Dirección: Estrada de Catabois 127-129 entrechán
Localidade: Ferrol
Provincia: A Coruña
CP: 15405
Sitio web: http://www.tagenata.com
Tel: 881 939 142 / 981 576 483
Fax:
Email: cooperativa@tagenata.com


Lingua e comunicación

A coperativa Tagen Ata naceu no ano dous mil tres co obxectivo de desenvolver con plenitude un traballo profesionalizado en servizos de normalización lingüística e comunicación integral. Este proxecto xorde como froito da iniciativa dun equipo de profesionais da lingua e da comunicación con bagaxe no ámbito educativo e na participación social.

Ofertan servizos na área de lingua traballando para adecuar o galego aos novos contextos sociais. Nesta área realizan planificación e intervención sociolingüística, dinamización, formación, asesoramento e traducción.

Na área de xénero ofrecen intervención coeducativa, formación para a igualdade de oportunidades, ou elaboran materiais de sensibilización, desde a perspectiva de xénero.

Na área das TIC prestan servizos para contribuír á construción dunha sociedade da información onde o software libre representa un contorno colaborativo e estratéxico. Neste ámbito realizan creación de contidos web, desenvolvemento de plataformas de ensino en liña, implantación e formación de contornos de software libre e proxectos de enxeñaría lingüística.

Tagen Ata tamén destaca na xestión pedagóxica de man de diferentes métodos de ensino e participación social: socioafectividade, enfoque comunicativo, creatividade, etc.

O seu proxecto inclúe a xestión da diversidade cultural promovendo actividades e proxectos neste ámbito. E na xestión cultural tamén presentan propostas de acción cultural para difundir e enriquecer a cultura propia en diálogo coa diversidade de culturas.

 


Actividades: Actividades de formación asesoramento en língua e comunicación e formación continua, Asesoramento, Dinamización, Formación, intervención, planificación, sociolingüística, traducción
Sector(es): Educación, formación, TIC