{"id":47638,"date":"2025-10-03T14:57:45","date_gmt":"2025-10-03T12:57:45","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=47638"},"modified":"2025-10-03T14:57:45","modified_gmt":"2025-10-03T12:57:45","slug":"especialistas-de-veinte-paises-debaten-en-vigo-el-papel-de-las-comunidades-energeticas-rurales-en-la-transicion-energetica-en-europa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/especialistas-de-veinte-paises-debaten-en-vigo-el-papel-de-las-comunidades-energeticas-rurales-en-la-transicion-energetica-en-europa\/","title":{"rendered":"Especialistas de veinte pa\u00edses debaten en Vigo el papel de las comunidades energ\u00e9ticas rurales en la transici\u00f3n energ\u00e9tica en Europa"},"content":{"rendered":"<h1 class=\"western\">Especialistas de vinte pa\u00edses debaten en Vigo o papel das comunidades enerx\u00e9ticas rurais na transici\u00f3n enerx\u00e9tica en Europa<\/h1>\n<p><strong>A conferencia organizada hoxe polo proxecto europeo EC4RURAL permitiu xerar sinerx\u00edas, intercambiar experiencias e fortalecer novas redes para fomentar a colaboraci\u00f3n entre representantes de comunidades enerx\u00e9ticas rurais de toda Europa, as\u00ed como grupos de acci\u00f3n local, investigadores, asociaci\u00f3ns e autoridades p\u00fablicas a nivel europeo.<\/strong><\/p>\n<div id=\"contenedor\" dir=\"LTR\">\n<p>Na Uni\u00f3n Europea, as rexi\u00f3ns rurais representan o 44,6% da superficie e nelas vive o 20,8% da poboaci\u00f3n total dos estados membros. A pesar de que adoitan contar con abundantes recursos naturais, estas zonas caracter\u00edzanse polo envellecemento demogr\u00e1fico, o despoboamento, a falta de oportunidades laborais ou a insuficiencia de infraestruturas. Estas dificultades trad\u00facense a mi\u00fado en pobreza enerx\u00e9tica debido \u00e1s desorbitadas tarifas enerx\u00e9ticas, polo que en diversos puntos de Europa comezaron a xurdir alternativas: as comunidades enerx\u00e9ticas rurais, unha resposta de acci\u00f3n social e colectiva que aposta pola produci\u00f3n de enerx\u00edas renovables e a venda de excedentes enerx\u00e9ticos. Para avanzar no seu desenvolvemento, este m\u00e9rcores 1 de outubro a Universidade de Vigo acolleu a celebraci\u00f3n da conferencia europea Comunidades enerx\u00e9ticas rurais: tendendo pontes entre a acci\u00f3n local e a transici\u00f3n cara a enerx\u00edas limpas organizada polo consorcio do proxecto europeo EC4RURAL, cofinanciado polo programa LIFE da Uni\u00f3n Europea.<\/p>\n<\/div>\n<p>O simposio reuniu a m\u00e1is de 120 persoas procedentes de 20 pa\u00edses, inclu\u00edndo representantes de comunidades enerx\u00e9ticas e de grupos de acci\u00f3n local, persoal investigador, asociaci\u00f3ns, organizaci\u00f3ns implicadas en comunidades enerx\u00e9ticas, autoridades locais e rexionais e persoas comprometidas coa transici\u00f3n enerx\u00e9tica limpa comandada pola cidadan\u00eda a trav\u00e9s dunha participaci\u00f3n activa e xusta.<\/p>\n<p>A cita, con sede na Facultade de Filolox\u00eda e Traduci\u00f3n, permitiu xerar sinerx\u00edas, intercambiar experiencias e fortalecer novas redes para fomentar a colaboraci\u00f3n entre as persoas relacionadas co \u00e1mbito das transici\u00f3ns enerx\u00e9ticas rurais e, especialmente, as comunidades enerx\u00e9ticas presentes en toda Europa. Ademais, dado que o evento coincide co ecuador do proxecto EC4RURAL, serviu tam\u00e9n para mostrar os progresos alcanzados nos dous primeiros anos de traballo deste consorcio de dez socios de tres pa\u00edses (Espa\u00f1a, Estonia e B\u00e9lxica) que botou a andar en setembro de 2023 cun orzamento de 1,6M.<\/p>\n<p><strong>Unha aposta pola participaci\u00f3n cidad\u00e1 e as redes locais<\/strong><\/p>\n<p>No acto de apertura participaron a vicerreitora de Investigaci\u00f3n, Transferencia e Innovaci\u00f3n da Universidade de Vigo, Bel\u00e9n Rubio; o presidente da Federaci\u00f3n Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela; e Xavier Sim\u00f3n, coordinador de EC4RURAL e catedr\u00e1tico da UVigo. A vicerreitora puxo en valor o esp\u00edrito que subxace no proxecto EC4RURAL, \u00abconectar xente, territorio e co\u00f1ecemento\u00bb para avanzar cara a \u00abtransici\u00f3n enerx\u00e9tica sustentable\u00bb. Neste sentido, lembrou que a UVigo est\u00e1 plenamente ali\u00f1ada coa procura da sustentabilidade e a responsabilidade social, pondo en marcha diferentes medidas de aforro enerx\u00e9tico, substituci\u00f3n de fontes tradicionais de enerx\u00eda por alternativas limpas e renovables ou reduci\u00f3n da s\u00faa pegada enerx\u00e9tica.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, o presidente da FEGAMP lembrou que a transici\u00f3n enerx\u00e9tica deixou de ser unha opci\u00f3n para converterse nun deber \u00e9tico, social e econ\u00f3mico e, neste contexto, as comunidades enerx\u00e9ticas rurais est\u00e1n a demostrar que son capaces de \u00abtransformar o modelo de produci\u00f3n, xesti\u00f3n e consumo de enerx\u00eda\u00bb. Entre as s\u00faas vantaxes, Varela recalcou que \u00abdemocratizan a enerx\u00eda, permiten que os veci\u00f1os, as empresas locais e as administraci\u00f3ns compartamos recursos, reduzamos custos e xeremos beneficios ambientais e sociais\u00bb. Alberto Varela tam\u00e9n fixo fincap\u00e9 na necesidade de colaboraci\u00f3n entre administraci\u00f3n local e rexional, cidadan\u00eda, asociaci\u00f3ns, comunidades de montes, empresas e grupos de desenvolvemento rural para \u00abfacer fronte aos retos t\u00e9cnicos, xur\u00eddicos e econ\u00f3micos que presenta a implantaci\u00f3n das comunidades enerx\u00e9ticas\u00bb.<\/p>\n<p><strong>Espellos no que mirarse<\/strong><\/p>\n<p>Trala apertura, o congreso arrincou coa intervenci\u00f3n de Antti Roose, da Universidade de Tartu, e Xavier Sim\u00f3n que se encargaron de actualizar a evoluci\u00f3n de EC4RURAL, que ten unha duraci\u00f3n total de catro anos e do que forman parte ademais da UVigo, a Universidade de Tartu (Estonia), a Federaci\u00f3n Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a Asociaci\u00f3n de Cidades e Municipios de Estonia, a Axencia Rexional da Enerx\u00eda de Tartu, a cooperativa Sapiens Enerx\u00eda, a Uni\u00f3n LEADER de Estonia, EspazoCoop, a Fundaci\u00f3n Juana de Veiga e a Asociaci\u00f3n Europea de Grupos LEADER para o Desenvolvemento Rural, de B\u00e9lxica. O proxecto comprende a posta en marcha en Estonia e Espa\u00f1a de comunidades enerx\u00e9ticas rurais que produzan electricidade mediante paneis fotovoltaicos sobre tellados de edificios p\u00fablicos. Est\u00e1 previsto o desenvolvemento de 34 casos de estudo en 12 municipios rurais de Estonia e 22 de Galicia, o que implica actuar sobre preto de 2.700 hect\u00e1reas e 94.000 habitantes.<\/p>\n<p>O proxecto, explicaba Xavier Sim\u00f3n, bas\u00e9ase en tres alicerces fundamentais. Por unha banda, traballar \u00abde abaixo a arriba, xa que a transici\u00f3n cara a enerx\u00eda limpa debe basearse na cooperaci\u00f3n activa a nivel local, impulsada polas comunidades locais\u00bb. Por outra banda, trab\u00e1llase asumindo que \u00abnon existe unha \u00fanica soluci\u00f3n aplicable para todos os casos\u00bb, sen\u00f3n que se deben adaptar as propostas a cada circunstancia e lugar e, finalmente, o consorcio aposta por traballar de maneira colaborativa e compartir o co\u00f1ecemento.<\/p>\n<p>Tras os dous primeiros anos de traballo, valoraba Sim\u00f3n, \u00abnon estamos no punto no que queriamos, atopamos atrancos, pero tam\u00e9n estamos a aprender deles\u00bb. No entanto, apuntaban, Sim\u00f3n e Roose, estas contornas rurais son ricas en recursos naturais, como a enerx\u00eda solar que \u00e9 gratu\u00edta, e ofrecen espazos nos tellados dos edificios p\u00fablicos para a instalaci\u00f3n das tecnolox\u00edas \u00absen ter que competir con outro tipo de usos\u00bb. Ademais, ambos os expertos sinalaron que a fotovoltaica \u00e9 \u00abunha tecnolox\u00eda barata, m\u00e1is que hai 15 anos\u00bb, e que se conta cun marco legal europeo, con transposici\u00f3ns a nivel estatal, que ampara o autoconsumo colectivo. \u00abM\u00e1is que ambiciosos -valoraba Sim\u00f3n- temos que ser realistas e centrar os nosos esforzos en dar a co\u00f1ecer aquelas pequenas comunidades enerx\u00e9ticas rurais Nota de prensa 3 que sexan un espello no que mirarse. \u00c9 dicir, que sexan casos de \u00e9xito por utilizar investimentos pequenos e soluci\u00f3ns t\u00e9cnicas f\u00e1ciles que poida manexar calquera persoa.\u00bb<\/p>\n<p>Neste sentido, os asistentes puideron escoitar en directo a experiencia de REScoop.eu, a federaci\u00f3n europea de comunidades enerx\u00e9ticas, e de representantes de catro comunidades enerx\u00e9ticas de Austria (*\u00d6koEnergieland), Croacia (Axencia de Enerx\u00eda do Noroeste), Espa\u00f1a (PRETO; Calatayud, Arag\u00f3n) e outra transfronteiriza entre Espa\u00f1a-Portugal (Efiduero) con diferentes grao de desenvolvemento, forma xur\u00eddica, antig\u00fcidade e contexto social.<\/p>\n<p>Xa na terceira e \u00faltima parte da ma\u00f1\u00e1, Eugenia Bonifazi, da consultora Ricardo Energy &amp; Environment, e Achille Hannoset, da DG ENER (Comisi\u00f3n Europea) centraron as s\u00faas intervenci\u00f3ns nas pol\u00edticas da Uni\u00f3n Europea para emponderar \u00e1 cidadan\u00eda.<\/p>\n<p>A sesi\u00f3n de tarde estivo dedicada a presentar m\u00e1is dunha ducia de propostas de investigaci\u00f3n e innovaci\u00f3n sobre ferramentas, modelos e casos pr\u00e1cticos e sobre xustiza social, gobernanza e redes comunitarias.<\/p>\n<p><strong>Reuni\u00f3n anual de EC4RURAL, os d\u00edas 2 e 3<\/strong><\/p>\n<p>O xoves e venres, a Facultade de Ciencias Econ\u00f3micas acoller\u00e1 a reuni\u00f3n anual do proxecto EC4RURAL coa participaci\u00f3n de representantes do dez entidades no consorcio. O programa de traballo incl\u00fae tam\u00e9n unha visita ao Concello do Rosal, onde est\u00e1 previsto implantar unha das comunidades enerx\u00e9ticas rurais do proxecto.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Especialistas de vinte pa\u00edses debaten en Vigo o papel das comunidades enerx\u00e9ticas rurais na transici\u00f3n enerx\u00e9tica en Europa A conferencia organizada hoxe polo proxecto europeo EC4RURAL permitiu xerar sinerx\u00edas, intercambiar experiencias e fortalecer novas redes para fomentar a colaboraci\u00f3n entre representantes de comunidades enerx\u00e9ticas rurais <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/especialistas-de-veinte-paises-debaten-en-vigo-el-papel-de-las-comunidades-energeticas-rurales-en-la-transicion-energetica-en-europa\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":47612,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[19],"tags":[],"class_list":["post-47638","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/20251001_EC4RURAL_ConferenciaEuropeaEnVigo-4-e1759410184910.jpeg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-com","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/47638","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=47638"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/47638\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":47639,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/47638\/revisions\/47639"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/47612"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=47638"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=47638"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=47638"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}