{"id":18575,"date":"2017-06-05T20:20:19","date_gmt":"2017-06-05T18:20:19","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/?p=18575\/"},"modified":"2017-06-05T20:24:44","modified_gmt":"2017-06-05T18:24:44","slug":"la-union-de-cooperativas-espazocoop-presento-las-cifras-del-boom-del-cooperativismo-en-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/espazocoop\/la-union-de-cooperativas-espazocoop-presento-las-cifras-del-boom-del-cooperativismo-en-galicia\/","title":{"rendered":"La Uni\u00f3n de Cooperativas ESPAZOCOOP present\u00f3 las cifras del boom del cooperativismo en Galicia"},"content":{"rendered":"<p><strong>A nova entidade, resultado da fusi\u00f3n de UGACOTA, UCETAG e SINERXIA conv\u00e9rtese na que aglutina m\u00e1is cooperativas na nosa comunidade.<\/strong><\/p>\n<p><strong><span lang=\"uz-Cyrl-UZ\">A tarde o venres 2 de xu\u00f1o celebrouse na Cidade da Cultura unha sesi\u00f3n de conversas e presentaci\u00f3ns que ti\u00f1an como obxectivo visibilizar o cooperativismo, unha f\u00f3rmula empresarial que nos \u00faltimos anos experimentou un boom en Galicia. Foi un dos sectores que mellor resistiu a crise, e o seu ritmo de crecemento non afrouxou coa recuperaci\u00f3n. A econom\u00eda social segue dando mostras de fortaleza en Galicia, que pechou o ano pasado con 1.308 cooperativas activas -un 3,2 % m\u00e1is das que hab\u00eda a finais do 2015-; que proporcionan emprego estable a m\u00e1is de cen mil galegas e galegos; e producen o 10 % do PIB da nosa comunidade, segundo os datos da Conseller\u00eda de Econom\u00eda, Emprego e Industria.<\/span><\/strong><\/p>\n<p><span lang=\"gl-ES\">Nos \u00faltimos anos Galicia entrou nunha nova etapa na que van xurdindo con forza cooperativas de traballo asociado en todos os sectores (cultural, tecnol\u00f3xico, formaci\u00f3n, sector financeiro, Industrial, automoci\u00f3n, enxe\u00f1er\u00eda, distribuci\u00f3n e consumo, agroalimentario, sanidade, educaci\u00f3n, turismo, transporte, servizos, comercio, consultor\u00eda, t\u00e9xtil ou a atenci\u00f3n \u00e1s persoas&#8230;) ata o punto de espertar interese noutros territorios como por exemplo a Comunidade Valenciana onde, desde a s\u00faa Universidade, est\u00e1n estudando o auxe das cooperativas culturais galegas.<\/span><\/p>\n<p>Galicia conta nestes intres con m\u00e1is de 7.000 entidades de econom\u00eda social, integradas por 320.000 persoas. A Econom\u00eda Social mantivo durante 2015 e 2016 a s\u00faa fortaleza no crecemento e xeraci\u00f3n de emprego, con empresas de todos os tama\u00f1os e que act\u00faan en todos os sectores de actividade, segundo se desprende do informe Empresas relevantes da Econom\u00eda Social, elaborado por CEPES. Na actualidade, en plena recuperaci\u00f3n econ\u00f3mica, o cooperativismo segue dando mostras de fortaleza en Galicia, que pechou o ano pasado con 1.308 cooperativas activas, un 3,2 % m\u00e1is das que hab\u00eda a finais do 2015, seguindo a senda ascendente iniciada no 2009, no 2016 cre\u00e1ronse na comunidade 51 novos proxectos cooperativos, que sumaron un total de 2.017 socios. Proba de que o cooperativismo est\u00e1 a ser unha alternativa de emprego durante a recesi\u00f3n \u00e9 que, das 178 cooperativas creadas no \u00faltimos seis anos, 161 (o 90%) son empresas de traballo asociado, unha f\u00f3rmula que se converteu en porta de acceso ao mercado laboral cando o autoemprego \u00e9 case a \u00fanica v\u00eda para ocuparse.<\/p>\n<p>As cooperativas dist\u00ednguense doutras empresas, pola s\u00faa contribuci\u00f3n \u00e1 xeraci\u00f3n de emprego estable; ao desenvolvemento humano e profesional das persoas que agrupan; \u00e1 creaci\u00f3n dun tecido social e empresarial eficaz e solidario; \u00e1 cohesi\u00f3n social e a solidariedade nos territorios nos que act\u00faan, \u00e1 democracia na toma de decisi\u00f3ns, ao fomento do concepto de responsabilidade social empresarial. En definitiva, son empresas que aportan soluci\u00f3ns concretas a colectivos e a territorios, e as\u00ed o reco\u00f1ece a Constituci\u00f3n espa\u00f1ola, no seu Artigo 129.<a href=\"#sdfootnote1sym\" data-cke-saved-href=\"#sdfootnote1sym\">1<\/a> e o fai tam\u00e9n o Consello da Uni\u00f3n Europea, que recomenda aos estados membros e \u00e1 Comisi\u00f3n a establecer, aplicar e seguir desenvolvendo estratexias e programas que reforcen o cooperativismo e a econom\u00eda social, baseadas nun di\u00e1logo construtivo entre as autoridades competentes e as persoas interesadas.<\/p>\n<p><strong><span lang=\"gl-ES\">Nace EspazoCoop, a maior entidade cooperativa de Galicia<\/span><\/strong><\/p>\n<p>A xornada do venres tam\u00e9n tivo como obxectivo presentar a nova Uni\u00f3n de Cooperativas ESPAZOCOOP, resultado da fusi\u00f3n de tres entidades: a Federaci\u00f3n de Cooperativas Sinerxia e as Uni\u00f3ns de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA e de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado-UCETAG. ESPAZOCOOP \u00e9 unha entidade multisectorial de car\u00e1cter empresarial, configurada como asociaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro, de \u00e1mbito galego, integrada por cooperativas de distintas tipolox\u00edas, baseada nos principios cooperativos e os seus valores e que ten como obxectivo, agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperaci\u00f3n e defender os intereses das s\u00faas cooperativas socias e das persoas que as constit\u00faen, as\u00ed como a divulgaci\u00f3n, fomento e consolidaci\u00f3n do cooperativismo, como ferramenta de desenvolvemento socioecon\u00f3mico, no marco da econom\u00eda social e solidaria. Neste momento ESPAZOCOOP representa a 190 Cooperativas; 1.142 socios\/as traballadores\/as; 340 socios\/as consumidores\/as; 570 persoas contratadas; cunhas cifras de facturaci\u00f3n que superan os 45 mill\u00f3ns de euros.<\/p>\n<p><strong><span lang=\"gl-ES\">Programa da xornada<\/span><\/strong><\/p>\n<p>\u00c1s 18:00 horas, Celso G\u00e1ndara, presidente da Uni\u00f3n de Cooperativas ESPAZOCOOP, encargouse de presentar a xornada xunto a Covadonga Toca, Secretaria Xeral de Emprego. A continuaci\u00f3n, o escritor Suso de Toro, protagonizou unha pequena reflexi\u00f3n arredor do cooperativismo como factor de cambio social durante unha conversa na que intercambiou opini\u00f3ns co presidente de ESPAZOCOOP, Celso G\u00e1ndara, arredor de cuesti\u00f3ns como a relaci\u00f3n entre o cooperativismo e a cultura ou a educaci\u00f3n; a viabilidade e o espazo para o cooperativismo neste sistema econ\u00f3mico; ou a cultura p\u00fablica en Galicia e como encaixala coa cultura cooperativista.<\/p>\n<p>De seguido a Compa\u00f1\u00eda de Teatro A PANADAR\u00cdA representou unha peza composta por varios sketches c\u00f3micos arredor das din\u00e1micas cooperativas, creada especialmente para esta xornada. A concelleira de Pol\u00edticas Sociais de Santiago, Concepci\u00f3n Fern\u00e1ndez, foi a encargada de clausurar a xornada.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A nova entidade, resultado da fusi\u00f3n de UGACOTA, UCETAG e SINERXIA conv\u00e9rtese na que aglutina m\u00e1is cooperativas na nosa comunidade. A tarde o venres 2 de xu\u00f1o celebrouse na Cidade da Cultura unha sesi\u00f3n de conversas e presentaci\u00f3ns que ti\u00f1an como obxectivo visibilizar o cooperativismo, <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/espazocoop\/la-union-de-cooperativas-espazocoop-presento-las-cifras-del-boom-del-cooperativismo-en-galicia\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":18567,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[1,19],"tags":[],"class_list":["post-18575","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-espazocoop","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2017\/06\/EspazoCoop_MAT1166-4.jpg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-4PB","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18575","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=18575"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18575\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18576,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/18575\/revisions\/18576"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/18567"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=18575"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=18575"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=18575"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}