Dirección: Estrada da Zapateira, s/n
Localidade: A Coruña
Provincia: A Coruña
CP: 15008
Sitio web: http://www.colegioriasaltas.com
Tel: 981 174 371
Fax: 981 174 664
Email: info@colegioriasaltas.com


O centro cooperativo Rías Altas nace en 1981 na Coruña, e está situado no Monte da Zapateira.

Os seus obxetivos son:

Impartir unha educación de calidade na que interveñan todas e cada unha das partes implicadas no Colexio: profesorado, alumnado, persoal non docente, administración e pais e nais. Transmitir coñecementos sempre ao día, debidamente entrelazados cos valores tradicionais, buscando un estilo propio que permítenos conseguir o desenvolvemento integral do alumnado.

Aproveitar a espontaneidade do alumnado para dinamizar todo o amplio campo de posibilidades humanas, non só o da razón ou a intelixencia, senón tamén a memoria, a voluntade, a capacidade de improvisación, a afectividade, a curiosidade, a sensibilidade artística, a senso-motricidade, a interiorización ou exteriorización, o sentido do humor, o espíritu cívico, a creatividade e a autonomía persoal.

Desenvolver a saúde física e a hixiene mental, despertando o entusiasmo polo exercicio físico, o deporte non excesivamente competitivo, as excursións, etc. entendendo que se logrará se o alumnado vive con alegría, autonomía e solidaridade.

Niveis educativos

  • Educación infantil (0-6 anos).
  • Educación primaria.
  • ESO.
  • Bacharelato.

Instalacións e servizos

  • Dúas pistas polideportivas.
  • Ximnasio (200 m2).
  • Salón de actos.
  • Biblioteca.
  • Aulas de informática.
  • Cociña-comedor.
  • Xardín de Infantil perfectamente dotado.

Actividades extraescolares

Informática, Fun English, Teatro, Taller de desarrollo Infantil, Futbito, Baloncesto, Ximnasia, Patinaxe, Multideporte, etc.

Actividades complementarias

  • Colonias de Verán.
  • Summer Camp.
  • Albergue Xuvenil.

Actividades:
Sector(es): Educación, formación