{"id":42656,"date":"2024-07-10T12:21:22","date_gmt":"2024-07-10T10:21:22","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=42656"},"modified":"2024-07-10T12:35:31","modified_gmt":"2024-07-10T10:35:31","slug":"tres-socias-de-espazocoop-reconecidas-nos-premios-do-dia-do-cooperativismo-galego-2024","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/tres-socias-de-espazocoop-reconecidas-nos-premios-do-dia-do-cooperativismo-galego-2024\/","title":{"rendered":"Tres socias de EspazoCoop, reconocidas en los Premios del D\u00eda del Cooperativismo Gallego 2024"},"content":{"rendered":"<h1><span style=\"color: #34b7c4;\"><strong>Tres socias de EspazoCoop, reco\u00f1ecidas nos Premios do D\u00eda do Cooperativismo Galego 2024<\/strong><\/span><\/h1>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Tres socias de EspazoCoop, reco\u00f1ecidas nos Premios do D\u00eda do Cooperativismo Galego 2024.<\/strong><\/p>\n<p><strong>A Morada Nosa, S. Coop. Galega, \u00c1rbore Consumo Consciente S. Coop. Galega e o Colexio Mendi\u00f1o S. Coop. Galega foron reco\u00f1ecidas nos Premios \u00e1 Cooperaci\u00f3n 2024 que se entregar\u00e1n o s\u00e1bado 6 de xullo na celebraci\u00f3n polo D\u00eda do Cooperativismo.<\/strong><\/p>\n<p>Os Premios \u00e1 Cooperaci\u00f3n 2024, reco\u00f1eceron a d\u00faas cooperativas socias de EspazoCoop, A Morada Nosa, S. Coop. Galega e \u00c1rbore Consumo Consciente S. Coop. Galega, cos galard\u00f3ns de Premio ao mellor proxecto cooperativo novo e Premio aos valores cooperativos, respectivamente, ademais dun centro escolar asociado \u00e1 Uni\u00f3n, o Colexio cooperativo Mendi\u00f1o, cun Accesit na modalidade: Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formaci\u00f3n profesional e de ensinanzas de r\u00e9xime especial.<\/p>\n<h2><strong>A Morada S. Coop. Galega, un espazo de encontro, un lugar de lecer, asesoramento, formaci\u00f3n e moito m\u00e1is para mulleres<\/strong><\/h2>\n<p><a href=\"https:\/\/www.amoradacooperativa.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">A Morada<\/a> S. Coop. Galega, galardoada co <strong>Premio ao mellor proxecto cooperativo novo<\/strong>, \u00e9 unha cooperativa sen \u00e1nimo de lucro no eido social en Vigo, ofrecen \u00e1s mulleres un espazo de encontro, un lugar de lecer, asesoramento e formaci\u00f3n, conectado coa comunidade e onde os coidados est\u00e1n no centro. Te\u00f1en unha ampla oferta de obradoiros de todo tipo, dende baile galego a ioga, de periodicidade regular ademais de outras propostas puntuais que ofertan ao longo do ano, como escrita creativa, sexualidade, autoetnograf\u00eda, moda reciclada ou bordado feminista. Tratan de dar cabida a unha ampla oferta de propostas que responden a diferentes necesidades do seu p\u00fablico, especialmente das s\u00faas veci\u00f1as. Pero tam\u00e9n buscan\u00a0 promover actividades innovadoras ou pouco habituais que abran outras maneiras de estar na vida.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-42536 alignleft\" src=\"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/ROSMONAS-A-Morada-300x212.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"212\" srcset=\"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/ROSMONAS-A-Morada-80x57.jpg 80w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/ROSMONAS-A-Morada-200x141.jpg 200w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/ROSMONAS-A-Morada-300x212.jpg 300w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/ROSMONAS-A-Morada-400x283.jpg 400w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/ROSMONAS-A-Morada-600x424.jpg 600w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/ROSMONAS-A-Morada-669x473.jpg 669w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/ROSMONAS-A-Morada-700x494.jpg 700w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/ROSMONAS-A-Morada-800x565.jpg 800w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/ROSMONAS-A-Morada-1200x848.jpg 1200w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/ROSMONAS-A-Morada-1536x1085.jpg 1536w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/ROSMONAS-A-Morada.jpg 1812w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p>Tam\u00e9n organizan eventos, son un espazo aberto \u00e1s propostas de mulleres e colectivos que realizan proxectos culturais e art\u00edsticos de diferente \u00edndole, prestando especial atenci\u00f3n aos que est\u00e1n empezando e aos colectivos con menos posibilidades de visibilizaci\u00f3n. Conciben os coidados e o benestar social como algo colectivo. As\u00ed van medrando os Patios de veci\u00f1as, espazos onde tecer v\u00ednculos onde se partillar experiencias com\u00fans, preocupaci\u00f3ns, so\u00f1os e vida, constru\u00edndo v\u00ednculos poderosos que son semente de futuro.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Desde A Morada salientan que elixiron o cooperativismo \u201cporque \u00e9 a f\u00f3rmula que mais se adapta \u00e1 nosa forma de ver o mundo: establece relaci\u00f3ns horizontais, onde o principal somos as persoas e onde podemos darlle espazo e tempo aos coidados e a xesti\u00f3n emocional. Podemos establecer as condici\u00f3ns de traballo id\u00f3neas para o noso desenvolvemento persoal e para a rede de mulleres que est\u00e1n a formar parte deste patio de veci\u00f1as\u201d.<\/p>\n<h2><strong>\u00c1rbore Consumo Consciente S. Coop. Galega, m\u00e1is de vinte anos ofrecendo alimentos e produtos de calidade<\/strong><\/h2>\n<p><a href=\"https:\/\/arbore.gal\/es\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">\u00c1rbore Consumo Consciente<\/a> S. Coop. Galega foi reco\u00f1ecida co <strong>Premio aos valores cooperativos<\/strong>. Tr\u00e1tase dunha cooperativa de consumo con sede na r\u00faa L\u00f3pez Mora, 30 (Vigo), na s\u00faa tenda tanto as socias coma o p\u00fablico en xeral poden atopar produto fresco, ecol\u00f3xico e de tempada (preferentemente froitas e verduras de orixe local), a granel (alimentos e tam\u00e9n produtos de limpeza e hixiene), e de comercio xusto.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\"wp-image-42560 size-medium alignright\" src=\"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/447472004_122174052140076550_2060147996360005665_n-300x300.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/447472004_122174052140076550_2060147996360005665_n-80x80.jpg 80w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/447472004_122174052140076550_2060147996360005665_n-200x200.jpg 200w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/447472004_122174052140076550_2060147996360005665_n-300x300.jpg 300w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/447472004_122174052140076550_2060147996360005665_n-400x400.jpg 400w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/447472004_122174052140076550_2060147996360005665_n-600x600.jpg 600w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/447472004_122174052140076550_2060147996360005665_n-669x669.jpg 669w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/447472004_122174052140076550_2060147996360005665_n-700x700.jpg 700w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/447472004_122174052140076550_2060147996360005665_n-800x800.jpg 800w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/447472004_122174052140076550_2060147996360005665_n.jpg 1080w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p>Mais \u00c1rbore \u201c\u00e9 m\u00e1is ca unha tenda e queremos que a xente a vexa as\u00ed. Estamos integradas na vida do barrio e sempre buscamos usar o noso local social para traballar dende o colectivo. Os retos de cara ao futuro te\u00f1en que ver principalmente con seguir distingu\u00edndonos daqueles que s\u00f3 practican greenwashing e non te\u00f1en asumidos estes principios de po\u00f1er a vida no centro a trav\u00e9s do consumo responsable e a soberan\u00eda alimentaria. Para conseguilo estamos traballando na posta en marcha dunha tenda en li\u00f1a cun servizo de entrega, para poder ofrecer tam\u00e9n os nosos produtos a veci\u00f1as doutros barrios de Vigo\u201d, sinalan desde a cooperativa.<\/p>\n<p>Entre os valores que practican est\u00e1n os principios da econom\u00eda social e solidaria: a equidade, o compromiso coa contorna, as condici\u00f3ns de traballo dignas, a cooperaci\u00f3n, a sustentabilidade ecol\u00f3xica e a repartici\u00f3n xusta da riqueza. Estes principios tam\u00e9n son moi compatibles coa f\u00f3rmula cooperativa. Ademais, preocup\u00e1nse polos dereitos dos animais e te\u00f1en moitos produtos aptos para persoas vexetarianas e veganas e, na tenda, s\u00f3 se atopan produtos de orixe animal que non implican o seu sacrificio (mel, ovos, l\u00e1cteos\u2026).<\/p>\n<h2><strong>Proxecto SalingDog do Colexio Mendi\u00f1o S. Coop. Galega, unha soluci\u00f3n de econom\u00eda circular<\/strong><\/h2>\n<p>O <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/ColexioMendinoVigo\/?locale=es_ES\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Colexio cooperativo Mendi\u00f1o<\/a> foi distinguido cun <strong>Acc\u00e9sit na modalidade Proxectos empresariais cooperativos<\/strong>, dirixida ao alumnado dos centros de formaci\u00f3n profesional e de ensinanzas de r\u00e9xime especial polo seu proxecto SalingDog, unha soluci\u00f3n de econom\u00eda circular dando unha segunda vida \u00e1s velas de spinnaker, fabricando artesanalmente traxes caninos pregables. Estes impermeables pres\u00e9ntanse nunha ampla gama de cores vibrantes; son duradeiros, antif\u00fangicos e resistentes aos raios uva; forrados de tea de neopreno para ofrecer confort.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" class=\" wp-image-42544 alignright\" src=\"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/SailingDog-300x300.jpg\" alt=\"\" width=\"205\" height=\"205\" srcset=\"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/SailingDog-80x80.jpg 80w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/SailingDog-200x200.jpg 200w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/SailingDog-300x300.jpg 300w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/SailingDog-400x400.jpg 400w, https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/SailingDog.jpg 550w\" sizes=\"(max-width: 205px) 100vw, 205px\" \/><\/p>\n<p>No estado existe unha longa tradici\u00f3n na pr\u00e1ctica do deporte n\u00e1utico de vela de competici\u00f3n. Actualmente, en Espa\u00f1a compiten aproximadamente 13.000 veleiros que xeran un residuo anual de 64.000 velas. Os compo\u00f1entes das mesmas son micropl\u00e1sticos cuxa incineraci\u00f3n provoca graves danos ao noso planeta, xa que as velas de carbono e kevlar non arden nin se desintegran e acaban almacenadas en veler\u00edas, clubs n\u00e1uticos ou vertedoiros municipais. A isto eng\u00e1dese que a industria t\u00e9xtil das mascotas non \u00e9 sostible porque utiliza micropl\u00e1sticos e principalmente, fabr\u00edcase en China.<\/p>\n<p>En SailingDog est\u00e1n comprometidos coa produci\u00f3n e o consumo responsable porque reutilizan velas\u00a0 en desuso d\u00e1ndolles unha segunda vida. \u201cPromovemos a acci\u00f3n polo clima, a sa\u00fade e o benestar porque contribu\u00edmos a reducir o CO2 que xera a incineraci\u00f3n das velas e a pegada de carbono que deixa a industria t\u00e9xtil canina, mellorando o aire que respiramos, fomentamos a econom\u00eda circular, contribu\u00edndo as\u00ed a crear cidades e comunidades sostibles e apostamos polo traballo decente e crecemento econ\u00f3mico porque estamos comprometidos co traballo artesanal e digno\u201d explican as persoas integrantes do proxecto.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tres socias de EspazoCoop, reco\u00f1ecidas nos Premios do D\u00eda do Cooperativismo Galego 2024 &nbsp; &nbsp; &nbsp; &nbsp; Tres socias de EspazoCoop, reco\u00f1ecidas nos Premios do D\u00eda do Cooperativismo Galego 2024. A Morada Nosa, S. Coop. Galega, \u00c1rbore Consumo Consciente S. Coop. Galega e o Colexio <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/tres-socias-de-espazocoop-reconecidas-nos-premios-do-dia-do-cooperativismo-galego-2024\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":42558,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[19],"tags":[],"class_list":["post-42656","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/EVENTO-A-Morada-1.jpeg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-b60","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/42656","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=42656"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/42656\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":42660,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/42656\/revisions\/42660"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/42558"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=42656"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=42656"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=42656"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}