Dirección: García Barbón 32, 2º, oficina 2
Localidade: Vigo
Provincia: Pontevedra
CP:
Sitio web: http://www.xedega.com
Tel: 986 430 404
Fax: 986 228 822
Email: xedega@xedega.com


Asesores-as e consultores-as

Xedega é unha asesoría -consultoría pioneira en Galiza no que a labores de asesoramento e apoio a entidades de economía social e PEMES se refire, (con preferencia de cooperativas e sociedades laborais).

Un dos principais servizos consiste na elaboración, impartición e seguimento de programas formativos a medida, tanto para organizacións da economía social, como para grupos promotores de proxectos cooperativos e persoas interesadas en xeral.

Aglutinan unha longa traxectoria na posta en marcha e a monitorización de distintos proxectos empresariais cooperativos, enmarcados en ámbitos como o tempo libre, a alimentación, a acuicultura, o ensino, a música, as artes gráficas, os mobles, o metal ou o naval, entre outros.

Xedega ven desenvolvendo tamén unha serie de actividades de promoción e fomento do cooperativismo, entre as que citamos a edición de publicacións, manuais, material audiovisual, programas formativos, asistencias técnicas e consultarías, tanto para entidades públicas como privadas.

A través dos servizos ofrecidos por Xedega complétase o ciclo de: formación previa, constitución, tramitación de axudas, asesoramento, monitorización do proxecto e acompañamento técnico -formativo das empresas.

Amais desenvolve asesoramento laboral, fiscal e contable, estudos económico -financeiros, plans estratéxicos e de xestión, trámites de constitución e posta en marcha, tramitación de axudas e subvencións, asesoramento xurídico -legal e formación de xestión e cooperativa.

 


Actividades: Actividades de asesoría consultoría formación e servizos, Asesoramento, Formación, axudas, constitución, contable, cooperativa, económico, estratéxicos, estudos, financeiros, fiscal, laboral, legal, marcha, plans, posta, tramitación, trámites, xestión, xurídico
Sector(es): Consultoria, asesoramento, Educación, formación