{"id":42589,"date":"2024-07-05T13:34:22","date_gmt":"2024-07-05T11:34:22","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=42589"},"modified":"2024-07-05T13:34:22","modified_gmt":"2024-07-05T11:34:22","slug":"bienvenida-a-las-nuevas-socias-de-espazocoop-llegadas-en-2023","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/bienvenida-a-las-nuevas-socias-de-espazocoop-llegadas-en-2023\/","title":{"rendered":"Bienvenida a las nuevas socias de EspazoCoop llegadas en 2023"},"content":{"rendered":"<h1><strong>Benvida \u00e1s novas socias de EspazoCoop chegadas no 2023<\/strong><\/h1>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Nos \u00faltimos 5 anos EspazoCoop medrou en preto dun 60% en n\u00famero de socias ata chegar na actualidade a un total de 265 socias, o que converte \u00e1 Uni\u00f3n nun dos axentes representativos m\u00e1is importantes do cooperativismo en Galicia. Desde EspazoCoop queremos dar a benvida \u00e1s novas socias que acheg\u00e1ronse \u00e1 Uni\u00f3n no ano 2023.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<div class=\"video-shortcode\"><span class=\"embed-youtube\" style=\"text-align:center; display: block;\"><iframe class=\"youtube-player\" width=\"1100\" height=\"619\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/I0S-IRl43pE?version=3&#038;rel=1&#038;showsearch=0&#038;showinfo=1&#038;iv_load_policy=1&#038;fs=1&#038;hl=es-ES&#038;autohide=2&#038;wmode=transparent\" allowfullscreen=\"true\" style=\"border:0;\" sandbox=\"allow-scripts allow-same-origin allow-popups allow-presentation allow-popups-to-escape-sandbox\"><\/iframe><\/span><\/div>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As novas socias de 2023 pola s\u00faa situaci\u00f3n xeogr\u00e1fica son:<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><strong>A Coru\u00f1a<\/strong><\/h2>\n<hr \/>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Arreda, S. Coop. Galega <\/b>&#8211; Xardiner\u00eda e silvicultura &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Arreda S. Coop. Galega \u00e9 unha empresa enmarcada no sector da silvicultura e xardiner\u00eda, ofrecendo servizos de restauraci\u00f3n, mantemento e coidado de fincas, xard\u00edns e terreos. Disp\u00f3n dun equipo formado e especializado en labores como a tala, poda, rozas manuais ou mec\u00e1nicas, aplicaci\u00f3ns biocidas, plantaci\u00f3ns, eliminaci\u00f3n de especies invasoras e recuperaci\u00f3n de espazos periurbanos entre outros.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/arreda.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Arreda<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Azul mais verde, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Actividades culturais &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Son unha cooperativa dedicada ao desenvolvemento de proxectos e servizos culturais vinculados aos contextos, \u00e1s comunidades e as s\u00faas especificidades. Promoven un enriquecemento cultural que apoie ao benestar e \u00e1 cohesi\u00f3n social con un impacto en positivo. Ded\u00edcanse \u00e1 cultura polo seu potencial para fortalecer as comunidades, fomentar a participaci\u00f3n activa, a inclusi\u00f3n e o empoderamento das persoas.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/www.azulmaisverde.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Azul mais verde<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Boaonda, S. Coop. Galega <\/b>&#8211; Turismo alternativo &#8211; Cooperativa xuvenil<\/p>\n<p>Boaonda \u00e9 unha cooperativa de recent creaci\u00f3n adicada ao Ecoturismo Rexenerativo e Sostible, crendo nunha forma diferente de comunicarse e co\u00f1ecer a contorna, sendo respetusos con ela.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"&#109;&#x61;&#105;&#x6c;&#116;&#x6f;:&#x62;o&#97;&#x6f;&#110;&#x64;&#97;&#x2e;c&#x6f;o&#112;&#x40;&#103;&#x6d;&#97;&#x69;&#108;&#x2e;c&#x6f;m\">Boaonda<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Chanzo a Chanzo, S. Coop.Galega <\/b>&#8211; Servizos sociosanitarios, Casa do Maior &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Cooperativa galega que ofrece un servizo profesional de coidados sociosanitarios tanto a nivel domicilio como en instituci\u00f3ns, centrado nas persoas. A sociedade est\u00e1 fundada por mulleres emprendedoras, con titulaci\u00f3n acad\u00e9mica como T\u00e9cnicas en Atenci\u00f3n a Persoas en Situaci\u00f3n de Dependencia (TAPSD), cunha traxectoria profesional que permite ter unha clara perspectiva cara ao enfoque e desenvolvemento das actuaci\u00f3ns a levar a cabo coas persoas beneficiarias dos servizos.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/chanzoachanzo.com\/es\/chanzo-a-chanzo-servicios-sociosanitarios\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Chanzo a chanzo<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Clios Servizos Documentais, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Servizos documentais &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Cooperativa de traballo asociado que nace da uni\u00f3n de profesionais da xesti\u00f3n da documentaci\u00f3n e da informaci\u00f3n, cunha dilatada experiencia en bibliotecas, arquivos e centros de documentaci\u00f3n. Inspiradas polos valores e principios do cooperativismo, traballan no marco dunha econom\u00eda baseada na primac\u00eda das persoas, o desenvolvemento sostible e a responsabilidade social.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/clioscoop.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Clios<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Enxame, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Consultor\u00eda social &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>\u00c9 unha consultora social comprometida coa mellora da calidade de vida das persoas e o desenvolvemento das comunidades, ofrecendo unha ampla variedade de servizos adaptados as s\u00faas necesidades. Son especialistas no dese\u00f1o, planificaci\u00f3n, implementaci\u00f3n e avaliaci\u00f3n de pol\u00edticas p\u00fablicas, plans e programas sociais, colaborando coas administraci\u00f3ns e cooperando con outras entidades locais.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/www.enxame.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Enxame\u00a0<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Falar a Mare, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Laboratorio de moda &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Impulsan e desenvolven proxectos relacionados coa moda sostible e a econom\u00eda circular no sector t\u00e9xtil. Son un laboratorio de moda: un espazo f\u00edsico e virtual centrado no t\u00e9xtil. Un lugar onde axudan a formarse, investigar, e desenvolver os proxectos doutras persoas, empresas e organizaci\u00f3ns. Dividen a s\u00faa actividade en tres ramas: formaci\u00f3n, asesoramento e lanzadeira.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/falaramare.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Falar a Mare<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Lenda Educativa, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Centro educativo &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Lenda \u00e9 un centro de educaci\u00f3n, de desenvolvemento, de formaci\u00f3n, de coidados, de bo trato, de ocio e de deporte, tam\u00e9n un centro residencial de convivencia circular. O Centro Educativo est\u00e1 sito en Arda\u00f1a, no Concello de Carballo. Ten 3 aulas e est\u00e1 nun entorno completamente rural. A filosof\u00eda e a ruta pedag\u00f3xica c\u00e9ntrase en ofertar o mellor para cada alumna ou alumno. Con pedagox\u00eda activas e emp\u00edricas. Con aprendizaxe consciente.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/lendaeducativa.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Lenda Educativa<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Manchea, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Impresi\u00f3n gr\u00e1fica &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>\u00c9 un taller de artes gr\u00e1ficas creado arredor da impresi\u00f3n con tipos m\u00f3biles. Gran parte do taller est\u00e1 dedicado a prensas e material de imprenta tradicional e gravado, pero tam\u00e9n empregan e traballan outros procedementos como a risograf\u00eda, a serigraf\u00eda ou a cianotipia.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/manchea.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Manchea<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Marma Ideas, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Comunicaci\u00f3n audiovisual &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>\u00c9 unha axencia de contido responsable. Utiliza a comunicaci\u00f3n e o audiovisual como unha ferramenta de transformaci\u00f3n para xerar impacto social positivo. Traballan creando contidos responsables, isto \u00e9, aut\u00e9nticos, rigurosos, creativos e diversos en diferentes formatos, priorizando o audiovisual. Desenvolven toda a estratexia de comunicaci\u00f3n ou forman s\u00f3 unha pequena parte grazas ao traballo con outros equipos creativos de dese\u00f1adores, grafistas, c\u00e1maras, xornalistas, etc.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/www.marmaideas.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Marma Ideas<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Mazari\u00f1as, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Casa do maior &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>\u00c9 unha cooperativa de traballo que xestiona as Casas do Maior das localidades de Cee e Mazaricos. As casas do maior realizan coidados diurnos de persoas maiores.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"&#109;&#97;&#x69;&#x6c;&#116;&#111;&#x3a;&#x63;&#97;&#115;&#x61;&#x73;&#100;&#111;&#x6d;&#x61;&#105;&#111;&#x72;&#x63;&#111;&#115;&#x74;&#x61;&#100;&#97;&#x6d;&#x6f;&#114;&#116;&#x65;&#x73;&#99;&#103;&#x40;&#x67;&#109;&#97;&#x69;&#x6c;&#46;&#99;&#x6f;&#x6d;\">Mazari\u00f1as<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Moira, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Axencia de mercadotecnia consciente &#8211; Cooperativa xuvenil<\/p>\n<p>Moira \u00e9 unha axencia de mercadotecnia consciente que busca humanizar as marcas. Realizan servizos de branding, estratexias de comunicaci\u00f3n, fotograf\u00eda e v\u00eddeo, xesti\u00f3n de redes sociais e creaci\u00f3n web.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/moiracreativa.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Moira<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Nave de Lata, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Xesti\u00f3n cultural &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Un espazo de creaci\u00f3n e laboratorio de ideas, impulsada por persoas cun xa longo percorrido na xesti\u00f3n cultural. Ad\u00edcanse principalmente \u00e1 m\u00fasica ao vivo, mais sempre en di\u00e1logo con outras disciplinas art\u00edsticas, procurando a colaboraci\u00f3n e o intercambio con profesionais doutros \u00e1mbitos que tam\u00e9n entenden a cultura como chave transformadora. Nave de Lata \u00e9 tam\u00e9n a casa de Luneda Produci\u00f3ns, axencia adicada ao booking, a produci\u00f3n e a programaci\u00f3n de eventos musicais.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/www.navedelata.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Nave de Lata<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Navia y Deva, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Tenda de produtos a granel &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Comercio polo mi\u00fado de produtos a granel.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"&#109;&#x61;i&#108;&#x74;o&#58;&#x73;l&#111;&#x77;g&#114;&#x61;n&#115;&#x40;g&#109;&#x61;i&#108;&#x2e;c&#111;&#x6d;\">Navia y Deva<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Organic Fusion, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Tenda de produtos do fogar &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>A cooperativa Organic Fusion ad\u00edcase \u00e1 venda de produtos do fogar e candeas, estando ubicada na cidade da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"mai&#108;&#116;&#111;&#58;&#x6f;&#x72;&#x67;&#x61;&#x6e;&#x69;&#x63;fus&#105;&#111;&#110;&#46;&#105;&#x6e;&#x66;&#x6f;&#x40;&#x67;&#x6d;ail&#46;&#99;&#111;&#109;\">Organic Fusion<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Pardi\u00f1as, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Tenda &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Comercio ao por menor de bebidas, comercio ao por menor por internet, elaboraci\u00f3n e venda de caf\u00e9, t\u00e9 e infusi\u00f3ns, elaboraci\u00f3n e venda de zumes de froitas e hortalizas.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"m&#97;&#x69;&#x6c;&#x74;o&#58;&#112;&#x61;&#x72;d&#105;&#110;&#x61;&#x73;&#46;c&#111;&#x6f;&#x70;&#x40;g&#109;&#x61;&#x69;&#x6c;&#46;&#99;&#111;&#x6d;\">Pardi\u00f1as<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Performa, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Servizos culturais &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Servizos de consultor\u00eda, xesti\u00f3n e comunicaci\u00f3n, especialmente no \u00e1mbito cultural. Plans estrat\u00e9xicos e de xesti\u00f3n, proxectos museol\u00f3xicos e museogr\u00e1ficos,\u00a0 elaboraci\u00f3n, desenvolvemento e produci\u00f3n de contidos, xesti\u00f3n integral de equipamentos culturais, produci\u00f3n de eventos, plans estrat\u00e9xicos de comunicaci\u00f3n, xesti\u00f3n de contidos en redes sociais ou construci\u00f3n de relatos son algunhas das s\u00faas actividades.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/performa.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Performa<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Tako Group, S. Coop. Galega <\/b>&#8211; Publicidade e mercadotecnia . Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>\u00c9 unha Axencia de mercadotecnia dixital, e os seus servizos pretenden fusionar a estratexia dixital coa creaci\u00f3n de contidos audiovisuais innovadores. Buscan que as marcas non s\u00f3 resoen, senon que evolucionen e conecten coa audiencia no mundo dixital. Realizan servizos que abranguen dende potenciar unha presenza impactante en redes sociais ata forxar unha narrativa de marca envolvente, o seu enfoque \u00e9 a adaptabilidade para guiar \u00e1s marcas.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/tako.group\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Tako Group<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Xacias, S. Coop. Galega <\/b>&#8211; Comunicaci\u00f3n &#8211; Cooperativa xuvenil<\/p>\n<p>Esta cooperativa galega de comunicaci\u00f3n est\u00e1 formada grazas \u00e1 alianza de 6 profesionais do \u00e1mbito da comunicaci\u00f3n pol\u00edtica e corporativa e tam\u00e9n do dixital e o dese\u00f1o. Xacias emerxe co obxectivo de que os seus valores persoais estiveran tam\u00e9n no seu traballo. E chegan cunha m\u00e1xima: a importancia de achegar contidos de calidade nun ecosistema dixital hiperpoblado.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/xacias.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Xacias<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Yarama Africa, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Tenda de produtos africanos, e centro para a diversidade cultural &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Entre as s\u00faas actividades est\u00e1 a venda de produtos africanos e interculturais, actividades de promoci\u00f3n e difusi\u00f3n das culturas africanas e afrodescendentes, actividades de difusi\u00f3n e reco\u00f1ecemento da diversidade cultural latente na comunidade, actividades de promoci\u00f3n da igualdade de trato e non discriminaci\u00f3n por motivo de x\u00e9nero e\/ou orixe, actividades de visibilizaci\u00f3n e loita contra diversas formas de exclusi\u00f3n social derivadas dos proxectos migratorios, entre outras.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/yaramaafrica.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Yarama \u00c1frica<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><\/h2>\n<h2><strong>Lugo<\/strong><\/h2>\n<hr \/>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Atoupa, S. Coop. Galega <\/b>&#8211; Consultor\u00eda social &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>En Atoupa buscan, a trav\u00e9s da s\u00faa actividade, xerar co\u00f1ecemento sociol\u00f3xico que contrib\u00faa ao dese\u00f1o e implementaci\u00f3n de pol\u00edticas transformadoras implicando ao conxunto da sociedade. C\u00e9ntranse en seis li\u00f1as de acci\u00f3n de gran importancia para a realidade galega: o envellecemento poboacional e os dereitos sociais das persoas maiores, os fluxos migratorios e a promoci\u00f3n da interculturalidade, a procura da igualdade real e efectiva entre x\u00e9neros, o traballo de coidados e a s\u00faa posta en valor, a precariedade laboral e a dinamizaci\u00f3n do territorio.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/AtoupaCooperativa\/?locale=ms_MY\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Atoupa<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Outon\u00eda, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Educaci\u00f3n social e sustentabilidade rural &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Te\u00f1en como actividade a intervenci\u00f3n comunitaria no medio rural. Empregan as ferramentas que lles proporciona a educaci\u00f3n social para crear intervenci\u00f3ns sociocomunitarias no \u00e1mbito rural. Apostan por crear proxectos e intervenci\u00f3ns educativas en territorios rurais adaptadas \u00e1s necesidades das persoas que o conforman.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/outoniacoop.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Outon\u00eda<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><strong>Ourense<\/strong><\/h2>\n<hr \/>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Xesta Brava, S. Coop. Galega <\/b>&#8211; Ocio e entretemento &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Entre as s\u00faas actividades at\u00f3panse a educaci\u00f3n e formaci\u00f3n ambiental, campamentos e actividades de ocio, tempo libre, cultura e etnograf\u00eda, venda de cactus, plantas e verduras en ecol\u00f3xico e visitas ao espazo de Xesta Brava.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/www.xestabrava.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Xesta Brava<\/a><\/p>\n<h2><\/h2>\n<h2><strong>Pontevedra\u00a0<\/strong><\/h2>\n<hr \/>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Ailuro Cat Caf\u00e9, S. Coop. Galega <\/b>&#8211; Cafeter\u00eda e residencia para gatos &#8211; Cooperativa xuvenil<\/p>\n<p>Ailuro Cat Caf\u00e9 \u00e9 unha cafeter\u00eda na que a clientela poder\u00e1 pasalo rato relaxadamente con gatos mentres toman algo. O aspecto principal de Ailuro Cat Caf\u00e9 \u00e9 o de ser un lugar de residencia para os gatos, en concepto de casa de acollida. Colabora coa ONG Gati\u00f1os da R\u00faa de Vigo, protectora que se fai cargo de proporcionar os gatos, mentres que Ailuro Cat Caf\u00e9 fai intermediaci\u00f3n para a adopci\u00f3n e enc\u00e1rganse do seu benestar e os seus coidados.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/ailurocatcafe.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ailuro Cat Caf\u00e9<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Ancoradoiro, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Cohousing, Vivenda Colaborativa &#8211; Cooperativa de consumo<\/p>\n<p>Ancoradoiro \u00e9 unha iniciativa cidad\u00e1 que constit\u00fae unha cooperativa, que persigue constru\u00edr un centro de atenci\u00f3n para persoas maiores, no que se poida convivir de forma colaborativa. O devandito centro, ser\u00e1 un espazo sobre o cal cada cooperativista ter\u00e1 dereito de uso a cambio dunha achega (herd\u00e1bel e retorn\u00e1bel) ao capital social da cooperativa e no que poder\u00e1 permanecer a perpetuidade, recibindo -se \u00e9 que os chega a necesitar- servizos socio-sanitarios dignos centrados na persoa.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/www.ancoradoiro.org\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Ancoradoiro<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Buenos Muchachos, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Restaurante &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Restaurante de produtos t\u00edpicos arxentinos, principalmente empanadas arxentinas, parrilla e doces. Traballan baixo o nome comercial de \u201cCantina Argentina\u201d no centro hist\u00f3rico de Vigo.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/www.instagram.com\/cantina.argentina\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Buenos Muchachos (Cantina Argentina)<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Cuarzo Verde, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Educaci\u00f3n ambiental &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Realizan educaci\u00f3n ambiental e talleres para unha vida sostible, incluindo o ocio na transici\u00f3n hacia esta vida en harmon\u00eda coa contorna, facendo rutas de sendeirismo na provincia de Pontevedra e nas Illas Atl\u00e1nticas. Entre as s\u00faas actividades at\u00f3panse sendeirismo, talleres e creaci\u00f3n de contidos.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/www.cuarzoverde.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Cuarzo Verde<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Filloti\u00f1as, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Escola infantil &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Filloti\u00f1as \u00e9 un proxecto educativo, unha escola que ofrece aos nenos\/as un ensino de calidade que respete os seus ritmos, necesidades e caracter\u00edsticas persoais.<\/p>\n<p>As sinais de identidade da Escola son: educaci\u00f3n respectuosa, aprendizaxe vivencial e apertura ao contorno<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/www.asfillotinas.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Filloti\u00f1as<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Interpyme, S. Coop. Galega <\/b>&#8211; Asesor\u00eda &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Asesor\u00eda para o \u00e1mbito fiscal, contable e laboral. Desde os seus inicios achegaron un asesoramento personalizado e de proximidade cos seus clientes. Con m\u00e1is de 20 anos de experiencia, interpyme conf\u00f3rmao un equipo de 9 persoas que, con entusiasmo, buscan as mellores soluci\u00f3ns de xesti\u00f3n a cada un dos seus clientes.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/interpyme.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Interpyme<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Luna de Brigantia, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Atenci\u00f3n \u00e1 sa\u00fade das mulleres &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Ofrece actividades competenciais propias das matronas e doutras profesionais sanitarias relacionadas coa sa\u00fade das mulleres e as familias. Realizan atenci\u00f3n \u00e1 maternidade desde a preconcepci\u00f3n ata o posparto e tam\u00e9n o resto da vida sexual e reprodutiva das mulleres, consultas de embarazo a domicilio con opci\u00f3n a resoluci\u00f3n de d\u00fabidas de forma \u00e1xil e r\u00e1pida durante o per\u00edodo de seguimento\u2026 Alg\u00fans destes servizos son prestados dentro do sistema p\u00fablico de sa\u00fade, pero \u00e1s veces cun acceso dif\u00edcil e en consultas curtas.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/lunadebrigantia.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Luna de Brigantia<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Magia en la Manga, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Maxia e espect\u00e1culos &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Magia en la Manga \u00e9 unha compa\u00f1\u00eda especializada en espect\u00e1culos de maxia para todo tipo de eventos. Est\u00e1 formada por varias persoas ilusionistas con anos de experiencia sobre todo tipo de escearios, a s\u00faa prioridade \u00e9 a calidade, a profesionalidade e a versatilidade para facer de cada evento unha ocasi\u00f3n especial para calquera p\u00fablico en toda Galicia. Maxia en eventos privados, maxia para empresas, maxia educativa\u2026<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"https:\/\/magiaenlamanga.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Magia en la Manga<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Outrora, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Consultor\u00eda educativa &#8211; Cooperativa xuvenil<br \/>\nOutrora \u00e9 unha Cooperativa que se comeza a xestar no Baixo Mi\u00f1o, no ano 2021, mediante conversas entre persoas con inquedanzas com\u00fans e formaci\u00f3n nos eixos educativo e social. Falar do que sentimos, do que pensamos e compartir as nosas experiencias, f\u00edxonos reflexionar sobre como ter\u00eda sido para n\u00f3s medrar con liberdade nunha contorna ideal que nos permitise so\u00f1ar cun futuro aqu\u00ed. Agora eses intereses com\u00fans son o seu proxecto de vida como espazo no que experimentar, no que atrevernos a ser, no que acompa\u00f1ar. Queremos ser un lugar seguro, amplo e divertido onde poder desfrutar<i>nos<\/i>!<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Symbiose Xesti\u00f3n Natural, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Xesti\u00f3n forestal &#8211; Cooperativa xuvenil<\/p>\n<p>Realizan actividades de xestion forestal e do medio natural. Os seus servizos de arboricultura e xesti\u00f3n natural pasan por realizar podas en altura, podas de froiteiras, inxertos, desbroces, traballos de xardiner\u00eda e silvicultura en xeral, e tam\u00e9n dese\u00f1an espazos naturais (como bosques comestibles, ou xard\u00edns en azoteas\u2026).<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"mail&#116;&#111;&#58;&#115;&#121;&#109;&#98;&#x69;&#x6f;&#x73;&#x65;&#x78;&#x65;&#x73;&#x74;&#x69;on&#64;g&#109;&#97;&#105;&#108;&#46;&#99;&#111;&#x6d;\">Symbiose<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Talo Xardiner\u00eda, S. Coop. Galega<\/b> &#8211; Servizos de xardiner\u00eda &#8211; Cooperativa de traballo asociado<\/p>\n<p>Talo \u00e9 unha cooperativa de traballo que ofrece servizos de xardiner\u00eda, desbroces e podas.<\/p>\n<p>M\u00e1is info: <a href=\"&#109;&#x61;i&#108;&#x74;o&#58;&#x74;a&#108;&#x6f;x&#97;&#x72;&#100;&#x69;&#x6e;&#101;&#x72;&#x69;&#97;&#x40;g&#109;&#x61;i&#108;&#x2e;c&#111;&#x6d;\">Talo<\/a><\/p>\n<h1><\/h1>\n<h1><strong>Desde EspazoCoop damos a benvida a todas as novas socias cooperativas.<\/strong><\/h1>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Benvida \u00e1s novas socias de EspazoCoop chegadas no 2023 &nbsp; Nos \u00faltimos 5 anos EspazoCoop medrou en preto dun 60% en n\u00famero de socias ata chegar na actualidade a un total de 265 socias, o que converte \u00e1 Uni\u00f3n nun dos axentes representativos m\u00e1is importantes <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/bienvenida-a-las-nuevas-socias-de-espazocoop-llegadas-en-2023\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":42500,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[19],"tags":[],"class_list":["post-42589","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/POST-para-IG16.png","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-b4V","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/42589","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=42589"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/42589\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":42591,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/42589\/revisions\/42591"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/42500"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=42589"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=42589"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=42589"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}