{"id":16441,"date":"2016-11-18T13:21:42","date_gmt":"2016-11-18T12:21:42","guid":{"rendered":"https:\/\/espazo.coop\/es\/?p=16441"},"modified":"2017-01-27T13:51:00","modified_gmt":"2017-01-27T12:51:00","slug":"a-intercooperacion-e-para-nos-un-dos-piares-angulares-para-este-periodo-o-presidente-de-espazocoop-entrevistado-por-eusumo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/espazo.coop\/es\/espazocoop\/a-intercooperacion-e-para-nos-un-dos-piares-angulares-para-este-periodo-o-presidente-de-espazocoop-entrevistado-por-eusumo\/","title":{"rendered":"\u00abLa intercooperaci\u00f3n es para nosotras\/os uno de los pilares para este per\u00edodo\u00bb | El presidente de Espazocoop entrevistado por Eusumo"},"content":{"rendered":"<p class=\"title\" style=\"text-align: justify;\">Con motivo da creaci\u00f3n da nova uni\u00f3n de cooperativas Espazocoop, <span style=\"color: #0000ff;\"><a style=\"color: #0000ff;\" href=\"http:\/\/eusumo.gal\/celso-g%C3%A1ndara-presidente-de-espazocoop-fusi%C3%B3n-entre-empresas-de-econom%C3%ADa-social-de-galicia-%C3%A9-o-gran?platform=hootsuite\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Eusumo Cooperativismo e Econom\u00eda Social de Galicia<\/a><\/span>, realiza unha entrevista ao Presidente Celso G\u00e1ndara, que a seguir reproducimos:<\/p>\n<p class=\"title\" style=\"text-align: justify;\"><strong><a href=\"http:\/\/eusumo.gal\/celso-g%C3%A1ndara-presidente-de-espazocoop-fusi%C3%B3n-entre-empresas-de-econom%C3%ADa-social-de-galicia-%C3%A9-o-gran\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Celso G\u00e1ndara, presidente de Espazocoop: \u00abA fusi\u00f3n entre empresas de econom\u00eda social de Galicia \u00e9 o gran reto para a s\u00faa sustentabilidade e consolidaci\u00f3n\u201d<\/a><\/strong><\/p>\n<div class=\"field field-name-body field-type-text-with-summary field-label-hidden\">\n<div class=\"field-items\">\n<div class=\"field-item even\">\n<p style=\"text-align: justify;\">A econom\u00eda social \u00e9 un modelo no que priman as persoas sobre o capital e no que a cooperaci\u00f3n \u00e9 un elemento indispensable da s\u00faa identidade. Con estas premisas, o sector en Galicia est\u00e1 vivindo procesos de integraci\u00f3n que non s\u00f3 se producen entre cooperativas dun determinado eido de actividade, sen\u00f3n que tam\u00e9n se d\u00e1 entre entidades representativas como Ucetag, Ugacota e Sinerxia, que ve\u00f1en de acordar a s\u00faa fusi\u00f3n nunha nova uni\u00f3n, que se denomina Espazocoop. Falamos co seu presidente, Celso G\u00e1ndara, para co\u00f1ecer os detalles e obxectivos desta nova etapa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>A nova uni\u00f3n das entidades de econom\u00eda social de Galicia Ucetag, Ugacota e Sinerxia nace baixo o nome de Espazocoop. Por que este nome?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Quer\u00edamos que o nome servira para identificarnos co novo proxecto e, entre as cooperativas especializadas no eido do dese\u00f1o, abriuse unha candidatura para que presentaran opci\u00f3ns. Finalmente, a cooperativa seleccionada fixo unha serie de propostas que difundimos entre os asociados e asociadas para escoller a ga\u00f1adora. Espazocoop g\u00fastame porque \u00e9 un nome curto e coa s\u00faa denominaci\u00f3n realmente pretende convertirse nun lugar de encontro, que \u00e9 unha das finalidades que ten a nova uni\u00f3n de cooperativas. Tam\u00e9n servir\u00e1 para visibilizarnos a\u00ednda m\u00e1is, cooperar, consolidarnos e fornecer o cooperativismo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>A integraci\u00f3n aprobouse o 5 de novembro, pero o proceso xa levaba cami\u00f1ando desde hai m\u00e1is dun ano, non \u00e9 as\u00ed?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Si, foi o Consello Rector dunha das entidades que se integra, Sinerxia, o que comezou, hai ano e media, a falar da necesidade de integrarse co resto de entidades e este ano foi o <em>sprint<\/em> final para chegar a 2017 coa integraci\u00f3n preparada.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>V\u00f3s reco\u00f1ecedes que, na pr\u00e1ctica, xa exist\u00eda unha coordinaci\u00f3n de actividades e acci\u00f3ns entre as diferentes entidades.\u00a0<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Si, a fusi\u00f3n foi un proceso moi natural e espont\u00e1neo porque nos \u00f3rganos de goberno pol\u00edticos e os equipos t\u00e9cnicos xa exist\u00eda unha estreita colaboraci\u00f3n. As\u00ed foi m\u00e1is sinxelo todo. Quero sinalar que en todo momento existiu moita xenerosidade e altura de miras para trascender dos intereses particulares en pro do ben com\u00fan.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Espazocoop vaise presentar no primeiro trimestre de 2017 e as outras entidades quedar\u00e1n disoltas, pero en que data suceder\u00e1 iso?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ata o 30 de decembro coexistir\u00e1n as tres uni\u00f3ns e, a partir do 1 de xaneiro de 2017, quedar\u00e1 activa Espazcoop e as outras disolveranse e integraranse nesta nova uni\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Polo tanto, Espazcoop comezar\u00e1 a operar coa s\u00faa propia imaxe, web, oficinas, redes, etc. a partir de xaneiro.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Si. Temos este mes e medio para ultimar todos os detalles e desenvolver a imaxe corporativa. Tam\u00e9n me gustar\u00eda sinalar que, m\u00e1is importante se cabe que o proceso de integraci\u00f3n, foi a aprobaci\u00f3n na \u00faltima asemblea do Plan Estrat\u00e9xico para os pr\u00f3ximos tres anos, que realmente \u00e9 a folla de ruta que d\u00e1 sentido a Espazcoop e incl\u00fae os obxectivos que queremos conseguir.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Precisamente no Plan Estrat\u00e9xico 2016-2020 falades de tres obxectivos principais pero, concretando, cales son esas li\u00f1as xerais, que pretendedes conseguir de aqu\u00ed a 2020?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O primeiro dos obxectivos procura facer m\u00e1is visible o cooperativismo, a s\u00faa <strong>incidencia pol\u00edtica<\/strong> e a<strong> intercooperaci\u00f3n<\/strong> <strong>entre os propios asociados e asociada<\/strong>s. Isto na pr\u00e1ctica en que consiste? Como sabemos, hai unha recente aprobada Lei de econom\u00eda social de Galicia e un Consello de Econom\u00eda Social que est\u00e1 previsto constitu\u00edr e desde Espazocoop queremos desenvolver un papel activo. Entendemos que nestes momentos hai que <strong>trascender o cooperativismo e falar de econom\u00eda social como unha familia<\/strong>, desde a cal poder defender uns modelos de organizaci\u00f3n que son distintos, no que priman as persoas sobre o capital e que est\u00e1 demostrado que son xeradores de emprego e que, en caso de crise, resisten moit\u00edsimo mellor. Ademais, Espazocoop tam\u00e9n articular\u00e1 a maneira de<strong> representar os seus asociados ante a Administraci\u00f3n<\/strong>. Por outro lado, a intercooperaci\u00f3n \u00e9 para n\u00f3s un dos piares angulares para este periodo.Unha parte importante dos nosos asociados son pequenas cooperativas e nestes momentos o tama\u00f1o \u00e9 un factor importante de sustentabilidade a longo prazo. Temos que manter todos os esforzos na creaci\u00f3n de empresas de econom\u00eda social pero, ao mesmo tempo, hai que apostar pola s\u00faa consolidaci\u00f3n para que, dentro de tres ou catro anos, poidamos falar de fusi\u00f3ns e integraci\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O segundo obxectivo de Espazocoop \u00e9 o <strong>fortalecemento organizativo da propia uni\u00f3n<\/strong>. Temos que implementar toda a integraci\u00f3n do equipos t\u00e9cnicos as\u00ed como avanzar en melloras tanto de infraestruturas como de tecnolox\u00eda para ser unha organizaci\u00f3n eficaz e eficiente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O derradeiro obxectivo c\u00e9ntrase nos servizos prestados aos asociados. Neste eido, ademais de consolidar os servizos de asesoramento a creaci\u00f3n de cooperativas, nos que levamos moitos anos de experiencia e bos resultados, queremos<strong> intensificar os servizos conducentes a fortalecer as cooperativas<\/strong> existentes en \u00e1mbitos como a s\u00faa comercializaci\u00f3n, estructura econ\u00f3mica e organizativa e a s\u00faa capacidade para dimensionarse.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>No caso das fusi\u00f3ns, considerades que \u00e9 un paso clave para a sustentabilidade e o fortalecemento do sector en Galicia?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Hai cooperativas pequenas \u00e1s que a s\u00faa actividade diaria lles ocupa o 120% da s\u00faa xornada. Isto moitas veces non lles permite priorizar os traballos que lles facilitan a sustentabilidade a medio e longo prazo, como son a formaci\u00f3n, melloras organizativas, innovaci\u00f3n, marketing e comercializaci\u00f3n. Ese \u00e9 o gran reto, \u00e9 dif\u00edcil, pero \u00e9 o que tam\u00e9n nos est\u00e1n pedindo os nosos socios, que nos ocupemos deles e a s\u00faa consolidaci\u00f3n unha vez que xa estean constitu\u00eddos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Polo tanto, do que se trata, \u00e9 de que esas fusi\u00f3ns acheguen valor engadido e posibilidades de sinerxias \u00e1s empresas de econom\u00eda social.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Si. Algo que xurdiu na \u00faltima asemblea que decidiu a creaci\u00f3n de Espazocoop era a necesidade de empezar a crear grupos sectoriais. Destacar\u00eda, por exemplo, a existencia dun grupo de cooperativas da industria cultural, que a\u00ednda non \u00e9 moi forte pero que xa est\u00e1 xerando din\u00e1micas de cooperaci\u00f3n entre elas e que n\u00f3s queremos apoiar. Hai outro grupo de asesores e consultor\u00edas que est\u00e1 chamado a\u00a0 ter moita relevancia e tam\u00e9n queremos que as cooperativas de consumo sexan un grupo sectorial que poida ser tractor doutras empresas agroalimentarias. Queremos traballar moito desde a base e os asociados. Incluso gustar\u00edame resaltar que, a d\u00eda de hoxe,\u00a0 para numerosas empresas, un dos retos actuais \u00e9 a internacionalizaci\u00f3n, a\u00ednda que, no caso das nosas cooperativas asociadas, o reto \u00e9 un paso anterior, \u00e9 dicir, ocupar un mercado auton\u00f3mico e superar o seu \u00e1mbito local e incluso sa\u00edr de Galicia e estimular esa intercooperaci\u00f3n con entidades doutros territorios de Espa\u00f1a.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>\u00c9 dicir, que hai empresas que queren dar un salto m\u00e1is al\u00e1 e superar os mercados locais.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Non \u00e9 algo a\u00ednda xeralizado, pero si que hai cooperativas que queren dar un salto para chegar a novos mercados e a Uni\u00f3n pretende dar resposta a esas necesidades. E, para lograr esa consolidaci\u00f3n, \u00e9 necesario fortalecer a s\u00faa dimensi\u00f3n comercial, o seu plan estrat\u00e9xico e dotarse dunhas estruturas organizativas que poidan aguantar o crecemento. Tam\u00e9n \u00e9 prioritario crear espazos de encontro para atopar oportunidades de negocio e medrar mantendo o esp\u00edrito dos principios cooperativos. Hai que apuntalar e consolidar tanto o desenvolvemento empresarial dos negocios nos que est\u00e1 cada cooperativa como a parte social, os seus \u00f3rganos sociais e principios cooperativos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Esta uni\u00f3n integra cooperativas moi diversas. Sup\u00f3n iso unha dificultade ou unha vantaxe?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">N\u00f3s consideramos que \u00e9 unha gran vantaxe, no sentido de que cremos que se poden producir oportunidades e sinerxias de empresas de econom\u00eda social de distintas clases. \u00c9 m\u00e1is, sent\u00edmonos moi c\u00f3modos no eido da econom\u00eda social, cremos que a conxunci\u00f3n de cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserci\u00f3n laboral, centros especiais de emprego e outras entidades \u00e9 un ecosistema moi enriquecedor. Esta nova realidade p\u00f3denos dotar de m\u00faltiples oportunidades se somos capaces de articulala e estruturala. Pode ser unha oportunidade de futuro para a econom\u00eda social, facendo valer o seu peso social, econ\u00f3mico e pol\u00edtico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Fonte da Entrevista: <span style=\"color: #0000ff;\"><a style=\"color: #0000ff;\" href=\"http:\/\/eusumo.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Eusumo<\/a><\/span><\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Con motivo da creaci\u00f3n da nova uni\u00f3n de cooperativas Espazocoop, Eusumo Cooperativismo e Econom\u00eda Social de Galicia, realiza unha entrevista ao Presidente Celso G\u00e1ndara, que a seguir reproducimos: Celso G\u00e1ndara, presidente de Espazocoop: \u00abA fusi\u00f3n entre empresas de econom\u00eda social de Galicia \u00e9 o gran <a href=\"https:\/\/espazo.coop\/es\/espazocoop\/a-intercooperacion-e-para-nos-un-dos-piares-angulares-para-este-periodo-o-presidente-de-espazocoop-entrevistado-por-eusumo\/\"> [&#8230;]<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":16439,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":true,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[1,19],"tags":[],"class_list":["post-16441","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-espazocoop","category-noticias-del-cooperativismo"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/espazo.coop\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/DSC0443-celsogandara.jpg","jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8lGby-4hb","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16441","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=16441"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16441\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16443,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/16441\/revisions\/16443"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/16439"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=16441"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=16441"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/espazo.coop\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=16441"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}