Dirección: A Medoña - Priegue
Localidade: Nigrán
Provincia: Pontevedra
CP: 36350
Sitio web: http://www.colegioaguarda.com/indexg.php
Tel: 986 36 80 73
Fax:
Email: info@colegioaguarda.com


O Colexio Ángel de la Guarda ten como ideario:

Proporcionar o desenvolvemento intelectual, afectivo, humano e social do alumnado, mediante actividades nas que sexa o verdadeiro protagonista, dentro dun marco de tolerancia, liberdade e colaboración.

Desenvolver persoas que pensen con rigor e creatividade, que teñan independencia de criterio e actúen con responsabilidade.

Crear un estilo familiar e cercano que axude á participación activa de todos os sectores da comunidade.

Potenciar as actividades que se realizan fora da aula, xa que reforzan, tanto a convivencia entre o alumnado, e a de este co profesorado, como os contidos pedagóxicos das diferentes materias escolares.

Fomentar o respeto pola natureza participando en programas de protección e defensa do medio natural.

Obxetivos xerais do centro:

  • Participar no funcionamento do centro todos os sectores que forman a comunidade escolar.
  • Fomentar o diálogo e o respeto, xunto coa a tolerancia entre todos os membros da comunidade escolar.
  • Colaborar con organizacións fomentando a solidaridade.
  • Realizar saídas e convivencias para que as actividades educativas non se limiten ao marco do centro.
  • Fomentar o hábito do estudio e mellorar a organización persoal responsabilizándose progresivamente.
  • Impulsar e utilizar as bibliotecas (centro, aula…).
  • Conseguir que se interesen no deporte desde un punto de vista lúdico e saudable.
  • Participar nos programas de protección e defensa do medio natural.
  • Aumentar o interese pola música e o teatro.
  • Facilitar o uso da informática como importante medio de ensino e fonte de información.

Niveis educativos:

  • Educación Infantil (3-6)
  • Educación Primaria
  • E.S.O.

Actividades:
Sector(es): Educación, formación