{"id":46822,"date":"2025-06-27T15:05:01","date_gmt":"2025-06-27T13:05:01","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=46822"},"modified":"2025-06-27T15:05:01","modified_gmt":"2025-06-27T13:05:01","slug":"espazocoop-participa-en-la-movilizacion-de-la-ensenanza-concertada-a-traves-de-aces-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/espazocoop-participa-en-la-movilizacion-de-la-ensenanza-concertada-a-traves-de-aces-galicia\/","title":{"rendered":"EspazoCoop participa en la movilizaci\u00f3n de la ense\u00f1anza concertada a trav\u00e9s de Aces Galicia"},"content":{"rendered":"<h1><strong>EspazoCoop participa na mobilizaci\u00f3n do ensino concertado a trav\u00e9s de Aces Galicia<\/strong><\/h1>\n<ul>\n<li aria-level=\"1\"><b>EspazoCoop, como membro de ACES Galicia, sumouse \u00e1s reivindicaci\u00f3ns hist\u00f3ricas dun sector sistematicamente ignorado pola Administraci\u00f3n galega<\/b><\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li aria-level=\"1\"><b>Galicia \u00e9 a \u00fanica comunidade aut\u00f3noma do Estado sen avances no ensino concertado<\/b><\/li>\n<\/ul>\n<p>A Uni\u00f3n de Cooperativas EspazoCoop participou na mobilizaci\u00f3n celebrada hoxe polos sindicatos con representaci\u00f3n no Ensino Concertado (FSIE, UGT-SP, CCOO, USO e SNEP) a trav\u00e9s da s\u00faa pertenza a ACES Galicia, Asociaci\u00f3n de Centros de Econom\u00eda Social de Galicia, fronte \u00e1s dependencias da Xunta en San Caetano.<\/p>\n<p>A mobilizaci\u00f3n puxo de manifesto o desprezo sistem\u00e1tico da Administraci\u00f3n galega cara \u00e1s persoas traballadoras do ensino concertado, que levan d\u00e9cadas de reivindicaci\u00f3ns hist\u00f3ricas que se reco\u00f1ecen pero non se asumen, provocando un retroceso nos dereitos do colectivo.<\/p>\n<p>Entre as principais demandas que sustentaron esta convocatoria at\u00f3panse a falta de Xubilaci\u00f3n Parcial con contrato de relevo, a prohibici\u00f3n da Paga Extraordinaria de Antig\u00fcidade (PEA) desde o ano 2012, o afastamento progresivo da homologaci\u00f3n salarial, a ausencia de reduci\u00f3n da carga de horas lectivas, e a falta de reco\u00f1ecemento de complementos de cargo para o persoal docente e de administraci\u00f3n e servizos.<\/p>\n<p><strong>Unha d\u00e9beda hist\u00f3rica de 12.000 euros por persoa traballadora<\/strong><\/p>\n<p>Galicia \u00e9 a \u00fanica comunidade aut\u00f3noma do Estado sen avances no ensino concertado. Desde o 2010, a Administraci\u00f3n auton\u00f3mica deixou de aboar a PEA, o que sup\u00f3n que a Xunta te\u00f1a unha d\u00e9beda media con cada persoa traballadora de 12.000 euros. Mentres tanto, noutras comunidades como Illas Baleares, Cantabria, Madrid ou Navarra xa se alcanzaron acordos significativos que reco\u00f1ecen os dereitos laborais deste colectivo.<\/p>\n<p>A gota que rebordou o vaso foi a \u00faltima proposta da Conseller\u00eda respecto \u00e1 Xubilaci\u00f3n Parcial con contrato de relevo. Tras o acordo asinado en agosto de 2024 que permit\u00eda reducir a xornada ata un 50% con dous anos de anterioridade \u00e1 xubilaci\u00f3n, a nova proposta limita esta prestaci\u00f3n a un m\u00e1ximo dun ano antes da idade ordinaria, reducindo o tempo medio a tan s\u00f3 7 meses.<\/p>\n<p><b>EspazoCoop: compromiso coa educaci\u00f3n de calidade<\/b><\/p>\n<p>Desde EspazoCoop entendemos que esta situaci\u00f3n afecta directamente \u00e1 calidade educativa que ofrecen os nosos centros asociados. A Sectorial de Cooperativas de Ensino de EspazoCoop est\u00e1 conformada por 26 escolas cooperativas de Galicia, que dan servizo educativo a centenares de estudantes dos diferentes ciclos formativos.<\/p>\n<p>As cooperativas de ensino te\u00f1en vocaci\u00f3n p\u00fablica e unha xesti\u00f3n democr\u00e1tica, incorporando no seu modelo pedag\u00f3xico o valor social e educativo do cooperativismo, baseado na inclusi\u00f3n, sostenibilidade, innovaci\u00f3n e compromiso social.<\/p>\n<p>Por iso, desde EspazoCoop facemos un chamamento \u00e1 Administraci\u00f3n galega para que reconsidere a s\u00faa postura e inicie un di\u00e1logo real e efectivo co sector do ensino concertado, reco\u00f1ecendo os dereitos laborais das persoas traballadoras e apostando por unha educaci\u00f3n de calidade para toda a cidadan\u00eda galega.<\/p>\n<p><b>26 escolas cooperativas galegas na Sectorial de Ensino de EspazoCoop<\/b><\/p>\n<p>A Sectorial de Cooperativas de Ensino de EspazoCoop est\u00e1 conformada por 26 escolas cooperativas de Galicia, dando servizo educativo a centenares de estudantes dos diferentes ciclos. As cooperativas de ensino te\u00f1en vocaci\u00f3n p\u00fablica e unha xesti\u00f3n democr\u00e1tica, o seu modelo pedag\u00f3xico incorpora o valor social e educativo do modelo cooperativo como inclusi\u00f3n, sostenibilidade, innovaci\u00f3n ou compromiso.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Sobre EspazoCoop<\/b><\/p>\n<p>A Uni\u00f3n de Cooperativas Espazocoop \u00e9 unha entidade multisectorial de car\u00e1cter empresarial, configurada como asociaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro, de \u00e1mbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores e que ten como obxectivo: agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperaci\u00f3n e defender os intereses das s\u00faas cooperativas socias e das persoas que as constit\u00faen, as\u00ed como a divulgaci\u00f3n, fomento e consolidaci\u00f3n do cooperativismo, como ferramenta de desenvolvemento socioecon\u00f3mico, no marco da econom\u00eda social e solidaria.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>EspazoCoop participa na mobilizaci\u00f3n do ensino concertado a trav\u00e9s de Aces Galicia EspazoCoop, como membro de ACES Galicia, sumouse \u00e1s reivindicaci\u00f3ns hist\u00f3ricas dun sector sistematicamente ignorado pola Administraci\u00f3n galega Galicia \u00e9 a \u00fanica comunidade aut\u00f3noma do Estado sen avances no ensino concertado A Uni\u00f3n de <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/espazocoop-participa-en-la-movilizacion-de-la-ensenanza-concertada-a-traves-de-aces-galicia\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":46801,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_feature_clip_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2},"jetpack_post_was_ever_published":false},"categories":[19],"tags":[],"class_list":["post-46822","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/20250626_114954.jpg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-cbc","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/46822","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=46822"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/46822\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":46823,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/46822\/revisions\/46823"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/46801"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=46822"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=46822"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=46822"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}