{"id":48619,"date":"2026-01-29T09:25:15","date_gmt":"2026-01-29T08:25:15","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=48619"},"modified":"2026-01-29T09:26:08","modified_gmt":"2026-01-29T08:26:08","slug":"entrevista-a-terra-adestramento-e-saude-s-coop-galega-xuvenil","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/entrevista-a-terra-adestramento-e-saude-s-coop-galega-xuvenil\/","title":{"rendered":"Entrevista a Terra Adestramento e Sa\u00fade S. Coop. Galega Xuvenil"},"content":{"rendered":"<h1><\/h1>\n<h1><\/h1>\n<h1><strong>Entrevista a Terra Adestramento e Sa\u00fade S. Coop. Galega Xuvenil<\/strong><\/h1>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong><em>Como xorde Terra, adestramento e sa\u00fade e que necesidade queriades cubrir cando comezastes o proxecto?<\/em><\/strong><\/p>\n<p>Terra xorde nunha post cena navide\u00f1a de antigos compa\u00f1eiros de CCAFD en decembro do 2023. A idea do proxecto era crear un centro de adestramento persoal orientado principalmente \u00f3 rendemento e \u00e1 readaptaci\u00f3n de lesi\u00f3ns. Foi coa maduraci\u00f3n do proceso; a ubicaci\u00f3n do centro e o asesoramento externo de persoas especializadas neste tipo de servizos o que nos fixo modificar as prioridades do mesmo e as necesidades a cubrir dentro da sociedade.<\/p>\n<p>A idea foi crear un centro cercano, que falase o mesmo idioma que esas persoas que nunca pisaran un ximnasio porque o visen como algo negativo, debido \u00f3s estereotipos creados. Por iso, o obxectivo foi chegar a esas persoas que fosen a vir.\u00a0 A finalidade era aumentar a s\u00faa calidade de vida, a trav\u00e9s da mellora da sa\u00fade a reducci\u00f3n de dores e a mellora funcional, a trav\u00e9s dunha reeducaci\u00f3n postural e mellora na calidade do movemento.<\/p>\n<p><strong><em>Que significado ten para v\u00f3s ser unha cooperativa xuvenil dentro do \u00e1mbito do deporte e da sa\u00fade?<\/em><\/strong><\/p>\n<p>Para n\u00f3s crear este proxecto, sendo a\u00ednda cooperativa xuvenil, foi aportar unha nova e renovada visi\u00f3n \u00f3 \u00e1mbito do fitness. Unha das raz\u00f3ns de elixir o modelo cooperativista foi aportar diferentes puntos de visi\u00f3n nun sector que cada vez ten maiores nichos de co\u00f1ecementos, o que dificulta que un \u00fanico individuo poida especializarse en todos eles, por iso, compartir unha visi\u00f3n plural e multidisciplinar, s\u00f3 se pode entender dende o traballo de varias persoas. Seguindo o f\u00edo desto, sendo cooperativa xuvenil podemos aportar un co\u00f1ecemento novo e recente, actualizado as \u00faltimas evidencias cient\u00edficas, algo elemental para un sector que require dunha reciclaxe continua, para adaptarse \u00e1s novas tendencias.<\/p>\n<p>O \u00e1mbito do deporte e a sa\u00fade \u00e9 cada vez m\u00e1is importante na sociedade. Cada vez un maior n\u00famero de persoas fan deporte e apostan pola s\u00faa sa\u00fade, polo que esa confianza debe ser devolta creando ecosistemas de traballo diversos, plurais e rigorosos. Por iso, abarcar un amplio campo de co\u00f1ecemento resulta fundamental para o bo funcionamento desta tendencia, e que poida perdurar nos anos.<\/p>\n<p><strong><em>Que factores vos levaron a optar polo modelo cooperativo fronte a outras f\u00f3rmulas empresariais?<\/em><\/strong><\/p>\n<p>A idea de escoller o modelo cooperativo por diante doutro tipo de sociedaes, foron as facilidades creadas para a execuci\u00f3n do proceso. Este tipo de modelo, permit\u00edanos un menor desembolso econ\u00f3mico, o que nos permit\u00eda invertir todo o capital no material necesario para a adecuaci\u00f3n do centro. Por outro lado, a nivel econ\u00f3mico tam\u00e9n nos compensaba polo tipo e axudas ofertadas \u00e1 econom\u00eda social, destacar o programa APROL. Por \u00faltimo, a idea de crear un modelo onde os tres socios tiv\u00e9semos o control total da econom\u00eda da sociedade e \u00e1mbolos tres, tiv\u00e9semos as mesmas responsabilidades e o mesmo poder de elecci\u00f3n, motivounos a seguir con este modelo e dar respostas \u00e1s necesidades f\u00edsico-deportivas da poboaci\u00f3n desde un modelo cooperativista, no que quiz\u00e1is nun futuro se poida compartir ou abrir novas li\u00f1as, que permitan crear unha rede m\u00e1is grande.<\/p>\n<p><strong><em>Cal foi o maior desaf\u00edo nos primeiros pasos da cooperativa, desde a idea inicial ata a posta en marcha do centro deportivo?<\/em><\/strong><\/p>\n<p>O maior desaf\u00edo que tivemos \u00e1 hora de iniciarnos no cooperativismo, foi a dificultade en moitos casos para atopar informaci\u00f3n relacionada co propio modelo que quer\u00edamos seguir para a elaboraci\u00f3n da sociedade. Como xa dixemos nun pequeno coloquio \u00f3 que asistimos en Pontevedra, ata a aparici\u00f3n de Teresa, e por ende EspazoCoop, nos nosos cami\u00f1os, os pasos que logr\u00e1bamos dar eran lentos e en moitos casos engorrosos.<\/p>\n<p>Dito contacto con ambos foi o que nos permit\u00edu aclarar os conceptos, reorganizar as ideas e poder empregar o tempo de forma m\u00e1is efectiva na constituci\u00f3n da sociedade. Estas facilidades que nos aportaron, permit\u00edunos centrarnos no proceso m\u00e1is relacionado co propio desenvolvemento do centro: organizaci\u00f3n de horarios, prestaci\u00f3n de servizos, metodolox\u00edas a empregar, campa\u00f1as de publicidade e de darnos a co\u00f1ecer, adem\u00e1is de permitirnos traballar na propia transformaci\u00f3n do local, axudando \u00f3s operarios, para chegar a tempo a tan ansiada presentaci\u00f3n en sociedade.<\/p>\n<p><strong><em>Como definir\u00edades a vosa forma de traballar e que diferenza a Terra doutros centros de adestramento persoal?<\/em><\/strong><\/p>\n<p>A nosa forma de traballar definir\u00edamola como unha metodolox\u00eda baseada nunha planificaci\u00f3n orientada en mellorar a calidade de vida e sa\u00fade das persoas dende o movemento e centrada sobre todo no trato coas persoas. A nosa idea como centro \u00e9 poder construir relaci\u00f3ns s\u00e1s coa actividade f\u00edsica, que permitan a adecuaci\u00f3n e estabilizaci\u00f3n de h\u00e1bitos que perduren na vida dos clientes.<\/p>\n<p>A nivel m\u00e1is espec\u00edfico, como centro g\u00fastanos dar unha resposta clara, concisa e adaptada \u00e1s necesidades das persoas. Por iso, dende terra planificamos de maneira grupal entre todos os adestradores os contidos a desenvolver durante a semana, para facilitar a labor dos traballadores. Adem\u00e1is, esta estructuraci\u00f3n permite agrupar os obxectivos e estandarizar as respostas \u00f3s clientes, o que provoca unha menor variabilidade entre sesi\u00f3ns, en caso de que un usuario poida realizar varios adestramentos \u00e1 semana cos diferentes profesionais, que forman parte do proxecto.<\/p>\n<p>Para rematar con esta resposta, gustar\u00edanos salientar que a forma de traballar \u00e9 un comportamento que marca a idiosincras\u00eda da sociedade, e que polo tanto, debe ser o punto de partida no inicio de calque toma de decisi\u00f3n importante.<\/p>\n<p><strong><em>En que momento do proceso emprendedor entrastes en contacto con EspazoCoop e que vos levou a achegarvos \u00e1 entidade?<\/em><\/strong><\/p>\n<p>Pois no momento de constituci\u00f3n da sociedade no rexistro de cooperativa de Galicia, seguindo os pasos que estaban marcados na asesor\u00eda virtual de cooperativas de Galicia. Neste punto, d\u00e9monos conta, que como sociedade cooperativa galega xuvenil que estabamos a formar, non era necesario a firma ante notario dun documento de acta p\u00fablico. O que nos levou a buscar polo documento privado de constituci\u00f3n, o cal, non o encontr\u00e1bamos por ning\u00fan lado, ata que nos puxemos en contacto co rexistro de cooperativas. Dende a asesor\u00eda virtual pux\u00e9ronnos en contacto con Teresa Balado, que foi \u00e1 que nos iluminou en ese momento, cunha aclaraci\u00f3n conceptual sobre o cooperativismo, xa que non co\u00f1ec\u00edamos moito o funcionamento deste modelo. Foi Teresa, quen nos explicou que era EspazoCoop, e como dende a asociaci\u00f3n nos pod\u00edan axudar neste proceso.<\/p>\n<p><strong><em>Que papel xogaron os programas de apoio ao cooperativismo, como EspazoCoop Emprende, no desenvolvemento da vosa cooperativa?<\/em><\/strong><\/p>\n<p>EspazoCoop foi clave no desenvolvemento de TERRA como sociedade cooperativa. Como se mencionou no anterior punto, nun primeiro lugar facilit\u00e1ndonos a constituci\u00f3n da sociedade no rexistro de cooperativas, aport\u00e1ndonos a documentaci\u00f3n necesaria. En segundo lugar, na presentaci\u00f3n e tramitaci\u00f3n das axudas APROL, tanto no seu programa individual como colectivo, o apoio de EspazoCoop no acompa\u00f1amento foi clave na resoluci\u00f3n exitosa das mesmas. Por \u00faltimo, pero non menos importante, a nivel de xesti\u00f3n fiscal e laborar da sociedade, xa que a trav\u00e9s desta entidade, contactamos coa xestor\u00eda encargada de ditos tr\u00e1mites, coa cal compartimos modelo cooperativo.<\/p>\n<p><strong><em>Que ferramentas, co\u00f1ecementos ou acompa\u00f1amento recibidos considerades que foron clave para consolidar o proxecto?<\/em><\/strong><\/p>\n<p>Consideramos clave o acompa\u00f1amento continuo que se recib\u00edu, xa que permit\u00edu acelerar o proceso. Con isto, pod\u00edamos centrarnos en certos momentos puntuais, en organizar o proceso como centro de adestramento, desenvolvendo aquelas situaci\u00f3ns m\u00e1is pr\u00e1cticas diarias do noso traballo, as cales, nos permiten mellorar como sociedade. A\u00ednda que se tiv\u00e9ramos que quedarnos cun aspecto clave, ser\u00eda o acompa\u00f1emento coas axudas APROL, xa que para a sociedade foi un desafogo importante no momento onde chegaron. Isto permit\u00edunos aumentar a inversi\u00f3n coa que iniciamos; comprando m\u00e1is material deportivo e podendo dispo\u00f1er de materiais de almacenaxe, que nos facilitaban unha mellor distribuci\u00f3n da sala e de maior espazo \u00fatil, para o desenvolvemento das sesi\u00f3ns.<\/p>\n<p><strong><em>Que aprendizaxes destacar\u00edades da vosa experiencia como cooperativa no sector do deporte e da promoci\u00f3n da sa\u00fade?<\/em><\/strong><\/p>\n<p>A nivel xeral, dende que iniciamos o proxecto, destacamos a operatividade que somos capaces a ter na resoluci\u00f3n de problemas no d\u00eda d\u00eda, acci\u00f3ns que \u00f3 principio nos levaba un d\u00eda enteiro xestionalas, agora mesmo temos unha maior autonom\u00eda, que nos permite resolver antes nestas situaci\u00f3n. A nivel cooperativo podemos destacar a capacidade de poder chegar a acordos f\u00e1cilmente. Antepo\u00f1er os intereses da sociedade \u00f3s nosos persoais, o que en moitas situaci\u00f3ns implicou non estar ao cen por cen dacordo coas t\u00faas ideas, pero facer valer as da maior\u00eda da sociedade. Ese sin duda, foi o punto que m\u00e1is destacamos en este curto pero intenso cami\u00f1o como cooperativa.<\/p>\n<p><strong><em>Que consellos lle dar\u00edades a outras persoas novas que estean a pensar en emprender a trav\u00e9s dunha cooperativa?<\/em><\/strong><\/p>\n<p>N\u00f3s, animar\u00edamos a todo o mundo que est\u00e1 pensando en emprender como sociedade cooperativa, que se decidan por elo. \u00c9 un modelo que ofrece oportunidades para os x\u00f3venes e facilidades para a s\u00faa xesti\u00f3n, como poden ser os beneficios derivados de ser cooperativa xuvenil. Adem\u00e1is, existen axudas moi interesantes, que permiten atenuar os gastos derivados das inversi\u00f3ns iniciais para o desenvolvemento do proxecto, o que ofrece unha certa garant\u00eda e tranquilidade para o funcionamento da sociedade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entrevista a Terra Adestramento e Sa\u00fade S. Coop. Galega Xuvenil &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; Como xorde Terra, adestramento e sa\u00fade e que necesidade queriades cubrir cando comezastes o proxecto? Terra xorde nunha post cena navide\u00f1a de antigos compa\u00f1eiros de CCAFD en decembro do 2023. <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/entrevista-a-terra-adestramento-e-saude-s-coop-galega-xuvenil\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":48587,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[19],"tags":[826,827],"class_list":["post-48619","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-del-cooperativismo","tag-emprendemento-es","tag-emprendemento-cooperativo-es"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2026\/01\/terra.jpg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-cEb","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/48619","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=48619"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/48619\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":48620,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/48619\/revisions\/48620"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/48587"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=48619"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=48619"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=48619"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}