Dirección: Polígono de Pocomaco, Avenida Primeira, número 9, 1º
Localidade: A Coruña
Provincia: A Coruña
CP: 15190
Sitio web: http://cooperativasimbiosis.com/
Tel: 639165510
Fax:
Email: info@cooperativasimbiosis.com


SIMBIOSIS: Relación de axuda mútua que se establece entre dúas persoas ou entidades cando traballan ou realizan algo en común.

Este é o lema de Simbiosis, S.Coop. Galega que se constituíu, na Coruña, como cooperativa de traballo asociado, por tres socias, que cren que esta fórmula é a mais acaída para desenvolver o seu proxecto profesional.

Simbiosis presta servizos profesionais integrais as empresas do sector de alimentación e comercialización de produtos ecolóxicos.

O seu obxectivo é dar a coñecer e promover o consumo de produtos ecolóxicos, realizando accións que abarcan toda a cadea de valor, dende a orixe do produto ata o consumidor final.

Para elo, deseñan e desenvolven campañas específicas para cada cliente, realizando accións de animación no punto de venda, degustacións e calquera outra que o cliente poida demandar. Tamén ofrecen unha programación de accións formativas que se poden consultar na súa páxina web.

A contrastada e longa traxectoria das socias da cooperativa no sector garante a boa calidade do seu traballo.


Actividades:
Sector(es): Alimentación, Educación, formación