{"id":38351,"date":"2023-04-28T13:25:22","date_gmt":"2023-04-28T11:25:22","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=38351"},"modified":"2023-04-28T13:25:22","modified_gmt":"2023-04-28T11:25:22","slug":"cepes-celebra-su-asamblea-anual-con-la-participacion-de-espazocoop","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/espazocoop\/cepes-celebra-su-asamblea-anual-con-la-participacion-de-espazocoop\/","title":{"rendered":"Cepes celebra su asamblea anual con la participaci\u00f3n de EspazoCoop"},"content":{"rendered":"<h1><span style=\"color: #34b7c4;\">A Confederaci\u00f3n Empresarial Espa\u00f1ola da Econom\u00eda Social celebra a s\u00faa asemblea anual coa participaci\u00f3n de EspazoCoop<\/span><\/h1>\n<h3><\/h3>\n<h2><strong>Acudiron representantes do \u00e1mbito da econom\u00eda social e personalidades da pol\u00edtica, a econom\u00eda e a sociedade civil, tanto a nivel estatal como rexional<\/strong><\/h2>\n<p>O xoves 27 de abril tivo lugar en San Sebasti\u00e1n a XXXI Asamblea Xeral da Confederaci\u00f3n Empresarial Espa\u00f1ola da Econom\u00eda Social (CEPES) que contou coa participaci\u00f3n de EspazoCoop da man de Claudia Rodr\u00edguez, Vogal do Consello Reitor da Uni\u00f3n. A Asemblea realizouse no marco dos actos realizados con ocasi\u00f3n da capitalidade da econom\u00eda social que ostenta a cidade e a ela acudiron m\u00e1is de 170 asistentes do \u00e1mbito da econom\u00eda social e personalidades da pol\u00edtica, a econom\u00eda e a sociedade civil, tanto a nivel estatal como auton\u00f3mica.<\/p>\n<p>Segundo Claudia Rodr\u00edguez, Vogal de EspazoCoop, \u201c<i>para as asociaci\u00f3ns como EspazoCoop, ter presenza nestes foros \u00e9 moi importante xa que nos permite participar de maneira activa en entidades estatais como <a href=\"https:\/\/www.cepes.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">CEPES<\/a> ou <a href=\"https:\/\/www.coceta.coop\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">COCETA<\/a>, unha v\u00eda fundamental para defender os intereses das cooperativas e presentar revindicaci\u00f3ns. Ademais, este tipo de encontros e asembleas son unha fonte de co\u00f1ecemento para saber que se est\u00e1 a facer a nivel estatal e europeo, o que ofr\u00e9cenos novas oportunidades a desenvolver por n\u00f3s<\/i>\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Reco\u00f1ecemento da econom\u00eda social<\/b><\/p>\n<p>Juan Antonio Pedre\u00f1o, Presidente da patronal da econom\u00eda social, salientou o momento que est\u00e1 a vivir o modelo empresarial de econom\u00eda social en canto ao seu reco\u00f1ecemento a nivel internacional, facendo alusi\u00f3n a que, en Europa, representa a 3 mill\u00f3ns de empresas, que empregan a 14 mill\u00f3ns de persoas e representan o 8% do PIB. E engadiu unha serie de reclamaci\u00f3ns, \u201c<i>con este panorama e con este reco\u00f1ecemento, non \u00e9 de recibo que non esteamos nas mesas de negociaci\u00f3n en temas tan fundamentais como a reforma laboral, a regulaci\u00f3n da cotizaci\u00f3n de aut\u00f3nomos, que non se considere a necesidade urxente de abordar unha reforma fiscal de cooperativas que data de 1.990, ou que non se te\u00f1an apenas en conta moitas das nosas propostas ante leis innovadoras como a Lei CRECE, a Lei de Empresas Emerxentes ou a Lei de Emprego, entre outras<\/i>\u201d.<\/p>\n<p>Precisamente, o traballo institucional que levan a cabo entidades como Cepes, Coceta ou a mesma EspazoCoop son fundamentais \u00e1 hora de presentar revindicaci\u00f3ns \u00e1s Administraci\u00f3ns P\u00fablicas e Gobernos, tanto estatais como auton\u00f3micos ou locais. \u201c<i>O labor que desenvolven estas entidades \u00e9 moi importante, \u00e9 un esforzo por defender os intereses de todas as persoas que traballamos neste modelo econ\u00f3mico. Conseguir que as Administraci\u00f3ns atendan as nosas reivindicaci\u00f3ns, poder ter xuntanzas cos representantes pol\u00edticos para mellorar o noso escenario \u00e9 fundamental, e cando participamos nestas Asembleas reforzamos a nosa idea de ter esta presenza tan importante para as socias de EspazoCoop<\/i>\u201d, sinala Rodr\u00edguez.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Resoluci\u00f3n da ONU<\/b><\/p>\n<p>Doutra banda, lembrou a aprobaci\u00f3n por parte da ONU, a semana pasada, dunha Resoluci\u00f3n favorable \u00e1 econom\u00eda social, a cal pide aos Estados membro que promovan e apliquen estratexias, pol\u00edticas e programas nacionais, locais e rexionais para apoiar e potenciar este modelo empresarial como modelo de desenvolvemento econ\u00f3mico e social sostible. Tam\u00e9n, a Recomendaci\u00f3n do Consello da UE, a favor deste modelo cuxa proposta, tal e como apuntou, prevese que se presente o pr\u00f3ximo 13 de xu\u00f1o.<\/p>\n<p>Tal e como sinalou, estes feitos, xunto ao Plan de Acci\u00f3n Europeo, adoptado pola Comisi\u00f3n Europea en decembro de 2021; as resoluci\u00f3ns e recomendaci\u00f3ns da OIT e OCDE, respectivamente, a favor do modelo; e o informe do Foro de Davos, \u201c<i>mostran que a econom\u00eda social \u00e9 motor de traballo decente e vector de sociedades inclusivas e resilientes e situouse na axenda pol\u00edtica ao m\u00e1is alto nivel<\/i>\u201d.<\/p>\n<p>A nivel estatal, onde a econom\u00eda social emprega a 2.300.000 persoas -o 12% do emprego-, con m\u00e1is de 43.000 empresas, e representa o 10% do PIB, Pedre\u00f1o apuntou \u00e1 importancia do xa aprobado PERTE para a Econom\u00eda Social e dos Coidados, dotado de 808 mill\u00f3ns de euros, no que participan 13 ministerios; as\u00ed como da consolidaci\u00f3n da econom\u00eda social como un obxectivo prioritario do Fondo Social Europeo Plus 2021-2027, no que CEPES continuar\u00e1 sendo organismo intermedio, cunha xesti\u00f3n de 40 mill\u00f3ns de euros ata 2029 coa finalidade de transformar o modelo produtivo a trav\u00e9s de organizaci\u00f3ns e empresas.<\/p>\n<p>Ademais, este mes aprobouse unha nova Estratexia Espa\u00f1ola de Econom\u00eda Social 2023-2027 e o anteproxecto da Lei Integral de Econom\u00eda Social, da que Pedre\u00f1o sinalou que \u201c<i>recolle a maior\u00eda das demandas do sector, pero debemos seguir traballando para que realmente sexa un instrumento eficaz para mellorar a competitividade das nosas empresas<\/i>\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Impulso pol\u00edtico<\/b><\/p>\n<p>Tras repasar a actividade recente e os retos estrat\u00e9xicos para 2023 de CEPES, a clausura do acto contou coa participaci\u00f3n da vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Econom\u00eda Social, Yolanda D\u00edaz, quen interveu de maneira telem\u00e1tica, achegando unha mensaxe de apoio a este modelo empresarial.<\/p>\n<p>As\u00ed, afirmou que \u201c<i>nunca antes a econom\u00eda social hab\u00eda estado no centro das nosas decisi\u00f3ns<\/i>\u201d, facendo referencia \u00e1 Resoluci\u00f3n da ONU, \u201c<i>un texto pioneiro<\/i>\u201d que foi impulsado polo Goberno de Espa\u00f1a. Doutra banda, destacou as alianzas internacionais como o asinado con Portugal, a trav\u00e9s do que se inaugurou hai d\u00faas semanas un Centro de Econom\u00eda e Innovaci\u00f3n Social en Garda, no pa\u00eds luso.<\/p>\n<p>O acto tam\u00e9n contou co apoio de representantes pol\u00edticos do Pa\u00eds Vasco. Ademais de Pedre\u00f1o, durante a apertura do acto tam\u00e9n intervi\u00f1eron a vicelehendakari segunda e conselleira de Traballo e Emprego do Gobierno Vasco, Idoia Mendia, e o alcalde de San Sebasti\u00e1n, Eneko Goia.<\/p>\n<p>\u201c<i>O mundo ao que imos necesita empresas distintas<\/i>\u201d, destacou Mendia, e subli\u00f1ou a recuperaci\u00f3n do emprego que o Pa\u00eds Vasco \u201c<i>est\u00e1 a experimentar, en gran parte, pola econom\u00eda social<\/i>\u201d.\u00a0 Pola s\u00faa banda, Goia sinalou que \u201c<i>esta Asemblea d\u00e1nos a oportunidade de co\u00f1ecer como se pode situar \u00e1s persoas no centro da econom\u00eda. Grazas \u00e1 econom\u00eda social imos ser capaces de seguir achegando unha visi\u00f3n humana \u00e1 pol\u00edtica, que \u00e9 o fundamento da nosa misi\u00f3n<\/i>\u201d.<\/p>\n<p>Durante o acto pux\u00e9ronse de manifesto os factores que marcar\u00e1n o contexto da econom\u00eda social en Espa\u00f1a nos pr\u00f3ximos anos como o Plan de Acci\u00f3n da Econom\u00eda Social Europea, os Fondos Estruturais 2021-2027, a Estratexia Espa\u00f1ola da Econom\u00eda Social e o PERTE da Econom\u00eda Social e dos Coidados. Tam\u00e9n se destacou a posici\u00f3n da econom\u00eda social como un dos eixos da presidencia espa\u00f1ola da UE no segundo semestre de 2023.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Confederaci\u00f3n Empresarial Espa\u00f1ola da Econom\u00eda Social celebra a s\u00faa asemblea anual coa participaci\u00f3n de EspazoCoop Acudiron representantes do \u00e1mbito da econom\u00eda social e personalidades da pol\u00edtica, a econom\u00eda e a sociedade civil, tanto a nivel estatal como rexional O xoves 27 de abril tivo <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/espazocoop\/cepes-celebra-su-asamblea-anual-con-la-participacion-de-espazocoop\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":38347,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[1,19],"tags":[],"class_list":["post-38351","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-espazocoop","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2023\/04\/Claudia-Asemblea-Cepes.jpg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-9Yz","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38351","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=38351"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38351\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":38352,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38351\/revisions\/38352"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/38347"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=38351"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=38351"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=38351"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}