Dirección: Rúa Alcalde Carrera, 12
Localidade: Corcubión
Provincia: A Coruña
CP: 15130
Sitio web:
Tel: 981 746 555
Fax:
Email: julicorcubion73@gmail.com


Pioneira na confección téxtil

Nace a finais de 1987 e é unha das cooperativas promotoras da Unión de cooperativas Ugacota, sendo unha das súas socias a primeira Presidenta da entidade. Actualmente da traballo a catorce mulleres, das que nove son socias da cooperativa.

A pesares da deslocalización e a crise do sector téxtil, onde o mercado é tan cambiante, sempre na procura de prezos máis baixos, esta cooperativa leva no mercado máis de vinte e cinco anos e prestando os seus servizos ao mesmo cliente. Polo que a súa profesionalidade, seriedade e imaxe esta máis que consolidada o longo da súa traxectoria.

Case todas as socias actuais foron promotoras da cooperativa o que evidencia o alto nivel de cohesión do grupo e é unha das poucas cooperativas de confección industrial que contou cun socio membro da mesma ata a súa xubilación.

O servizo que desenvolve é a confección de prendas de vestir, especializada en roupa de nenos e nenas. A cooperativas chegan as pezas cortadas e alí levase a cabo a montaxe en cadea das pezas de roupa.

 


Actividades: Confección
Sector(es): Confección