{"id":38585,"date":"2023-05-26T11:05:08","date_gmt":"2023-05-26T09:05:08","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=38585"},"modified":"2023-05-26T11:06:14","modified_gmt":"2023-05-26T09:06:14","slug":"mulleres-e-cooperativismo-conversa-cunha-socia-de-andaina-e-unha-socia-de-aventeira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/mulleres-e-cooperativismo-conversa-cunha-socia-de-andaina-e-unha-socia-de-aventeira\/","title":{"rendered":"Mulleres e Cooperativismo, conversa cunha socia de Andaina e unha socia de Aventeira"},"content":{"rendered":"<h1>Mulleres e Cooperativismo, conversa cunha socia de Andaina e unha socia de Aventeira<\/h1>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>O cooperativismo \u00e9 unha f\u00f3rmula empresarial que ten a igualdade entre mulleres e homes como un dos seus principios, mais, mudou nos \u00faltimos anos a situaci\u00f3n das mulleres nas cooperativas? Aumentou o seu peso nos consellos reitores? Para facer unha retrospectiva da evoluci\u00f3n da igualdade no cooperativismo falamos con Miren Alonso, socia da cooperativa Aventeira, creada en 2018, e Elisa N\u00fa\u00f1ez, socia da cooperativa Andaina, constitu\u00edda en 1987.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Andaina \u00e9 unha cooperativa de ensino<\/strong> que se creou no ano 1987 para xestionar unha escola infantil municipal na Coru\u00f1a. No ano 2000 decidiuse ampliar o proxecto coa construci\u00f3n dun Colexio de educaci\u00f3n infantil, primaria e secundaria no Concello de Culleredo. Na actualidade o centro disp\u00f3n de d\u00faas aulas por cada nivel educativo e chegar\u00e1 a acadar en breve os 690 alumnos e alumnas. A s\u00faa misi\u00f3n \u00e9 a educaci\u00f3n e formaci\u00f3n das persoas en todos os \u00e1mbitos da vida, acompa\u00f1\u00e1ndoas na s\u00faa aprendizaxe para ser cidad\u00e1ns e cidad\u00e1s comprometidas e responsables. O seu alumnado foi reco\u00f1ecido en varias ocasi\u00f3ns nos Premios do D\u00eda do Cooperativismo.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, <strong>Aventeira \u00e9 unha cooperativa de educaci\u00f3n non formal e tempo libre<\/strong> creada en 2018. As s\u00faas actividades van dende o traballo con infancia e mocidade en centros educativos e asociaci\u00f3ns nos eidos do x\u00e9nero, mediaci\u00f3n de conflitos, medio ambiente, cooperativismo ou xesti\u00f3n emocional; ata a xesti\u00f3n e dinamizaci\u00f3n de instalaci\u00f3ns que contan con espazos educativos, campamentos, rutas e actividades ao aire libre, etc. E, tam\u00e9n, son formadoras e formadores de monitorado de tempo libre e doutras especialidades. Foron galardoadas no 2022 nos Premios \u00e1 Cooperaci\u00f3n en Galicia polos seus valores entre os que atopamos liberdade, igualdade, xustiza social, equidade, respecto pola natureza, sustentabilidade, consumo responsable, diversidade en positivo, inclusi\u00f3n social, cidadan\u00eda global, identidade e lingua galega e autoorganizaci\u00f3n.<\/p>\n<h2><b>As mulleres nos procesos de creaci\u00f3n das cooperativas<\/b><\/h2>\n<p><i>Nos seus dous casos, os primeiros consellos reitores tiveron presenza de mulleres: mentres que en Aventeira de seis persoas s\u00f3 unha foi muller, en Andaina as mulleres foron maior\u00eda, oito por s\u00f3 un home, e ocuparon os postos de liderado no CR. Mais, como foi o paso de formar unha cooperativa? Por que escollestes esta f\u00f3rmula empresarial e non outras?<\/i><\/p>\n<p><b>Elisa de Andaina: <\/b>Valorouse dende o principio pois era a mellor f\u00f3rmula para levar adiante un proxecto educativo de colaboraci\u00f3n e coxestion. O proxecto xurde da necesidade de facer educaci\u00f3n dun xeito diferente ao que se vi\u00f1a co\u00f1ecendo e todos os pasos eran propostos, debatidos e consensuados por todas as persoas que integraban a cooperativa. A nivel burocr\u00e1tico foi dificultoso pero tam\u00e9n hai que salientar que a Administraci\u00f3n P\u00fablica achegaba pequenas axudas econ\u00f3micas para apoiar a f\u00f3rmula cooperativa, pois as persoas socias da cooperativa son traballadoras, non inversoras, polo que toda axuda era benvida para po\u00f1er en marcha o proxecto.<\/p>\n<p><b>Miren de Aventeira:<\/b> O paso e crear unha cooperativa \u00e9&#8230; \u00fanico. Ti\u00f1amos a idea dende hai ben de tempo, pero non nos lanzamos por ela ata que conseguimos o pulo que nos fixo falta e tam\u00e9n a coincidencia de estarmos varias persoas no mesmo punto ao mesmo tempo. Foi un proceso onde aprendemos moito e ao que seguramente non ter\u00edamos chegado sen a experiencia que ti\u00f1amos moitas de n\u00f3s no mundo asociativo ou militante.<\/p>\n<p><b>&#8211; E desde o punto de vista das mulleres, cantas formaron parte dos comezos das vosas cooperativas? E na actualidade, cantos homes e mulleres compo\u00f1en a cooperativa? E no seu Consello Reitor?<\/b><\/p>\n<p><b>Miren de Aventeira: <\/b>Non levamos a conta pero foron varias as mulleres que participaron nas reuni\u00f3ns do que despois ser\u00eda Aventeira. Lanceime, finalmente, s\u00f3 eu. E, o ano pasado, unha compa\u00f1eira, In\u00e9s, incorporouse tam\u00e9n como socia, logo de ter cami\u00f1ado un par de anos canda n\u00f3s como traballadora. Esta cuesti\u00f3n ten moito que ver coa estrutura social: crear algo sup\u00f3n un risco, unha escolla a cegas, e esa asunci\u00f3n de riscos relaci\u00f3nase directamente coa socializaci\u00f3n masculina. A necesidade de seguridade e certezas adoita estar m\u00e1is do lado da educaci\u00f3n das mulleres. Tam\u00e9n outras cuesti\u00f3ns est\u00e1n por detr\u00e1s, como a situaci\u00f3n econ\u00f3mica, pero o x\u00e9nero dende logo \u00e9 un elemento que non se pode obviar.<\/p>\n<p><b>Elisa de Andaina: <\/b>Andaina \u00e9 unha cooperativa na que as mulleres somos maior\u00eda e ocupamos os postos de liderado no CR. Ao principio integraban a cooperativa 8 mulleres e un home e na actualidade somos 15 mulleres e 2 homes. O noso Consello Reitor est\u00e1 composto por 2 mulleres e 1 home. Ademais no Equipo directivo son d\u00faas mulleres.<\/p>\n<p><b>&#8211; E como muller, como foron os vosos principios no cooperativismo?\u00a0<\/b><\/p>\n<p><b>Miren de Aventeira: <\/b>Cando creamos Aventeira reun\u00edmonos con diferentes cooperativas para que nos contaran a s\u00faa experiencia. A maior parte das reuni\u00f3ns tiveron lugar con mulleres que nos dixeron todo o que lles estaba a cambiar a vida terse embarcado nun proxecto as\u00ed. A cooperativa perm\u00edtenos sa\u00edr da zona de confort aos poucos, coordinar e seguir, ensaiar f\u00f3rmulas novas de conciliaci\u00f3n, tomar decisi\u00f3ns, partir sempre da igualdade salarial, aprender cada d\u00eda e tam\u00e9n dar con estratexias para enfrontarnos, tanto dentro coma f\u00f3ra, \u00e1s discriminaci\u00f3ns por raz\u00f3n de x\u00e9nero que, con m\u00e1is ou menos visibilidade, permean as nosas vidas.<\/p>\n<p><b>Elisa de Andaina:<\/b> Todo un reto, profesional e persoal. Unha forte aprendizaxe do que sup\u00f3n o apoio e a axuda mutua, que marcou a mi\u00f1a vida \u00e1 hora de superar obst\u00e1culos e asumir novas aventuras. Unha experiencia que ampl\u00eda a confianza nos demais e a seguridade nun mesmo.A famosa \u201csororidade\u201d exist\u00eda para n\u00f3s antes de que soub\u00e9ramos o seu nome. A empat\u00eda, os coidados e os debates para chegarmos a acordos forman parte da nosa esencia. Que sexamos part\u00edcipes e co-responsables nas decisi\u00f3ns, no establecemento das condici\u00f3ns laborais, no obxectivo com\u00fan de avanzar e mellorar co proxecto perm\u00edteo a f\u00f3rmula cooperativa. Compartir os bos momentos polos que pasa un proxecto ao longo de tantos anos \u00e9 fant\u00e1stico pero n\u00f3s sabemos que este proxecto sobreviviu a grandes crises econ\u00f3micas grazas a que a responsabilidade \u00e9 compartida e que todos remamos na mesma direcci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><b>Actualidade e evoluci\u00f3n das mulleres nas cooperativas<\/b><\/h2>\n<p>Andaina e Aventeira est\u00e1n separadas por m\u00e1is de trinta anos pero coinciden nunha concepci\u00f3n feminina do cooperativismo. Segundo Miren de Aventeira, \u201cUnha das cousas que m\u00e1is nos chamou a atenci\u00f3n \u00e9 que, no cooperativismo, non existe unha infrarrepresentaci\u00f3n feminina tan potente como noutras f\u00f3rmulas empresarias. Creo que o feminismo ten que ver co feito de espallar outras formas de organizarse, de constru\u00edr en com\u00fan e de traballar, e que a f\u00f3rmula cooperativa, adaptada \u00e1s necesidades das persoas socias, permite profundar nese modelo e por iso ten sentido que as mulleres estean a ter un protagonismo indiscutible nesta f\u00f3rmula econ\u00f3mica\u201d. Pola s\u00faa banda, Elisa de Andaina salienta que \u201cnon sei a nivel xeral, pero na nosa cooperativa sempre estiven arrodeada de loitadoras, bravas e moi intelixentes, tanto emocional como empresarialmente\u201d.<\/p>\n<p>Ambas cooperativas te\u00f1en implantadas pol\u00edticas de x\u00e9nero que evolucionaron desde os seus comezos. No caso de Andaina, \u201cDende a nosa creaci\u00f3n existiu equidade e empoderamento do colectivo feminino para optar a postos de maior responsabilidade. Sempre houbo igualdade laboral e econ\u00f3mica. Foise avanzando co tempo, na promoci\u00f3n de medidas de conciliaci\u00f3n da vida profesional e familiar tanto para homes como mulleres, sendo unha organizaci\u00f3n familiarmente responsable. Temos establecido criterios de x\u00e9nero en relaci\u00f3n a traballos socialmente vinculados con mulleres e intentamos que o alumnado vexa que hai limpadores (homes e mulleres), axudantes de coci\u00f1a (homes e mulleres), ou que hai mestres de infantil (homes) a\u00ednda que non resulta sinxelo atopalos, esa \u00e9 a realidade. Por contra, na etapa de Secundaria tentamos reforzar o rol das mulleres en \u00e1mbitos de coordinaci\u00f3n e liderado pois a presenza masculina adoita ser predominante\u201d, sinala Elisa.<\/p>\n<p>Mentres tanto, Aventeira evolucionou de cooperativa xuvenil a cooperativa ordinaria hai uns anos, \u201cningu\u00e9n na cooperativa ten fillos ou fillas, a\u00ednda que comezamos a ter algunha carga familiar e estamos preparadas para cando isto aumente. Imos adapt\u00e1ndonos \u00e1s necesidades das persoas socias en cada momento, m\u00e1is, en calquera caso e polo de agora: temos s\u00f3 nove horas de horario obrigatorio \u00e1 semana, o resto \u00e9 flexible; priorizamos os compromisos persoais por riba dese horario e para marcar xuntanzas e participaci\u00f3n en proxectos; establecemos os momentos presenciais con varios meses de antelaci\u00f3n para favorecer a organizaci\u00f3n; damos un per\u00edodo de seis meses no ano seguinte para compensar horas feitas de m\u00e1is ou de menos ou vacaci\u00f3ns, etc. E estamos agora mesmo enfrascadas na tarefa de sacar adiante un plan de igualdade que nos permita facer unha mellor diagnose e un establecemento m\u00e1is coidado das pautas e normas que permitan seguir avanzando no cami\u00f1o da igualdade\u201d, apunta Miren.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><b>O futuro das mulleres nas cooperativas<\/b><\/h2>\n<p>A\u00ednda que o pasado e o presente do cooperativismo ten a igualdade como un dos seus valores e principios, a\u00ednda queda cami\u00f1o por percorrer.<\/p>\n<p><b>&#8211; Cales son os pasos a seguir para que as mulleres sexan m\u00e1is reco\u00f1ecidas polo seu labor nas cooperativas? Como vedes o futuro das mulleres nelas?<\/b><\/p>\n<p><b>Elisa de Andaina: <\/b>A divulgaci\u00f3n nos medios dende logo \u00e9 fundamental. As administraci\u00f3ns p\u00fablicas deber\u00edan apoiar e reforzar este tipo de labor, promovendo a presenza feminina nos encontros p\u00fablicos (con empresarios, con sindicatos, entre organismos p\u00fablicos, etc). Todas sabemos que nalgunhas organizaci\u00f3ns (empresas, partidos pol\u00edticos, organismos p\u00fablicos), hai moitas mulleres xestionando e liderando na sombra, preparando discursos e estratexias para que logo sexan eles os que luzan na foto.<\/p>\n<p>No noso caso, a porcentaxe de mulleres na cooperativa \u00e9 elevada e tam\u00e9n as que lideran e asumen postos de responsabilidade. Pero dispo\u00f1emos de datos como o estudo realizado pola Asociaci\u00f3n \u201cN\u00f3s, As Mulleres\u201d sobre a presenza de mulleres nas cooperativas do Agro, por exemplo, que demostran o lonxe que estamos da ansiada igualdade de oportunidades en postos de responsabilidade. As mulleres socias das cooperativas do agro representan o 45% (case a metade que homes), pero tan solo d\u00faas de cada 10 asumen postos de responsabilidade nos C. Reitores.<\/p>\n<p>Vemos o futuro como un lugar id\u00f3neo, que por enriba ir\u00e1n modelando dun xeito colectivo e responsable, m\u00e1goa que sexa tan pouco co\u00f1ecido e promovido.<\/p>\n<p><b>Miren de Aventeira: <\/b>Creo que \u00e9 unha oportunidade visibilizar as caracter\u00edsticas dunha f\u00f3rmula que, coido, permite m\u00e1is liberdade de acci\u00f3n para as mulleres. En Aventeira falamos moito da importancia de achegar os xeitos de emprender de xeito social en cooperativa aos centros educativos. N\u00f3s chegamos aqu\u00ed porque, moitas de n\u00f3s, vi\u00f1amos do asociacionismo e ti\u00f1amos experiencia en crear en colectivo e sacar adiante o \u201cpapeleo\u201d. Sen familiarizarse con esas cuesti\u00f3ns \u00e9 dif\u00edcil ter a autoconfianza para lanzarse a este reto e velo, realmente, como unha alternativa e unha forma de vida. Haber\u00eda que traballalo en profundidade e achegarse \u00e1 rapazada.<\/p>\n<p>Vendo as novas cooperativas que se est\u00e1n a crear e a forza que traen as mulleres mozas, estamos seguras de que hai futuro. Ao final, o \u201cporque foron somos e, porque somos, ser\u00e1n\u201d \u00e9 un lema ben acertado.<\/p>\n<p><b>&#8211; E por rematar, que tres raz\u00f3ns dar\u00eda a unha muller para constituir unha cooperativa?<\/b><\/p>\n<p><b>Miren de Aventeira:<\/b> \u00c9 un modelo que permite traballar doutra maneira e decidir doutra maneira, \u00e9 un modelo co que ser m\u00e1is libre. Ademais, \u00e9 unha f\u00f3rmula que pon \u00e1s persoas por diante, polo que as necesidades de conciliaci\u00f3n, de motivaci\u00f3n ou de formaci\u00f3n van atenderse. E \u00e9 un tipo de organizaci\u00f3n que permite asumir novos retos aos poucos, no que empoderarse e aprender a coordinar sen a tensi\u00f3n que nos provoca a asunci\u00f3n de liderados cl\u00e1sicos. Permite demostrar que outra forma de soster procesos e equipos \u00e9 posible<\/p>\n<p><b>Elisa de Andaina: <\/b>Crecemento persoal, solidariedade pura e satisfacci\u00f3n por conseguir un ben com\u00fan.<\/p>\n<p>Moitas grazas! polo voso tempo Miren e Elisa.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<ul>\n<li>Colexio Andaina, s. coop. galega &gt;&gt; <a href=\"https:\/\/www.andaina.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">https:\/\/www.andaina.com<\/a><\/li>\n<li>Aventeira, s. coop. galega &gt;&gt;<a href=\"https:\/\/aventeira.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"> https:\/\/aventeira.com\/<\/a><\/li>\n<\/ul>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mulleres e Cooperativismo, conversa cunha socia de Andaina e unha socia de Aventeira &nbsp; &nbsp; &nbsp; O cooperativismo \u00e9 unha f\u00f3rmula empresarial que ten a igualdade entre mulleres e homes como un dos seus principios, mais, mudou nos \u00faltimos anos a situaci\u00f3n das mulleres nas <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/mulleres-e-cooperativismo-conversa-cunha-socia-de-andaina-e-unha-socia-de-aventeira\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":38592,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[19],"tags":[],"class_list":["post-38585","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2023\/05\/Mulleres-e-Cooperativismo3.jpg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-a2l","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38585","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=38585"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38585\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":38588,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38585\/revisions\/38588"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/38592"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=38585"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=38585"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=38585"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}