{"id":39923,"date":"2023-12-11T14:44:08","date_gmt":"2023-12-11T13:44:08","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=39923"},"modified":"2023-12-11T14:44:08","modified_gmt":"2023-12-11T13:44:08","slug":"espazo-coop-entrevista-a-elena-rivo-lopez-consejera-de-promocion-de-empleo-e-igualdad-de-la-xunta-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/espazo-coop-entrevista-a-elena-rivo-lopez-consejera-de-promocion-de-empleo-e-igualdad-de-la-xunta-de-galicia\/","title":{"rendered":"Espazo Coop entrevista a Elena Rivo L\u00f3pez, Consejera de Promoci\u00f3n de Empleo e Igualdad de la Xunta de Galicia"},"content":{"rendered":"<h1 style=\"text-align: left;\" align=\"JUSTIFY\">Espazo Coop entrevista a Elena Rivo L\u00f3pez, Consejera de Promoci\u00f3n de Empleo e Igualdad de la Xunta de Galicia<\/h1>\n<p align=\"JUSTIFY\"><strong>Recentemente a s\u00faa Conseller\u00eda anunciou un aumento do investimento en Econom\u00eda Social para o ano 2024, cal \u00e9 o papel deste sector en Galicia?<\/strong><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">A econom\u00eda social ten un papel fundamental para a cohesi\u00f3n social e do territorio, xerando un emprego inclusivo, igualitario e solidario. En 2024 seguiremos apostando por este modelo cun orzamento que experimenta un incremento dun 3% respecto \u00f3 ano anterior. Estamos a falar de case 44 mill\u00f3ns de euros cos que a Xunta de Galicia quere contribu\u00edr \u00e1 difusi\u00f3n das f\u00f3rmulas da econom\u00eda social, \u00e1 creaci\u00f3n e consolidaci\u00f3n de iniciativas e \u00e1 promoci\u00f3n do emprego inclusivo.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><strong>No caso concreto das cooperativas, como son recollidas nestes orzamentos?<\/strong><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Un dos grandes proxectos para Galicia en 2024 ser\u00e1 o dese\u00f1o e aprobaci\u00f3n dunha nova Lei de cooperativas que ter\u00e1 por finalidade flexibilizar e facilitar a creaci\u00f3n de novas entidades e axudar a que as existentes avancen na s\u00faa profesionalizaci\u00f3n e dixitalizaci\u00f3n. Tr\u00e1tase de adaptar o actual marco regulador, que data de 1998, ao novo contexto socioecon\u00f3mico, e de dar o impulso definitivo a este modelo.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><strong>Precisamente unha das reclamaci\u00f3ns que ten o cooperativismo \u00e9 a reforma da Lei. Hai alg\u00fan punto que poda avanzarnos sobre esta Lei?<\/strong><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">A norma estase a dese\u00f1ar a trav\u00e9s dun proceso participativo aberto no seo do Consello Galego de Cooperativas con escoita activa \u00e1s entidades. O Goberno galego pretende dotar \u00e1s cooperativas de ferramentas e m\u00e9todos organizativos para mellorar a s\u00faa xesti\u00f3n diaria. Tam\u00e9n aspira a reforzar a parte social no fomento dos principios de igualdade, conciliaci\u00f3n e responsabilidade social, buscando unha composici\u00f3n equilibrada nos seus \u00f3rganos sociais.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Tr\u00e1tase de estimular a presenza de entidades en todos os sectores de actividade, mediante a simplificaci\u00f3n dos tr\u00e1mites e a dinamizaci\u00f3n dos procesos de toma de decisi\u00f3ns. Tam\u00e9n permitir\u00e1 dixitalizar o Rexistro de cooperativas.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><strong>Respecto a outras comunidades, como se atopa Galicia analizando as cifras da econom\u00eda social?<\/strong><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">A consolidaci\u00f3n da econom\u00eda social en Galicia \u00e9 un fen\u00f3meno imparable. Como Administraci\u00f3n galega comprobamos que cada d\u00eda crece m\u00e1is o interese sobre as diferentes f\u00f3rmulas deste ecosistema que entronca, e moito, coa idiosincrasia, co sentimento de comunidade ou de apego ao territorio que tanto nos caracteriza \u00e1s galegas e galegos. A econom\u00eda social sup\u00f3n o 7% do PIB galego o que se traduce en m\u00e1is de 850 mill\u00f3ns de euros anuais.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">A partir do informe elaborado pola Confederaci\u00f3n Empresarial Espa\u00f1ola da Econom\u00eda Social, p\u00f3dese indicar que Galicia aglutina, xunto con Madrid, Catalu\u00f1a e Navarra, o 70% dos Centros Especiais de Emprego. O mesmo documento sit\u00faa unha vintena de cooperativas galegas entre as m\u00e1is relevantes polo emprego xerado e a facturaci\u00f3n.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><strong>Tam\u00e9n estamos avanzando no dese\u00f1o da nova Estratexia de econom\u00eda social, que aspectos destacar\u00eda desta segunda estratexia con respecto \u00e1 primeira?<\/strong><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Coa nova Estratexia galega da Econom\u00eda Social, co horizonte posto en 2027, estimamos crear uns 3.500 novos postos de traballo e constitu\u00edr 400 novas entidades.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Estamos a elaborar un documento de xeito transversal cos distintos departamentos auton\u00f3micos. Aspiramos a mellorar as competencias das persoas e as capacidades das entidades dentro da econom\u00eda social, para consolidar o seu crecemento continuo en Galicia.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">A nova estratexia apoiar\u00e1 o posicionamento deste modelo nos sectores tecnol\u00f3xico e dixital, verde, industrial e sustentable. O seu dese\u00f1o parte de tres obxectivos estrat\u00e9xicos que fixan a atenci\u00f3n nas persoas (na mellora da s\u00faa capacitaci\u00f3n), nas entidades (para brindarlles m\u00e1is capacidade competitiva) e na gobernanza (traballo en rede das entidades).<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><strong>E centr\u00e1ndonos nas Cooperativas de traballo, cal vai ser o impacto desta estratexia nesta f\u00f3rmula empresarial?<\/strong><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Se falamos do cooperativismo, evidentemente \u00e9 unha das f\u00f3rmulas m\u00e1is representadas na econom\u00eda social galega. Queremos que estean presentes en sectores emerxentes e que sigan a ser exemplo de igualdade e xeradoras de emprego. Queremos impulsar o talento emprendedor na econom\u00eda social e no cooperativismo en particular. E profesionalizar estas actividades.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Co estratexia queremos seguir a impulsar a presenza feminina na econom\u00eda social e facer que este modelo resulte atractivo \u00e1 mocidade.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><strong>Un dos programas m\u00e1is novidosos polo que se apostou na s\u00faa conseller\u00eda \u00e9 o ESMentoring, en que lle parece que est\u00e1 a contribu\u00edr para o sector?<\/strong><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Con esta iniciativa que leva dous anos en marcha estamos a apoiar a consolidaci\u00f3n das cooperativas e doutras entidades de econom\u00eda social en situaci\u00f3n de crise ou cambio nos seus negocios. Apostamos por acci\u00f3ns que impulsen o relevo xeracional e o encontro entre entidades da econom\u00eda social para incentivar a colaboraci\u00f3n e que poidan probar e testar novos produtos e servizos, e mesmo vendelos no estranxeiro.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">O programa busca tecer unha rede colaborativa para que as entidades mentorizadas poidan implantar melloras a partir do co\u00f1ecemento doutras empresas con \u00e9xito e traxectoria ampla nesta f\u00f3rmula empresarial. Tr\u00e1tase, en definitiva, de facilitar un asesoramento \u00fatil para consolidar un modelo de negocio solidario, que crea emprego de calidade e con arraigo no territorio.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><strong>Cales son os retos que debe afrontar Galicia e nos que o cooperativismo pode axudar ou ser panca de cambio?<\/strong><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Ao igual que est\u00e1 ao ocorrer noutros \u00e1mbitos, o cooperativismo debe profesionalizarse e avanzar para adaptarse aos novos modelos econ\u00f3micos e laborais. Parte do cambio, debe comezar pola mellora dos m\u00e9todos organizativos necesarios para optimizar a s\u00faa xesti\u00f3n.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Tam\u00e9n debe reforzarse a parte social, tanto na interacci\u00f3n cos seus socios como no fomento dos principios de igualdade, conciliaci\u00f3n e responsabilidade social. Neste sentido, a Lei de cooperativas incluir\u00e1 propostas para que as entidades te\u00f1an unha composici\u00f3n equilibrada, en termos de x\u00e9nero, nos seus \u00f3rganos sociais ou para que as cooperativas de traballo asociado conformadas s\u00f3 por persoas socias traballadoras poidan e te\u00f1an dereito a rexistrar os seus propios Plans de Igualdade.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><strong>Te\u00f1en xa marcados novas li\u00f1as o programas de axudas para cooperativas para o ano que ven?<\/strong><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">En 2024 seguiremos apostando por este modelo, con actuaci\u00f3ns centradas en tres eixos: a difusi\u00f3n da econom\u00eda social, a creaci\u00f3n e consolidaci\u00f3n de iniciativas dentro deste modelo e a promoci\u00f3n do emprego inclusivo.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Para visibilizar a econom\u00eda social seguiremos traballando coa rede Eusumo e con programas como ES-Pr\u00f3xima, que definir\u00e1 un selo de identidade para estas f\u00f3rmulas en Galicia.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Para consolidar iniciativas e crear emprego de econom\u00eda social, revalidaremos iniciativas como Aprol Econom\u00eda Social, para fomentar a incorporaci\u00f3n de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais; ES-Factory de aceleradoras de emprendemento; ES-Transforma, para recuperar negocios sen relevo xeracional; ou Bono Consolida Econom\u00eda Social, que incide na transformaci\u00f3n dixital e na mellora da eficiencia enerx\u00e9tica das entidades da econom\u00eda social.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">O terceiro bloque avogar\u00e1 pola creaci\u00f3n e mantemento do emprego en empresas de inserci\u00f3n e centros especiais de emprego e pola formaci\u00f3n dual para as persoas con discapacidade intelectual.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><strong>A econom\u00eda social representa m\u00e1is do 7% do PIB galego, que lle queda ao sector para ter unha maior presenza na sociedade.<\/strong><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">\u00c9 fundamental seguir a visibilizar este modelo de cooperaci\u00f3n que se rexe por f\u00f3rmulas de goberno democr\u00e1ticas e participativas, que ten demostrado que pos\u00fae m\u00e1is fortalezas que outro tipo de proxectos para afrontar as crises econ\u00f3micas. A resistencia do cooperativismo acred\u00edtase cunha menor destruci\u00f3n de emprego e pola toma de decisi\u00f3ns colectiva, onde o obxectivo primeiro nunca \u00e9 maximizar os beneficios.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Qu\u00e9dalle seguir crecendo para se consolidar como motor de desenvolvemento econ\u00f3mico sustentable, que crea emprego de calidade, integrador e asentado no territorio. A Xunta de Galicia cre nos seus beneficios e seguir\u00e1 a impulsar a econom\u00eda social no futuro.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Espazo Coop entrevista a Elena Rivo L\u00f3pez, Consejera de Promoci\u00f3n de Empleo e Igualdad de la Xunta de Galicia Recentemente a s\u00faa Conseller\u00eda anunciou un aumento do investimento en Econom\u00eda Social para o ano 2024, cal \u00e9 o papel deste sector en Galicia? A econom\u00eda <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/espazo-coop-entrevista-a-elena-rivo-lopez-consejera-de-promocion-de-empleo-e-igualdad-de-la-xunta-de-galicia\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":39919,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_feature_clip_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2},"jetpack_post_was_ever_published":false},"categories":[19],"tags":[],"class_list":["post-39923","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2023\/11\/23-Elena-Rivo.jpeg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-anV","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/39923","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=39923"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/39923\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":40021,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/39923\/revisions\/40021"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/39919"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=39923"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=39923"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=39923"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}