Dirección: Avda. Ricardo Sánchez, 29-31
Localidade: Pontedeume
Provincia: A Coruña
CP: 15600
Sitio web: http://www.cprluisvives.es/
Tel: 981 430 719
Fax: 981 495 507
Email: cpr.luisvives.pontedeume@edu.xunta.es


Luis Vives é un colexio privado concertado, aconfesional e respectuoso con todas as crenzas, manifestándose tamén libre de calquera tendencia ideolóxica ou política. É unha sociedade cooperativa dende 1981. A súa historia remóntase á década dos cincuenta, cando xorde como centro privado da man de Robustiano de Castro Carballeira, converténdose nun referente na educación e formación da xuventude da bisbarra e mesmo de Galicia.

O ensino que imparten abrangue dende Educación Infantil, Primaria e Secundaria, en réxime de concerto educativo coa Xunta de Galicia.

O seu obxectivo é a formación integral da persoa. Educan para a liberdade e a responsabilidade dende a proximidade e a  esixencia, en   estreita colaboración  coas familias. Así o alumnado poderá enfrontarse a unha sociedade cada vez máis aberta, cambiante e plural, cunha bagaxe académica, uns principios e valores que lles permitirán trazar o seu futuro dende a solidariedade e o respecto ás persoas e ao medio.

Niveis educativos

  • Educación Infantil (3-6 anos).
  • Educación Primaria.
  • ESO.

Actividades:
Sector(es): Educación, formación