{"id":39078,"date":"2023-09-07T11:46:13","date_gmt":"2023-09-07T09:46:13","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=39078"},"modified":"2023-09-07T11:46:13","modified_gmt":"2023-09-07T09:46:13","slug":"entrevista-a-ana-olveira-blanco-reelegida-presidenta-de-espazocoop","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/entrevista-a-ana-olveira-blanco-reelegida-presidenta-de-espazocoop\/","title":{"rendered":"Entrevista a Ana Olveira Blanco, reelegida Presidenta de EspazoCoop"},"content":{"rendered":"<h1><b>Entrevista a Ana Olveira Blanco, reelixida Presidenta de EspazoCoop<\/b><\/h1>\n<p><b> \u201c\u00c9 momento de fortalecer a parte interna de EspazoCoop co fin de dotarnos dunha organizaci\u00f3n m\u00e1is forte para afrontar os retos que nos agardan\u201d\u00a0<\/b><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O pasado 4 de xu\u00f1o tivo lugar a asemblea anual de EspazoCoop e nela foi escollido o novo consello reitor que estar\u00e1 presidido de novo por Ana Olveira Blanco. Ser\u00e1n 4 anos nos que continuar\u00e1 realizando un importante labor de defensa do cooperativismo e dos intereses das socias de EspazoCoop.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li aria-level=\"1\"><b>Cales son os obxectivos dos vindeiros 4 anos?<\/b><\/li>\n<\/ul>\n<p>Como sabedes, EspazoCoop como organizaci\u00f3n \u00e9 relativamente nova xa que se constitu\u00edu no ano 2016 mais en realidade comezou a traballar como tal no ano 2017. Desde ese momento os cambios que tiveron lugar no ecosistema de econom\u00eda social galego, estatal e incluso europeo foron moitos, situ\u00e1ndose o cooperativismo na actualidade, no centro de moitas pol\u00edticas p\u00fablicas. EspazoCoop estivo sempre presente e participou de todos estes cambios, alg\u00fans deles incluso linder\u00e1ndoos, o que significou que non se tiveran tempo para o traballo interno.<\/p>\n<p>No novo consello reitor pensamos que \u00e9 momento de fortalecer a parte interna da Uni\u00f3n co fin de dotarnos dunha organizaci\u00f3n m\u00e1is forte para afrontar os retos que nos agardan.<\/p>\n<p>En canto \u00f3s labores de representaci\u00f3n, debemos seguir cami\u00f1ando e consolidando os espazos nos que estamos presentes buscando esa transversabilidade institucional que reflicte a realidade empresarial do cooperativismo galego.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, queremos seguir a ser a voz que defende os intereses do cooperativismo e\u00a0 a transmisi\u00f3n das necesidades das cooperativas en instituci\u00f3n locais, auton\u00f3micas ou estatais. EspazoCoop \u00e9 das socias e polo tanto est\u00e1 ao seu servizo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li aria-level=\"1\"><b>En que pensa que se ten que incidir m\u00e1is desde a Uni\u00f3n?<\/b><\/li>\n<\/ul>\n<p>Precisamos reforzar a participaci\u00f3n das entidades socias, sobre todo das m\u00e1is pequenas pois son estas as que poden ter unha maior dificultade \u00e1 hora de participar na vida org\u00e1nica da entidade.<\/p>\n<p>Nestes catro anos que enfrontamos tam\u00e9n se van a caracterizar por un relevo na presidencia, os nosos estatutos obrigan a non poder repetir nos mesmos cargos no concello reitor durante m\u00e1is de catro anos. O que para outras organizaci\u00f3ns pode significar unha eiba para n\u00f3s \u00e9 unha oportunidade xa que por unha banda incide na corresponsabilidade de todas as socias da uni\u00f3n na s\u00faa direcci\u00f3n; e por outra obriga a eses relevos organizacionais que permiten implementar visi\u00f3ns diferentes que enriquecen e organizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Como xa dixen antes, outra das claves vai ser a consolidaci\u00f3n do posicionamento da organizaci\u00f3n nos diferentes ecosistemas de econom\u00eda social.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li aria-level=\"1\"><b>En que mudou a Uni\u00f3n nos derradeiros 4 anos?<\/b><\/li>\n<\/ul>\n<p>Pois eu dir\u00eda que moito. Foron catro anos cunha intensidade pouco usual e que nos obrigou a ter que dar resposta a retos que nin sequera plantex\u00e1bamos ou formaban parte das planificaci\u00f3ns e axendas.<\/p>\n<p>A mi\u00f1a presidencia de EspazoCoop comeza nun acto internacional, onde Galicia mostra o seu compromiso a nivel europeo co cooperativismo e a econom\u00eda social. Pero aos poucos mesese v\u00e9monos no centro dunha pandemia mundial que mudaba por completo as nosas vidas e, polo tanto, as nosas relaci\u00f3ns de traballo. Tivemos que afrontala buscando dar reposta a todas as necesidades que todas as socias de EspazoCoop necesitaban e as\u00ed o tentamos facer. Foron momentos duros, con incertezas para todas e penso que a Uni\u00f3n foi un respaldo importante para moitas.<\/p>\n<p>Neste tempo conseguimos, por primeira vez, que o cooperativismo estivese presente en todas as medidas de recuperaci\u00f3n, foran estas de \u00e1mbito local, auton\u00f3mico e estatal. E, paralelamente, seguimos acompa\u00f1ando procesos de constituci\u00f3n e consolidaci\u00f3n de cooperativas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li aria-level=\"1\"><b>Como valora a s\u00faa presidencia?<\/b><\/li>\n<\/ul>\n<p>O primeiro que me gustar\u00eda destacar \u00e9 que a\u00ednda que eu son a presidenta de EspazoCoop, como acontece nas cooperativas, a direcci\u00f3n da entidade corresponde a todo o Consello Reitor, eu s\u00f3 son a voz de representaci\u00f3n dun traballo colectivo que se completa coas aportaci\u00f3ns de toda a base social e da equipa t\u00e9cnica que se encarga da execuci\u00f3n das actividades diarias da entidade.<\/p>\n<p>En canto a valoraci\u00f3n destes catro anos eu dir\u00eda que, en xeral, \u00e9 positiva, penso que se fixo un bo papel en momentos moi complicados. Seguramente con erros, faltar\u00eda m\u00e1is, pero s\u00f3 se erran os que fan cousas e penso, sinceiramente, que se fixeron moitas cousas que axudaron a posicionar o cooperativismo e a econom\u00eda social no seu conxunto.<\/p>\n<p>Unha das cousas das que estou m\u00e1is orgullosa e que penso que \u00e9 representativa foi o manifesto de Compostela no que Agaca e n\u00f3s fac\u00edamos unha chamada de atenci\u00f3n \u00e1 sociedade e, en particular, a administraci\u00f3ns e gobernos sobre as reclamaci\u00f3ns do cooperativismo galego. Este acto m\u00e1is al\u00e1 da propia reivindicaci\u00f3ns foi das poucas veces que a maior\u00eda do cooperativismo galego falou coa mesma voz. Fomos quen de mover marcos e de romper inercias de moitos anos. S\u00f3 espero que estas pequenas acci\u00f3ns sexan quen de deixar pouso.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li aria-level=\"1\"><b>Que cami\u00f1o lle queda por percorrer ao cooperativismo en Galicia?<\/b><\/li>\n<\/ul>\n<p>Pois eu dir\u00eda que todo. Creo con sinceridade que os pr\u00f3ximos anos van ser, ou poden ser, tempos de cambio de paradigma econ\u00f3mico e social e o cooperativismo ten que ser palanca para que isto ocorra. Somos entidades que po\u00f1emos no centro \u00e1s persoas, que estamos alineadas co desenvolvento local, social e medioamniental e, polo tanto, contribu\u00edmos a unha sociedade m\u00e1is xusta e igualitaria. Eu dir\u00eda que somos as f\u00f3rmulas empresariais do presente e, sen d\u00fabida, do futuro.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li aria-level=\"1\"><b>Hai m\u00e1is inter\u00e9s agora por montar unha cooperativa?<\/b><\/li>\n<\/ul>\n<p>Penso que se co\u00f1ece cada vez m\u00e1is o modelo e que, sobre todo, se pensa nesta f\u00f3rmula societaria para calquera modelo de negocio.<\/p>\n<p>Pero a\u00ednda nos queda cami\u00f1o que percorrer e obst\u00e1culos que salvar. Este d\u00edas comentando con algunhas cooperativas m\u00e1is veteranas contaban como hai 40 ou 50 anos constitu\u00edr unha cooperativa era pura militancia xa que o proceso de creaci\u00f3n significaba ter que afrontar 2 ou 3 anos de tr\u00e1mites coa adminsitraci\u00f3n. Isto agora xa non \u00e9 as\u00ed pero o noso modelo empresarial segue a contar con algunhas dificultades burocr\u00e1ticas en comparaci\u00f3n con outras f\u00f3rmulas de emprendemento.<\/p>\n<p>Outras das vantaxes do modelo cooperativo \u00e9, como xa dixen antes, que estamos ali\u00f1ados cos novos paradigmas sociais, polo que as persoas emprendedoras nos ven como un gran atractivo cando nos co\u00f1ecen.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li aria-level=\"1\"><b>Cal ten que ser o reto do cooperativismo en Galicia?<\/b><\/li>\n<\/ul>\n<p>Para min son dous: ga\u00f1ar dimensi\u00f3n e acadar a transversabilidade na representaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Somos conscientes de que cada proxecto cooperativo ten a s\u00faa propia idiosincrasia e est\u00e1 ubicado e unido a un territorio concreto e isto \u00e9 unha das nosas sinais de identidade. Mais \u00e9 preciso que podamos afrontar proxectos cunha maior dimensi\u00f3n e para iso precisamos m\u00e1is m\u00fasculo. Ese maior tama\u00f1o pode lograrse aumentando o n\u00famero de persoas socias ou atrav\u00e9s da intercooperaci\u00f3n.<\/p>\n<p>En canto \u00e1 transversabilidade, o cooperativismo est\u00e1 presente en case todos os sectores por iso debemos ser capaces de lograr pol\u00edticas de goberno que fomenten e consoliden o cooperativismo m\u00e1is que as referidas a unha conseller\u00eda en concreto.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li aria-level=\"1\"><b>Desde un punto de vista lexislativo, que reclamaci\u00f3ns ou demandas fai \u00e1s administraci\u00f3ns?<\/b><\/li>\n<\/ul>\n<p>Sen d\u00fabida a actualizaci\u00f3n da lei de cooperativas, precisamos unha ferramenta normativa que nos permita afrontar os retos do s\u00e9culo XXI e isto non se pode facer cunha norma do s\u00e9culo pasado.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li aria-level=\"1\"><b>Como se pode educar no cooperativismo?<\/b><\/li>\n<\/ul>\n<p>Debemos facelo dende o colectivo e non dende o individualismos como se tende na actualidade. Si se educa na axenda 2030 se est\u00e1 a educar en cooperativismo; si se educa en traballo en equipo o mesmo; se educamos nas habilidades socias igualmente. Podemos dicir que as cooperativas somos empresas con principios, si se educa tendo en conta ese principios xa estamos educando en cooperativismo.<\/p>\n<p>No ensino superior (formaci\u00f3n profesional e universidades) ser\u00eda imprescindible, ademais, que a econom\u00eda social e o cooperativismos estivese presente en todos os plans de estudo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li aria-level=\"1\"><b>\u00c1 hora de emprender, cales son as vantaxes do cooperativismo e a econom\u00eda social?<\/b><\/li>\n<\/ul>\n<p>Eu sinalar\u00eda d\u00faas. A primeira que contamos cun ecosistema que favorece o emprendemento, en EspazoCoop acompa\u00f1amos aqueles proxectos que as\u00ed o demandan desde o embri\u00f3n da idea ata que esta se materializa e incluso m\u00e1is al\u00e1.<\/p>\n<p>A segunda que en Galicia contamos cunha serie de pol\u00edticas p\u00fablicas que favorecen a creaci\u00f3n deste modelo empresarial. A primeira estratexia de econom\u00eda social mostrou uns resultados moi interesantes que de seguro tam\u00e9n os acadar\u00e1 a segunda.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entrevista a Ana Olveira Blanco, reelixida Presidenta de EspazoCoop \u201c\u00c9 momento de fortalecer a parte interna de EspazoCoop co fin de dotarnos dunha organizaci\u00f3n m\u00e1is forte para afrontar os retos que nos agardan\u201d\u00a0 &nbsp; O pasado 4 de xu\u00f1o tivo lugar a asemblea anual de <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/entrevista-a-ana-olveira-blanco-reelegida-presidenta-de-espazocoop\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":39079,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[19],"tags":[],"class_list":["post-39078","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2023\/07\/ana-asemblea-2023-.jpg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-aai","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/39078","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=39078"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/39078\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":39081,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/39078\/revisions\/39081"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/39079"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=39078"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=39078"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=39078"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}