":{"rendered":"<h1><strong>REAS Galicia presenta os resultados da Auditor\u00eda Social e lanza unha web para visibilizar a ESS en Galicia<\/strong><\/h1>\n<p>REAS Galicia (Rede de Econom\u00eda Alternativa e Solidaria de Galicia) \u00e9 unha asociaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro que re\u00fane persoas e proxectos comprometidos cunha econom\u00eda m\u00e1is xusta, solidaria e sustentable e que, na actualidade, conta con 35 entidades socias.<\/p>\n<p>Coincidindo coa posta en marcha dun novo proxecto, REAS Galicia abre tam\u00e9n unha nova p\u00e1xina web, que recolle toda a informaci\u00f3n vinculada \u00e1 Auditor\u00eda Social, aos resultados da s\u00faa campa\u00f1a en Galicia e \u00e1s acci\u00f3ns que se desenvolver\u00e1n ao longo dos vindeiros meses.<\/p>\n<p>REAS Galicia v\u00e9n de lanzar o proxecto <strong>Reco\u00f1ece a ESS, Avanzando na axenda 2030 a trav\u00e9s da auditor\u00eda social<\/strong>, unha iniciativa financiada polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 que ten como obxectivo reforzar o reco\u00f1ecemento da Econom\u00eda Social e Solidaria (ESS) como un actor clave no avance da Axenda 2030. A organizaci\u00f3n quere visibilizar o impacto social, econ\u00f3mico e ambiental que xeran as pr\u00e1cticas de entidades e organizaci\u00f3ns de ESS, fortalecer o seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e po\u00f1er en valor unha econom\u00eda centrada nas persoas e o planeta.<\/p>\n<p><strong>A s\u00faa nova web<\/strong> (<a href=\"http:\/\/www.economiasocialsolidaria.gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">www.economiasocialsolidaria.gal<\/a>) nace como un espazo de referencia para a transparencia e a divulgaci\u00f3n da ESS e ir\u00e1 incorporando progresivamente novidades do proxecto, materiais de interese e informaci\u00f3n sobre as actividades previstas, entre as que destacan a elaboraci\u00f3n dunha gu\u00eda de conexi\u00f3n entre os principios da ESS e ODS, as\u00ed como a celebraci\u00f3n dun evento aberto previsto para o mes de marzo, que servir\u00e1 como espazo de encontro e reflexi\u00f3n colectiva.<\/p>\n<p><strong>24 entidades auditadas<\/strong><\/p>\n<p>Neste contexto, REAS Galicia tam\u00e9n pecha a campa\u00f1a anual da Auditor\u00eda Social de 2024, unha ferramenta fundamental da Econom\u00eda Social e Solidaria que permite \u00e1s entidades medir de maneira sistem\u00e1tica o seu impacto social, ambiental e de bo goberno. Tr\u00e1tase dun proceso voluntario de autoavaliaci\u00f3n e aprendizaxe colectiva que reforza a coherencia interna e a rendici\u00f3n de contas cara \u00e1 sociedade, e que responde aos seis principios que definen a ESS: a equidade, o traballo digno, a cooperaci\u00f3n, a sustentabilidade ecol\u00f3xica, o compromiso coa contorna e a repartici\u00f3n xusta da riqueza.<\/p>\n<p>Na campa\u00f1a 2025 participaron 24 entidades da Econom\u00eda Social e Solidaria en Galicia, que realizaron unha an\u00e1lise en profundidade do seu funcionamento e das s\u00faas pr\u00e1cticas ao longo do ano 2024. Como novidade desta edici\u00f3n, as entidades recibiron o Selo da Auditor\u00eda Social, un distintivo que reco\u00f1ece o esforzo realizado e permite visibilizar publicamente o seu compromiso cun modelo econ\u00f3mico alternativo en coherencia cos ODS, xusto equitativo e sustentable.<\/p>\n<p><strong>Un novo modelo que xa \u00e9 realidade<\/strong><\/p>\n<p>Os resultados agregados da campa\u00f1a amosan unha evoluci\u00f3n positiva e po\u00f1en de manifesto o impacto real da ESS galega. No eido da igualdade de x\u00e9nero, os datos reflicten que as mulleres representan o 61% das persoas traballadoras e o 51,3% das persoas voluntarias, e que ocupan o 72% dos postos de responsabilidade nas entidades auditadas.<\/p>\n<p>Este compromiso compl\u00e9tase cun uso xeneralizado da linguaxe non sexista, presente no 100% das organizaci\u00f3ns, e cunha aposta clara pola conciliaci\u00f3n, xa que o 82% das entidades conta con medidas m\u00e1is abranguentes das establecidas por lei.<\/p>\n<p>A reduci\u00f3n das desigualdades tam\u00e9n se reflicte nos indicadores econ\u00f3micos. A diferenza salarial interna sit\u00faase nun 1,23, o que significa que a persoa que m\u00e1is cobra supera nun 23% \u00e1 que menos cobra, unha cifra moi afastada das din\u00e1micas habituais no \u00e1mbito laboral.<\/p>\n<p>Ademais, as entidades destinan de media un 14% dos seus beneficios a causas sociais e solidarias, reforzando o compromiso coa redistribuci\u00f3n da riqueza.<\/p>\n<p>No \u00e1mbito ambiental e de consumo responsable, a Auditor\u00eda Social revela que o 100% das entidades aplica criterios de consumo responsable na adquisici\u00f3n de bens e servizos, mentres que o 96% opera con finanzas \u00e9ticas. A transici\u00f3n cara a modelos enerx\u00e9ticos m\u00e1is sostibles tam\u00e9n est\u00e1 en marcha, a\u00ednda que de xeito m\u00e1is lento, xa que s\u00f3 o 32% das organizaci\u00f3ns di emprega enerx\u00eda de fontes 100% renovables.<\/p>\n<p>En conxunto, os resultados da Auditor\u00eda Social 2024 confirman que a ESS en Galicia \u00e9 un modelo econ\u00f3mico s\u00f3lido, coherente e en crecemento. Este mecanismo de autoavaliaci\u00f3n permite tam\u00e9n reafirmar e visibilizar o impacto positivo que as pr\u00e1cticas destas entidades xeran nos \u00e1mbitos ambiental, econ\u00f3mico, social e cultural, en clara consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e coa Axenda 2030.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>REAS Galicia presenta os resultados da Auditor\u00eda Social e lanza unha web para visibilizar a ESS en Galicia REAS Galicia (Rede de Econom\u00eda Alternativa e Solidaria de Galicia) \u00e9 unha asociaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro que re\u00fane persoas e proxectos comprometidos cunha econom\u00eda m\u00e1is xusta, <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/reas-galicia-presenta-los-resultados-de-la-auditoria-social-y-lanza-una-web-para-visibilizar-la-ess-en-galicia\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":48721,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[19],"tags":[],"class_list":["post-48779","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/Banner_consumo-e-produ-responsable_resultadosAS-GZ.jpg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-cGL","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/48779","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=48779"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/48779\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":48780,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/48779\/revisions\/48780"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/48721"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=48779"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=48779"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=48779"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}