{"id":38996,"date":"2023-07-06T16:47:44","date_gmt":"2023-07-06T14:47:44","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=38996"},"modified":"2023-07-06T16:48:17","modified_gmt":"2023-07-06T14:48:17","slug":"cinco-socias-de-espazocoop-reconocidas-en-los-premios-del-dia-del-cooperativismo-gallego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/cinco-socias-de-espazocoop-reconocidas-en-los-premios-del-dia-del-cooperativismo-gallego\/","title":{"rendered":"Cinco socias de EspazoCoop, reconocidas en los Premios del D\u00eda del Cooperativismo Gallego"},"content":{"rendered":"<h1><span style=\"color: #34b7c4;\"><strong>Cinco socias de EspazoCoop, reco\u00f1ecidas nos Premios do D\u00eda do Cooperativismo Galego<\/strong><\/span><\/h1>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>O pasado 1 de xullo celebrouse o D\u00eda do Cooperativismo Galego, no que foron reco\u00f1ecidas Al\u00e9n S. Coop. Galega co Premio aos Valores Cooperativos, Enraizando S. Coop. Galega co Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo, Ferrolana de Profesores de Autoescola, COFEPA S. Coop. Galega co Premio \u00e1 Traxectoria Cooperativa, o Colexio cooperativo Mendi\u00f1o co Acc\u00e9sit da modalidade de Proxectos Empresariais Cooperativos e a Cooperativa de ensino Luis Vives co Acc\u00e9sit da modalidade Actividades Cooperativizadas<\/b><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Este s\u00e1bado tivo lugar na sede da cooperativa Agroflor, a celebraci\u00f3n do D\u00eda do Cooperativismo Galego, unha data que conmemora os valores do cooperativismo e reco\u00f1ece a s\u00faa contribuci\u00f3n a unha econom\u00eda galega sustentable e igualitaria. Este acto foi presidido pola conselleira de Promoci\u00f3n do Emprego e Igualdade, Elena Rivo.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Ademais de conmemorar todo o que cooperativismo representa e a s\u00faa aportaci\u00f3n, nesta data tam\u00e9n entreg\u00e1ronse os Premios \u00e1 Cooperaci\u00f3n 2023, que nesta edici\u00f3n reco\u00f1eceron a tres cooperativas socias de EspazoCoop, Al\u00e9n S. Coop. Galega, Enraizando S. Coop. Galega e Ferrolana de Profesores de Autoescola, COFEPA S. Coop. Galega, ademais de dous centros escolares asociados \u00e1 Uni\u00f3n, o Colexio cooperativo Mendi\u00f1o e a Cooperativa de ensino Luis Vives.<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><span style=\"color: #34b7c4;\"><b>Premio aos Valores Cooperativos &#8211; Al\u00e9n S. Coop. Galega<\/b><\/span><\/h2>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Al\u00e9n S. Coop. Galega foi reco\u00f1ecida co Premio aos Valores Cooperativos. Constitu\u00edda en novembro de 2020, en Al\u00e9n est\u00e1n <strong>especializadas en consultor\u00eda estrat\u00e9xica en sostibilidade<\/strong>, axudando a integrala como vantaxe competitiva nas organizaci\u00f3ns. Achegan soluci\u00f3ns operativas e innovadoras, as mellores pr\u00e1cticas e as ferramentas m\u00e1is eficaces a PEMES, administraci\u00f3n p\u00fablica e outras entidades locais. Os valores que rexen en Al\u00e9n son:<\/span><\/p>\n<ul>\n<li style=\"font-weight: 400;\" aria-level=\"1\"><span style=\"font-weight: 400;\">Ambici\u00f3n, entendida como aspiraci\u00f3n a emprender con prop\u00f3sito: cambiar o paradigma de crecemento econ\u00f3mico polo modelo de desenvolvemento sostible compartido.<\/span><\/li>\n<li style=\"font-weight: 400;\" aria-level=\"1\"><span style=\"font-weight: 400;\">Resiliencia e vontade, adaptaci\u00f3n ao contexto e as necesidades dos grupos de interese para atopar oportunidades onde a contribuci\u00f3n ao desenvolvemento sostible e o \u00e9xito do negocio retroalim\u00e9ntanse.<\/span><\/li>\n<li style=\"font-weight: 400;\" aria-level=\"1\"><span style=\"font-weight: 400;\">Personalizaci\u00f3n, cun enfoque de consultar\u00eda \u00abartes\u00e1\u00bb ou boutique, onde non se forzan as soluci\u00f3ns \u00e1 clientela, sen\u00f3n que se desenvolven soluci\u00f3ns a medida baseadas no co\u00f1ecemento e experiencia.<\/span><\/li>\n<li style=\"font-weight: 400;\" aria-level=\"1\"><span style=\"font-weight: 400;\">Compromiso e corresponsabilidade, dentro e f\u00f3ra de Al\u00e9n.<\/span><\/li>\n<li style=\"font-weight: 400;\" aria-level=\"1\"><span style=\"font-weight: 400;\">Diversi\u00f3n e creatividade. Sen deixar de cultivar a curiosidade porque os desaf\u00edos de hoxe necesitan de imaxinaci\u00f3n e motivaci\u00f3n.<\/span><\/li>\n<\/ul>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Para Al\u00e9n \u00e9 importante o que fan e como o fan, e como cooperativa especializada en sostibilidade fan todos os esforzos para non s\u00f3 dar resposta \u00e1s necesidades da clientela, sen\u00f3n que no propio dese\u00f1o e execuci\u00f3n dos proxectos se integre esa visi\u00f3n: po\u00f1er as persoas no centro, escoitar e dar voz aos grupos de interese, buscar o impacto local en termos de sostibilidade social, ambiental e econ\u00f3mica. O fan desde o coraz\u00f3n, porque \u00e9 o que de forma natural est\u00e1 en li\u00f1a coa s\u00faa visi\u00f3n do que \u00e9 a sostibilidade e do seu proxecto vital, pero tam\u00e9n desde a raz\u00f3n, aportando rigor, capacidade anal\u00edtica e impacto dende o dese\u00f1o.\u00a0<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><span style=\"color: #34b7c4;\"><b>Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo &#8211; Enraizando S. Coop. Galega<\/b><\/span><\/h2>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Enraizando S. Coop. Galega reicibiu o Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo. Esta cooperativa estivo e estar\u00e1 sempre <strong>focalizada a procesos de sa\u00fade mental e\u00a0<\/strong><\/span><span style=\"font-weight: 400;\"><strong>benestar das persoas<\/strong> e grupos. Ao comezar a vivir en Ribeira, comprobaron que os recursos cos que contan as persoas con sufrimento ps\u00edquico son escasos e non accesibles <\/span><span style=\"font-weight: 400;\">economicamente para toda a poboaci\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">As\u00ed naceu ou proxecto do Equipo de Apoio Social e Comunitario (EASC), un proxecto acorde aos seus ideais, onde pon non centro as persoas e non a outros intereses ou alianzas. O EASC ofrece atenci\u00f3n psicosocial e acompa\u00f1amento terap\u00e9utico de xeito gratu\u00edto na contorna das persoas (domicilio e espazos da comunidade d\u00e1s persoas) en calquera etapa do seu ciclo vital e normalmente en momentos de vulnerabilidade, traballando en rede e en equipo. Na actualidade o servizo \u00e9 desenvolto no concello de Pobra do Carami\u00f1al, grazas ao financiamento de dito concello. Durante un ano foi levado a cabo no concello de Ribeira a trav\u00e9s do fondos europeos e tam\u00e9n uns meses non concello do Rianxo.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Os obxectivos de Enraizando actualmente pasan por darlle continuidade e estabilidade ao\u00a0<\/span><span style=\"font-weight: 400;\">servizo que te\u00f1en en marcha xunto a mellorar a atenci\u00f3n que ofrecemos. E pola outra banda, comezar a materializar outros proxectos que te\u00f1en estruturados e traballados relacionados coa arte e sa\u00fade, e coa formaci\u00f3n na sa\u00fade mental a profesionais, entidades, cidadan\u00eda&#8230;<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><span style=\"color: #34b7c4;\"><b>Premio \u00e1 Traxectoria Cooperativa &#8211; Ferrolana de Profesores de Autoescola, COFEPA S. Coop. Galega<\/b><\/span><\/h2>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Ferrolana de Profesores de Autoescola, COFEPA S. Coop. Galega recibiu o Premio \u00e1 Traxectoria Cooperativa. A primeira cooperativa de traballo asociado en Espa\u00f1a foi creada nos anos 70, en tempos de Franco, o que non foi nada sinxelo. Por unha banda, abrir unha autoescola foi complicado xa que a patronal por aquela \u00e9poca controlaba as aperturas impedindo practicamente a obtenci\u00f3n do t\u00edtulo de direcci\u00f3n aos que non fosen membros da mesma e era imprescindible para unha nova apertura.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Inicialmente foron 12 profesores de Autoescola que estaban a traballar noutras\u00a0<\/span><span style=\"font-weight: 400;\">empresas que se xuntaron con 3 socios (ficticios) para poder constitu\u00edr a cooperativa, <\/span><span style=\"font-weight: 400;\">posto que os estatutos esix\u00edan un n\u00famero m\u00ednimo de 15 socios. Para poder orquestrar\u00a0<\/span><span style=\"font-weight: 400;\">todo, t\u00ed\u00f1anse que reunir mediante xuntanzas clandestinas xa que naquela \u00e9poca non se pod\u00edan organizar reuni\u00f3ns de m\u00e1is de 5 persoas. A Cooperativa empezouse a xestar no ano 1972 e non apareceu de maneira oficial no BOE ata o ano 1974 e ata o ano 1977 non se puido exercer a actividade, que foi nese ano cando a Cooperativa absorbeu a Autoescola a Moderna (1964).<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Estes 12 profesores \u201casalariados\u201d de diferentes Autoescolas de Ferrolterra, decidiron, debido sobre todo as s\u00faas precarias e inxustas condicions laborais, agruparse baixo o abrigo do cooperativismo, en busca dun traballo e un salario digno. <strong>Elixiron o cooperativismo porque era algo novidoso no momento e d\u00e9ronse conta que os valores que ti\u00f1an as sociedades cooperativas iban na li\u00f1a dos pensamentos daqueles profesores<\/strong>, que co seu apoio e esforzo mutuo poder\u00edan darlle resoluci\u00f3n os problemas com\u00fans que ti\u00f1an como traballadores asalariados.<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><span style=\"color: #34b7c4;\"><b>Certame Cooperativismo no ensino &#8211; Colexio cooperativo Mendi\u00f1o e Cooperativa de ensino Luis Vives<\/b><\/span><\/h2>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O Colexio cooperativo Mendi\u00f1o foi reco\u00f1ecido co Acc\u00e9sit da modalidade de Proxectos Empresariais Cooperativos polo seu <strong>proxecto de emprendemento Sail2day<\/strong>, mentres que a Cooperativa de ensino Luis Vives recibiu o Acc\u00e9sit da modalidade <strong>Actividades Cooperativizadas polo seu proxecto Vivir do Conto.<\/strong><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\"><strong>Sail2day<\/strong> est\u00e1 centrado no outlet de produtos do sector naval e pesqueiro reacondicionados e de segunda man a prezos reducidos, a\u00ednda que contan con pezas de primeira man, permitindo aos axentes do sector axilizar as relaci\u00f3ns comerciais, dixitalizar o sector e darlle valor comercial a equipamentos e maquinaria almacenados como chatarra que actualmente ten un valor entre 50.000 \u20ac e 1.000.000 \u20ac; e o valor que aportan a quen compra \u00e9 adquirir equipamentos, maquinaria e repostos a prezos m\u00e1is reducidos, acurtar os prazos de recepci\u00f3n de repostos e diminu\u00edr os prazos de reparaci\u00f3n dos buques. Por \u00faltimo, afianzamos o compromiso do sector coa diminuci\u00f3n da pegada de carbono e extracci\u00f3n de ferro.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O proxecto xurdiu da presentaci\u00f3n de Paola Bar, docente do centro, dos retos do sector naval e pesqueiro de Vigo as\u00ed como dos obxectivos de desenvolvemento sostible que desperta o interese no equipo promotor vinculado co sector por lazos familiares o afici\u00f3ns n\u00e1uticas. O obxectivo agora \u00e9 buscar compromiso e financiamento a trav\u00e9s dunha rede de contactos de amardores e talleres navais.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Pola s\u00faa banda, <strong>Vivir do Conto<\/strong> \u00e9 un proxecto que consiste na creaci\u00f3n de c\u00f3digos QR por parte de alumnado de 2\u00ba ESO, no que van inmersos audio-contos coas voces de alumnado e familiares de alumnado doutros cursos do centro. Posteriormente ofertouse ao CHUO (Hospital Universitario de Ourense) a opci\u00f3n de compartir esta iniciativa, de tal xeito que nas salas de espera e mesitas das habitaci\u00f3ns da planta infanto-xuvenil conten con este sinxelo sistema que facilita que os familiares dos nenos-as hospitalizados sempre te\u00f1an esta opci\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">\u00c9 f\u00e1cil ter un conto en papel ou a posibilidade de audio contos ou contos en dixital; pero non \u00e9 tanto que nenos-as pequenos que desexan que algu\u00e9n lles conte un conto antes de durmir o escoite de voces de nenos-as ou familiares, facilitando o descanso aos seus propios familiares. O CHUO facilitar\u00e1 que o proxecto sexa levado \u00e1 realidade o antes posible e incluso adiantaron a opci\u00f3n de poder levalo a cabo nos centros de sa\u00fade da provincia.<\/span><\/p>\n<p class=\"jetpack-slideshow-noscript robots-nocontent\">El pase de diapositivas requiere JavaScript.<\/p><div id=\"gallery-38996-1-slideshow\" class=\"jetpack-slideshow-window jetpack-slideshow jetpack-slideshow-black\" data-trans=\"fade\" data-autostart=\"1\" data-gallery=\"[{&quot;src&quot;:&quot;https:\\\/\\\/espazo.coop\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/07\\\/COFEPA-2.jpg&quot;,&quot;id&quot;:&quot;38986&quot;,&quot;title&quot;:&quot;COFEPA 2&quot;,&quot;alt&quot;:&quot;&quot;,&quot;caption&quot;:&quot;&quot;,&quot;itemprop&quot;:&quot;image&quot;},{&quot;src&quot;:&quot;https:\\\/\\\/espazo.coop\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/07\\\/COFEPA.jpg&quot;,&quot;id&quot;:&quot;38988&quot;,&quot;title&quot;:&quot;COFEPA&quot;,&quot;alt&quot;:&quot;&quot;,&quot;caption&quot;:&quot;&quot;,&quot;itemprop&quot;:&quot;image&quot;},{&quot;src&quot;:&quot;https:\\\/\\\/espazo.coop\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/07\\\/Enraizando.jpg&quot;,&quot;id&quot;:&quot;38990&quot;,&quot;title&quot;:&quot;Enraizando&quot;,&quot;alt&quot;:&quot;&quot;,&quot;caption&quot;:&quot;&quot;,&quot;itemprop&quot;:&quot;image&quot;},{&quot;src&quot;:&quot;https:\\\/\\\/espazo.coop\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/07\\\/Alen.jpg&quot;,&quot;id&quot;:&quot;38982&quot;,&quot;title&quot;:&quot;Al\\u00e9n&quot;,&quot;alt&quot;:&quot;&quot;,&quot;caption&quot;:&quot;&quot;,&quot;itemprop&quot;:&quot;image&quot;},{&quot;src&quot;:&quot;https:\\\/\\\/espazo.coop\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/07\\\/Mendino.jpg&quot;,&quot;id&quot;:&quot;38992&quot;,&quot;title&quot;:&quot;Mendi\\u00f1o&quot;,&quot;alt&quot;:&quot;&quot;,&quot;caption&quot;:&quot;&quot;,&quot;itemprop&quot;:&quot;image&quot;},{&quot;src&quot;:&quot;https:\\\/\\\/espazo.coop\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/07\\\/Foto-familia.jpg&quot;,&quot;id&quot;:&quot;38984&quot;,&quot;title&quot;:&quot;Foto familia&quot;,&quot;alt&quot;:&quot;&quot;,&quot;caption&quot;:&quot;&quot;,&quot;itemprop&quot;:&quot;image&quot;}]\" itemscope itemtype=\"https:\/\/schema.org\/ImageGallery\"><\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cinco socias de EspazoCoop, reco\u00f1ecidas nos Premios do D\u00eda do Cooperativismo Galego &nbsp; O pasado 1 de xullo celebrouse o D\u00eda do Cooperativismo Galego, no que foron reco\u00f1ecidas Al\u00e9n S. Coop. Galega co Premio aos Valores Cooperativos, Enraizando S. Coop. Galega co Premio ao Mellor <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/cinco-socias-de-espazocoop-reconocidas-en-los-premios-del-dia-del-cooperativismo-gallego\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":38984,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[19],"tags":[],"class_list":["post-38996","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2023\/07\/Foto-familia.jpg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-a8Y","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38996","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=38996"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38996\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":38997,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38996\/revisions\/38997"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/38984"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=38996"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=38996"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=38996"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}