Manual de Formación para Socias de Cooperativas de Traballo

Este manual ten por fin de dotar ás persoas socias cooperativistas, a grupos de emprendemento cooperativo e ás asesorías técnicas de instrumentos de apoio específicos para a formación de socias e socios de cooperativas de traballo asociado.

Formación de Socias de Cooperativas de Traballo quere ser un material de referencia de uso diario que permita resolver cuestións prácticas cunha doada lectura. A súa estrutura, a modo de relación de preguntas organizadas por temas, quere dotalo da axilidade necesaria para que poida ser consultado de forma parcial e ser utilizado como guía de cabeceira.

O noso desexo é que as persoas que pensan constituír unha cooperativa ou xa a teñen en funcionamento, posúan un coñecemento amplo e exahustivo do que é a cooperativa e do que implica formar parte dunha empresa deste tipo, especialmente as persoas socias que teñan responsabilidades de goberno, máis tamén, o resto das cooperativistas.

Manual de Formación para Socias de Cooperativas de Traballo – Edición de 2014