{"id":45521,"date":"2025-04-09T11:47:21","date_gmt":"2025-04-09T09:47:21","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=45521"},"modified":"2025-04-09T11:47:21","modified_gmt":"2025-04-09T09:47:21","slug":"el-concello-de-santiago-y-espazocoop-fortalecen-el-cooperativismo-en-su-ano-clave","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/espazocoop\/el-concello-de-santiago-y-espazocoop-fortalecen-el-cooperativismo-en-su-ano-clave\/","title":{"rendered":"El Concello de Santiago y EspazoCoop fortalecen el cooperativismo en su a\u00f1o clave"},"content":{"rendered":"<h1><strong>O Concello de Santiago e EspazoCoop fortalecen o cooperativismo no seu ano clave<\/strong><\/h1>\n<ul>\n<li aria-level=\"1\">A alcaldesa de Santiago e a concelleira de Dereitos e Servizos sociais, Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica e Xuventude visitaron a nova sede de EspazoCoop.<\/li>\n<li aria-level=\"1\">Unha vez rematada esta visita, ambas d\u00faas entidades mantiveron unha xuntanza.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A Uni\u00f3n de Cooperativas EspazoCoop recibiu hoxe a visita da <strong>alcaldesa de Santiago de Compostela<\/strong>, Goretti Sanmart\u00edn, e da<strong> concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica e Xuventude<\/strong>, Mar\u00eda Rozas. O encontro serviu para po\u00f1er en valor a traxectoria e o traballo de EspazoCoop no fortalecemento do cooperativismo e a econom\u00eda social, especialmente neste 2025, declarado Ano Internacional das Cooperativas. Unha vez rematada a visita, representantes de EspazoCoop mantiveron unha xuntanza coa concelleira do <a href=\"https:\/\/santiagodecompostela.gal\/gl\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Concello de Santiago<\/a> para analizar e propo\u00f1er actividades e acci\u00f3ns para este ano.<\/p>\n<h2><b>O compromiso de EspazoCoop co cooperativismo e a econom\u00eda social<\/b><\/h2>\n<p>EspazoCoop leva anos traballando en colaboraci\u00f3n co Concello de Santiago para impulsar o cooperativismo como ferramenta de desenvolvemento econ\u00f3mico e social. A trav\u00e9s de m\u00faltiples iniciativas, ambas as entidades te\u00f1en favorecido a creaci\u00f3n e consolidaci\u00f3n de cooperativas, promovendo un ecosistema m\u00e1is sustentable e baseado nos valores da econom\u00eda social.<\/p>\n<p>Durante esta xuntanza, as representantes de EspazoCoop compartiron coa concelleira a<strong> importancia de seguir fortalecendo o apoio ao cooperativismo, especialmente neste 2025<\/strong>, Ano Internacional das Cooperativas. No encontro, abord\u00e1ronse os retos actuais do sector, as\u00ed como novas oportunidades para fomentar a creaci\u00f3n de proxectos cooperativos e consolidar os existentes.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, <strong>a alcaldesa e a tenenta de alcaldesa<\/strong> reiteraron a vontade do Goberno de seguir colaborando coas entidades de econom\u00eda social, un dos eixos vertebradores da <strong>Axenda Urbana 2030<\/strong>, especialmente neste 2025 no que se celebra o Ano Internacional das Cooperativas. O Concello de Santiago, a trav\u00e9s da Concellar\u00eda de Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica, <strong>t\u00e9n en marcha diversas acci\u00f3ns de promoci\u00f3n, visibilizaci\u00f3n e apoio \u00e1 econom\u00eda social e ao cooperativismo, como as subvenci\u00f3ns \u00e1s empresas de econom\u00eda social.<\/strong><\/p>\n<h2><b>2025, un ano clave para o cooperativismo en Santiago<\/b><\/h2>\n<p>No marco deste ano conmemorativo, EspazoCoop contin\u00faa desenvolvendo acci\u00f3ns de sensibilizaci\u00f3n, formaci\u00f3n e acompa\u00f1amento, contribu\u00edndo \u00e1 visibilizaci\u00f3n do cooperativismo como unha alternativa s\u00f3lida e sustentable. Entre as li\u00f1as de traballo destacan:<\/p>\n<ul>\n<li aria-level=\"1\">A formaci\u00f3n e asesoramento a cooperativas, facilitando co\u00f1ecementos especializados e recursos para fortalecer os seus proxectos.<\/li>\n<li aria-level=\"1\">A promoci\u00f3n do cooperativismo entre persoas emprendedoras, achegando informaci\u00f3n e apoio para facilitar o acceso a este modelo econ\u00f3mico.<\/li>\n<li aria-level=\"1\">A dinamizaci\u00f3n de actividades de difusi\u00f3n e sensibilizaci\u00f3n, que buscan achegar \u00e1 cidadan\u00eda os valores e beneficios do cooperativismo como ferramenta de transformaci\u00f3n social.<\/li>\n<\/ul>\n<h2><b>Unha econom\u00eda m\u00e1is social e sustentable para Santiago<\/b><\/h2>\n<p>EspazoCoop representa a m\u00e1is de 270 cooperativas galegas que promoven unha econom\u00eda baseada na equidade, a participaci\u00f3n e a sustentabilidade. A entidade segue traballando para consolidar un ecosistema emprendedor cooperativo en Santiago e en Galicia, favorecendo a creaci\u00f3n de proxectos viables con impacto positivo na sociedade.<\/p>\n<p>A xutanza conclu\u00edu cun chamamento a continuar reforzando a colaboraci\u00f3n entre instituci\u00f3ns e entidades da econom\u00eda social, garantindo o acceso a oportunidades para todas as persoas e promovendo o cooperativismo como un motor clave para o desenvolvemento econ\u00f3mico e social.<\/p>\n<p>Neste sentido, destaca a nova sede de EspazoCoop, un espazo compartido no que tam\u00e9n est\u00e1n presentes EAPN Galicia (Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusi\u00f3n Social), a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, Fiare Banca \u00c9tica e Coop57.\u00a0Este espazo no que conxuntamente se representan case 800 entidades (empresas, asociaci\u00f3ns e colectivos) simboliza unha nova forma de traballar en rede, onde a cooperaci\u00f3n e a suma de esforzos permiten avanzar cara a unha sociedade m\u00e1is xusta e equitativa.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Sobre EspazoCoop<\/b><\/p>\n<p>A Uni\u00f3n de Cooperativas Espazocoop \u00e9 unha entidade multisectorial de car\u00e1cter empresarial, configurada como asociaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro, de \u00e1mbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores e que ten como obxectivo: agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperaci\u00f3n e defender os intereses das s\u00faas cooperativas socias e das persoas que as constit\u00faen, as\u00ed como a divulgaci\u00f3n, fomento e consolidaci\u00f3n do cooperativismo, como ferramenta de desenvolvemento socioecon\u00f3mico, no marco da econom\u00eda social e solidaria.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Santiago e EspazoCoop fortalecen o cooperativismo no seu ano clave A alcaldesa de Santiago e a concelleira de Dereitos e Servizos sociais, Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica e Xuventude visitaron a nova sede de EspazoCoop. Unha vez rematada esta visita, ambas d\u00faas entidades mantiveron unha <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/espazocoop\/el-concello-de-santiago-y-espazocoop-fortalecen-el-cooperativismo-en-su-ano-clave\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":45486,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[1,19],"tags":[],"class_list":["post-45521","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-espazocoop","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/IMG_0712.jpeg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-bQd","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/45521","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=45521"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/45521\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":45522,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/45521\/revisions\/45522"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/45486"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=45521"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=45521"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=45521"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}