{"id":37029,"date":"2022-11-25T09:57:07","date_gmt":"2022-11-25T08:57:07","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=37029"},"modified":"2022-11-25T09:58:55","modified_gmt":"2022-11-25T08:58:55","slug":"la-economia-social-muestra-en-culturgal-su-apuesta-por-un-futuro-sostenible","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/la-economia-social-muestra-en-culturgal-su-apuesta-por-un-futuro-sostenible\/","title":{"rendered":"La econom\u00eda social muestra en Culturgal su apuesta por un futuro sostenible"},"content":{"rendered":"<h1 lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><b>A econom\u00eda social amosa no Culturgal a s\u00faa aposta por un futuro sostible<\/b><\/h1>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span lang=\"gl-ES\">As entidades do sector presentar\u00e1n os seus produtos, servizos e actividades na 15\u00aa edici\u00f3n da Feira das Industrias Culturais reunidas nun <\/span><span lang=\"gl-ES\"><i>stand<\/i><\/span><span lang=\"gl-ES\"> dese\u00f1ado para reducir o seu impacto ambiental.<\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">Santiago, 22 de novembro de 2022<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">O sector cultural da econom\u00eda social galega estar\u00e1 presente por octavo ano consecutivo na Feira das Industrias Culturais (Culturgal), que se celebra entre o 24 e o 27 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, nun<i> stand<\/i> promovido pola Subdirecci\u00f3n Xeral de Econom\u00eda Social da Conseller\u00eda de Promoci\u00f3n do Emprego e Igualdade.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">Durante os catro d\u00edas do evento, organizado nesta d\u00e9cimo quinta edici\u00f3n baixo o lema \u201cQuince anos cos f\u00edos da cultura\u201d, 12 entidades -once cooperativas e unha sociedade laboral-, presentar\u00e1n os seus proxectos, produtos e servizos na cita de referencia da cultura galega.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">O espazo de Econom\u00eda Social, un dos diversos e numerosos expositores que participan este ano na Feira, renova a s\u00faa aposta pola visibilizaci\u00f3n das entidades que conforman o sector mostrando nesta edici\u00f3n o ali\u00f1amento dos seus valores e principios cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a consecuci\u00f3n da Axenda 2030.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span lang=\"gl-ES\">Con este fin, as persoas que visiten o<\/span><span lang=\"gl-ES\"><i> stand<\/i><\/span><span lang=\"gl-ES\"> promovido pola Conseller\u00eda atopar\u00e1n, ademais das \u00faltimas novidades no cat\u00e1logo das entidades, un espazo integramente constru\u00eddo con materiais reutilizados, reciclados ou con pegada ecol\u00f3xica reducida. No coraz\u00f3n do mesmo, para facer presente o papel da colectividade e situar \u00e1 cidadan\u00eda no centro das pr\u00e1cticas culturais, tal e como procuran os ODS, unha instalaci\u00f3n art\u00edstica participativa permitir\u00e1 ao p\u00fablico exhibir o seu compromiso cun futuro sostible da man da econom\u00eda social. <\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">En paralelo, o <i>stand<\/i> da Econom\u00eda Social de Galicia ofrece ao longo da fin de semana un programa multidisciplinar de propostas para todos os p\u00fablicos nos que ter\u00e1n protagonismo a arte, a literatura, o xogo, a danza, a m\u00fasica e a narraci\u00f3n oral.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><b>PROGRAMA DE ACTIVIDADES<\/b><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><u><b>Venres 25 de novembro<\/b><\/u><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">10:00h. <i><b>Encontro da Sectorial Cultural das cooperativas de Espazocoop<\/b><\/i><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">Xornada de encontro intercooperativo entre as entidades socias da uni\u00f3n de cooperativas de traballo asociado Espazocoop.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">13:30h. <i><b>Presentaci\u00f3n da Xira XX Aniversario de Silvia Penide, por DezdeDez Xesti\u00f3n Cultural, sociedade laboral.<\/b><\/i><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">Breve actuaci\u00f3n musical e presentaci\u00f3n dos lanzamentos discogr\u00e1ficos que acompa\u00f1an a xira da cantante galega.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><i><b>Encontros coa Econom\u00eda Social Galega.<\/b><\/i><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">Ao longo da xornada do venres, o <i>stand<\/i> acoller\u00e1 distintas reuni\u00f3ns de curta duraci\u00f3n nas que as entidades do sector ter\u00e1n a oportunidade de presentar unha proposta de actividade, iniciativa ou produto a representantes institucionais, administraci\u00f3ns e empresas co fin de acadar posibles acordos de negocio ou colaboraci\u00f3n.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><u><b>S\u00e1bado 26 de novembro<\/b><\/u><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">18:00h. <i><b>Presentaci\u00f3n de \u201cO desencantamento\u201d, por Miudi\u00f1o s. coop. galega<\/b><\/i><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">Presentaci\u00f3n do novo libro da editora: un conto de Rafael Quint\u00eda ilustrado por Miguel Peralta, da cooperativa Cestola.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">19:00h. <i><b>Sesi\u00f3n express de canto moderno, por Maga de Voz s. coop. galega. <\/b><\/i><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">Obradoiro de acceso libre e para todos os p\u00fablicos.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><i><b>Xincana de descuberta de Econom\u00eda Social, por 7H Cooperativa Cultural <\/b><\/i><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">Actividade continuada e con premio! Durante a xornada do s\u00e1bado as visitantes ao stand poder\u00e1n profundar nos valores da econom\u00eda social recompilando distintas pistas distribu\u00eddas por todo o recinto. O compromiso no xogo ter\u00e1 premio: sortearase un lote de produtos de econom\u00eda social e entregaranse varios agasallos a quen completen a xincana.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><u><b>Domingo 27 de novembro<\/b><\/u><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">12:00h. <i><b>Presentaci\u00f3n do libro Al\u00e9n do azul. Ecoedici\u00f3n, cooperaci\u00f3n e mergullo sostible, a cargo de Catro Ventos Editora s. coop. galega e 13 grados s. coop. galega. <\/b><\/i><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">Co motivo da segunda edici\u00f3n deste proxecto de intercooperaci\u00f3n realizarase unha pequena presentaci\u00f3n da obra e as cooperativas implicadas no proceso.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">13:00h. <i><b>Contacontos familiar, por Maga de Voz s. coop. galega.<\/b><\/i><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">Corenta minutos de m\u00fasica e danza cos que descubrir, en colectivo, novas e inesquecibles historias.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><b>ENTIDADES PARTICIPANTES<\/b><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><u><b>DezdeDez s.l.l. <\/b><\/u><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">DezdeDez ou 10D10, fundada en 1999 e situada na cidade da Coru\u00f1a, centra a s\u00faa actividade na xesti\u00f3n cultural: representaci\u00f3n de artistas, xesti\u00f3n de programaci\u00f3ns musicais, obradoiros formativos de asociacionismo, iniciaci\u00f3n \u00e1 radio e como conseguir concertos, as\u00ed como organizaci\u00f3n global de eventos.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><u><b>7H Cooperativa Cultural<\/b><\/u><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">7H \u00e9 un proxecto de autoemprego colectivo baseado na econom\u00eda social e, por tanto, centrado nas persoas e na comunidade. Especialistas en inclusi\u00f3n, feminismos e capacidades diferentes, aspiran a xerar un modelo de participaci\u00f3n que, desde a xesti\u00f3n e a comunicaci\u00f3n cultural, a educaci\u00f3n art\u00edstica e a creaci\u00f3n contempor\u00e1nea, fomente o di\u00e1logo e a visualizaci\u00f3n da diversidade, promovendo a transformaci\u00f3n colectiva do contexto.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><u><b>BenCuriosa (Almeiro s. coop. galega)<\/b><\/u><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">BenCuriosa \u00e9 un equipo de profesionais ao servizo do co\u00f1ecemento e da creatividade en com\u00fan. Parten dunha noci\u00f3n de cultura aberta que aposta pola implicaci\u00f3n cidad\u00e1 e a finalidade social dos proxectos, pola cooperaci\u00f3n entre axentes culturais e creativos, polo v\u00ednculo co tecido empresarial e pola conexi\u00f3n coa esfera internacional, desde unha forte ancoraxe na nosa identidade.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><u><b>Catro Ventos Editora s. coop. galega <\/b><\/u><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">Xorde da combinaci\u00f3n de dous elementos igual de importantes: o desexo de poder desenvolver unha actividade profesional que non s\u00f3 sexa viable economicamente, mais tam\u00e9n coherente cos principios \u00e9ticos das persoas socias que participan no proxecto; e a constataci\u00f3n de que existe un baleiro no mundo editorial galego nos eidos da econom\u00eda social e da ecolox\u00eda, malia o crecente interese da sociedade en xeral por estas cuesti\u00f3ns.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><u><b>CRU Produci\u00f3ns s. coop. galega<\/b><\/u><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span lang=\"gl-ES\">CRU \u00e9 unha produtora audiovisual encargada de desenvolver, producir e distribu\u00edr ficci\u00f3ns e non ficci\u00f3ns, concretadas estas en longametraxes, curtametraxes ou gui\u00f3ns de series de televisi\u00f3n, series ou programas web e v\u00eddeos musicais ou publicitarios. CRU \u00e9 tam\u00e9n un espazo de formaci\u00f3n transfeminista: un lugar para aprender a ollar doutra maneira a trav\u00e9s de distintos obradoiros que procuran a construci\u00f3n dunha mirada cr\u00edtica capaz de reflexionar sobre o universo audiovisual e o seu lugar na sociedade. CRU \u00e9, ademais, unha produtora de eventos culturais, mostras de cinema, exposici\u00f3ns ou outros, co obxectivo de visibilizar o quefacer de creadoras transfeministas e establecer redes de alianzas entre todas n\u00f3s.<\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><u><b>Maga de Voz s. coop. galega <\/b><\/u><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span lang=\"gl-ES\">Maga de Voz \u00e9 unha cooperativa cultural de \u201cvocaci\u00f3n social\u201d, sendo o benestar das persoas trasversal a todos os seus servizos. Dirixen proxectos socioculturais de M\u00fasica e Danza Terapia para colectivos resilientes e, asemade, ofrecen lecci\u00f3ns de Canto Moderno e Vocal Coach para todas as idades. Te\u00f1en tam\u00e9n espect\u00e1culos de m\u00fasica e poes\u00eda para adultos e dous contacontos musicais para crianzas.<\/span><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><u><b>Miraxe s. coop. galega<\/b><\/u><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">Miraxe \u00e9 unha cooperativa cultural de traballo asociado que ofrece servizos de xesti\u00f3n, organizaci\u00f3n e produci\u00f3n de proxectos e eventos, cunha ampla experiencia, ademais, na contrataci\u00f3n e representaci\u00f3n art\u00edstica. O seu obxectivo \u00e9 dar servizo ao sector cubrindo unha ampla gama de prestaci\u00f3ns e a s\u00faa experiencia d\u00e1lles unha boa perspectiva tanto das necesidades do sector en xeral como s\u00faas propias como profesionais.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><u><b>Miudi\u00f1o s. coop. galega<\/b><\/u><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">A cooperativa Miudi\u00f1o nace do mundo da ilusi\u00f3n e dos so\u00f1os, alimentada de tres grandes paix\u00f3ns: a infancia, a natureza e o patrimonio cultural, que combinados entre si van dando vida a todo o que fan: m\u00fasica, xogos e xoguetes, obradoiros e contos. O amplo repertorio de C\u00e9 Orquestra Pantasma xunto ao marabilloso \u201cF\u00edos do querer\u201d complem\u00e9ntanse con obradoiros variados e a venda e arrendo de xogos e xoguetes de madeira, de alta calidade e de elaboraci\u00f3n propia e artes\u00e1.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><u><b>NOSO s. coop. galega<\/b><\/u><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">NOSO cooperativa desenvolve estratexias e proxectos culturais de car\u00e1cter innovador para o desenvolvemento local e a dinamizaci\u00f3n do territorio nun sentido amplo do termo. Estudos e investigaci\u00f3ns, posta en valor e divulgaci\u00f3n, estratexias e identidades, fotograf\u00eda e entornos virtuais dende una mirada propia, constru\u00edda dende a intersecci\u00f3n do audiovisual, a arquitectura e as ciencias sociais.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><u><b>Suseia s. coop. galega<\/b><\/u><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">Aproveitando a s\u00faa capacidade de cooperaci\u00f3n e implicaci\u00f3n social Suseia \u00e9 unha cooperativa de traballo asociado que formula novas soluci\u00f3ns comunicativas a un prezo xusto. Baixo o reto de transformar o sector apostando pola \u00e9tica empresarial e a econom\u00eda sostible, fan do valor humano o piar sobre sobre o que medra a s\u00faa empresa.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><u><b>Urdime s. coop. galega<\/b><\/u><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">A \u201curdime\u201d \u00e9 o conxunto de f\u00edos paralelos que se mante\u00f1en en tensi\u00f3n nun marco ou tear; diferenci\u00e1ndose dos que tecen a trama ou rede, xerando o tecido. A \u201curdime\u201d en forma de cooperativa nace froito da uni\u00f3n das sinerx\u00edas de varios profesionais da xesti\u00f3n cultural, constru\u00edndo pontes e cami\u00f1os que xuntan co\u00f1ecementos e enerx\u00edas, co fin de xestionar proxectos culturais relacionados coa infancia e a xuventude.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\"><u><b>Xarda s. coop. galega<\/b><\/u><\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">Xardsa \u00e9 unha cooperativa de comunicaci\u00f3n que fai formatos xornal\u00edsticos e audiovisuais, como reportaxes ou series de v\u00eddeos, cunha maneira de contar m\u00e1is pausada e a prol do cambio social. Tam\u00e9n facemos <i>streaming<\/i> e participamos en proxectos con outras entidades.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\" align=\"JUSTIFY\">*Fonte: Coordinaci\u00f3n stand Econom\u00eda Social de Galicia (7H Cooperativa Cultural)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A econom\u00eda social amosa no Culturgal a s\u00faa aposta por un futuro sostible As entidades do sector presentar\u00e1n os seus produtos, servizos e actividades na 15\u00aa edici\u00f3n da Feira das Industrias Culturais reunidas nun stand dese\u00f1ado para reducir o seu impacto ambiental. Santiago, 22 de <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/noticias-del-cooperativismo\/la-economia-social-muestra-en-culturgal-su-apuesta-por-un-futuro-sostenible\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":37027,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_feature_clip_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2},"jetpack_post_was_ever_published":false},"categories":[19],"tags":[],"class_list":["post-37029","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/CARTEL-CULTURGAL-22-C.jpg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-9Df","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37029","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=37029"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37029\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":37033,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37029\/revisions\/37033"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/37027"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=37029"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=37029"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=37029"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}