{"id":45649,"date":"2025-04-25T10:53:18","date_gmt":"2025-04-25T08:53:18","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=45649"},"modified":"2025-05-12T19:19:21","modified_gmt":"2025-05-12T17:19:21","slug":"a-secretaria-de-estado-de-economia-social-amparo-merino-visita-la-nueva-sede-de-espazocoop-en-santiago","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/espazocoop\/a-secretaria-de-estado-de-economia-social-amparo-merino-visita-la-nueva-sede-de-espazocoop-en-santiago\/","title":{"rendered":"La secretaria de Estado de Econom\u00eda Social, Amparo Merino, visita la nueva sede de EspazoCoop en Santiago"},"content":{"rendered":"<h1><strong>A secretaria de Estado de Econom\u00eda Social, Amparo Merino, visita a nova sede de EspazoCoop en Santiago<\/strong><\/h1>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O m\u00e9rcores 23 de abril, <strong>EspazoCoop<\/strong> recibiu na s\u00faa nova sede de Santiago de Compostela a visita da<strong> secretaria de Estado de Econom\u00eda Social, Amparo Merino,<\/strong> nun encontro de especial relevancia para o cooperativismo galego.<\/p>\n<p>Coincidindo co D\u00eda do Libro, a xornada comezou cunha visita \u00e1 cooperativa socia <a href=\"https:\/\/numax.org\/?locale=gl\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">N\u00famax<\/a>, unha das iniciativas m\u00e1is reco\u00f1ecidas da econom\u00eda social galega. Este proxecto transformador, que integra librar\u00eda, cinema e laboratorio creativo, \u00e9 un referente cultural en Santiago de Compostela e un exemplo claro do impacto social e econ\u00f3mico do cooperativismo no territorio.<\/p>\n<p>Xa nas instalaci\u00f3ns de EspazoCoop, representantes de EspazoCoop mantiveron un encontro coa secretaria de Estado no que se abordaron temas estrat\u00e9xicos para o impulso do cooperativismo desde Galicia. Ana Olveira, <strong>Presidenta de EspazoCoop<\/strong>, puxo de manifesto a <strong>necesidade de que o ecosistema estatal da econom\u00eda social arroupe e fortaleza o desenvolvemento auton\u00f3mico<\/strong>, permitindo traballar con seguridade xur\u00eddica e consolidando un marco favorable para o crecemento das cooperativas.<\/p>\n<p>Durante a reuni\u00f3n, trasladouse a preocupaci\u00f3n pola dificultade que atopan moitas cooperativas galegas \u2014formadas exclusivamente por persoas socias traballadoras\u2014 \u00e1 hora de rexistrar os seus<strong> plans de igualdade<\/strong>, ao exixir a normativa vixente a negociaci\u00f3n con sindicatos mesmo cando non existe representaci\u00f3n legal externa. Esta situaci\u00f3n afecta especialmente \u00e1s pemes e micropemes do sector, comprometidas coa incorporaci\u00f3n de persoas socias e cun modelo de xesti\u00f3n democr\u00e1tica e equitativa.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, destacouse a importancia de facilitar a <strong>capitalizaci\u00f3n da prestaci\u00f3n por desemprego<\/strong> por parte de persoas traballadoras interesadas en adquirir empresas en crise ou sen relevo xeracional, promovendo a s\u00faa transformaci\u00f3n en cooperativas. Esta v\u00eda permitir\u00eda dar continuidade a proxectos empresariais que doutro modo estar\u00edan abocados ao peche, reforzando o cooperativismo como unha alternativa s\u00f3lida e resiliente ante escenarios de incerteza econ\u00f3mica e social.<\/p>\n<p>No encontro tam\u00e9n se fixo fincap\u00e9 na necesidade de <strong>avanzar na implementaci\u00f3n da II Estratexia Espa\u00f1ola de Econom\u00eda Social<\/strong>, entendida como unha folla de ruta fundamental para reforzar e proxectar este modelo empresarial transformador. EspazoCoop propuxo dinamizar o Consello de Fomento da Econom\u00eda Social, como espazo clave de coordinaci\u00f3n entre administraci\u00f3ns e organizaci\u00f3ns representativas, as\u00ed como actualizar a normativa estatal que afecta ao sector, con especial atenci\u00f3n \u00e1 reforma da Lei 20\/1990 sobre o R\u00e9xime Fiscal das Cooperativas.<\/p>\n<p>Durante a s\u00faa intervenci\u00f3n, <strong>Amparo Merino <\/strong>destacou que \u201c<i>Deben ser os modelos de econom\u00eda social, as cooperativas, as sociedades laborais, a nosa principal referencia en modelo de emprendemento e deben ser tam\u00e9n a opci\u00f3n que utilicemos para dar a substituci\u00f3n xeracional a moitos comercios e industrias que non o te\u00f1en garantido<\/i>\u201d.<\/p>\n<p>A presidenta de EspazoCoop aproveitou tam\u00e9n para felicitar o Ministerio polo seu papel impulsor da econom\u00eda social como motor de cambio cara \u00e1 igualdade. F\u00edxose referencia ao <strong>acto do luns 28 de abril en Murcia<\/strong>, no que se presentar\u00e1 a<strong> declaraci\u00f3n Voces pola Igualdade<\/strong>, da cal EspazoCoop forma parte con orgullo, xunto a outras mulleres referentes de todo o Estado. A declaraci\u00f3n \u00e9 unha mostra clara de que a econom\u00eda social \u2014e moi especialmente o cooperativismo\u2014 pos\u00fae o potencial, a pr\u00e1ctica e a <strong>vontade de transformar o sistema produtivo con valores de igualdade, xustiza e democracia econ\u00f3mica.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A secretaria de Estado de Econom\u00eda Social, Amparo Merino, visita a nova sede de EspazoCoop en Santiago &nbsp; O m\u00e9rcores 23 de abril, EspazoCoop recibiu na s\u00faa nova sede de Santiago de Compostela a visita da secretaria de Estado de Econom\u00eda Social, Amparo Merino, nun <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/espazocoop\/a-secretaria-de-estado-de-economia-social-amparo-merino-visita-la-nueva-sede-de-espazocoop-en-santiago\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":45625,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[1,19],"tags":[],"class_list":["post-45649","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-espazocoop","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/IMG-20250423-WA0015-e1745410628398.jpg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-bSh","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/45649","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=45649"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/45649\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":45867,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/45649\/revisions\/45867"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/45625"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=45649"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=45649"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=45649"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}